A praia de Aguete non sólo é a mais emblemática de Marín, tamén é un anaco dos nosos corazóns.
Aguete é un símbolo, unha bandeira, unha nai á que temos que coidar e unha filla á que debemos protexer.
Aguete é moito mais e merece un respeto
Antón Pousada, membro daAsociación de pescadores “Chirleu” danos a tod@s un toque de atención e un argumento para a reflexión. Sabe do que fala porque leva anos estudando os cambios que está a sufrir a nosa praia.
Os veciños pedímoslle aos políticos que antes de facer ningún proxecto, fagan os estudos necesarios para que esta praia non salga perxudicada.
Baixo ningún concepto. Esta entrada é continuación de outra titulada “Albricias!” na que dou conta da visita ó porto de Aguete dos políticos que presentan un proxecto para o seu porto.
Albricias!
Disculpade que use unha palabra tan castellana e tan de Mio Cid, pero é que esta é unha xesta sin parangón en Galicia, e ó fin e ó cabo, o PSOE fala mais castelán ca galego, tanto no noso concello coma cando mandaban na Xunta. Lembrades aquela Touripedia tan chistosa sobre o galego macarrónico que usaba Touriño?
Ai! que tempos aqueles da Touripedia. Agora xa nada nos produce chiste.
Bueno, pois indo ó gran, quérovos contar que Marín ten un premio. Un galardón importantísimo que ven a ser coma os Goya dos parques infantiles. É un “Columpio de bronce”. Os rapaces usuarios xa o bautizaron coma “premio cocoguagua”.
Dende aqui queremos felicitar ó concelleiro Lamela, non sólo pola súa boa xestión, senón porque para presumir dela, non se meteu para nada cos seus compañeiros nacionalistas de goberno, simplemente presentou o seu: Ahí está o parque. Ahí está o premio.
Un premio cocoguagua que os nenos celebrarán.
————————————————
Pero non sólo estamos de noraboa cos parques infantiles, tamén hai outros asuntos que merecen a nosa atención.
Resulta que a prensa sorprendeunos este día con que o alcalde, por fin, nun acto de valentía sin precedentes, fixo de tripas corazón e tivo un encontro coa xente do PP no muelle de Aguete. E descubreu o PP que o PSOE non produce urticaria, e decatouse o PSOE que o PP non cheira tan mal como din as malas linguas. O caso é que alí estiveron xuntos e revoltos e non saltaron chispas nin cairon lóstregos nin pasou nada. Ó mellor ata fan algo útil e todo.
E quen sabe…tal vez despois do evento se foran todos a tomar uns calamares a la ramona ou a la marrana ou a la romana (sempre me trabuco cos cefalópodos) no rincón de Poti.
Mira ti que por fin podemos publicar unha boa noticia. E mira ti que a min pilloume a cousa ben pertiño, porque andaba atendendo un “interés particular” (como diría a miña amiga Pilar Blanco) pola carretera da Goleta e entereime de pura casualidade.
Cómo?
A cousa foi así:
Baixaba eu no meu utilitario pola Brea abaixo cara a Seixo cando, ó pasar polo lavadoiro de Delmira mirei o retrovisor e levei un sobresalto… detrás de min viña o coche oficial do Concello! Conducido polo mesmísimo Fran Veiga!
Pisei o acelerador a todo canto daba e pelisqueime nun brazo para asegurarme de que non era un soño.
Canto mais corría eu, mais se me pegaba o alcalde ó cú (o cú do coche, suponse)
Ó chegar á curva de Esteriña tiven que frenar en seco porque un que viña de fronte ocupaba medio carril esquerdo, e pensei
-Agora sí que me vai dar polo cú.
Pero non. Sintoo por Julio Santos, pero teño que confirmar que o coche oficial frena perfectamente.
Uns metros mais abaixo volvín parar no semáforo vermello e puxen o intermitente esquerdo…Horror!…o alcalde tamén.
Fixen unha arrancada das que fan historia, queimando neumático e arreando a todo trapo por Seixo adiante. Pero o coche oficial non se me despegaba.
Menos mal que non hai policías entre os lectores porque senón non podería contar esta aventura.
Cruce de Aguete…metínme por el, e a ver se adiviñades…o alcalde fixo outro tanto.
A estas alturas empecei a matinar, meu deus, este home ándame a perseguir. Quererá chamarme a atención por algún motivo. Ou tal vez me dea as gracias por facerlle tanta publicidade gratuita, que non precisa pagar periodistas arxentinos nin programadores uruguayos nin nada. En fin, tamén pode ser que me invite a tomar un cafelito no club náutico, agora que non está Marilus. Ou eu que sei…
Pois non, nada diso pasou.
Ó chegar ó cruce que vai dar á Goleta eu desvieime e Fran Veiga. Que decepción!, tirou para o Club Náutico sin min.
Eu non sabía que iba pasar alí, pero desconfiei que algunha noticia boa tiña que salir ao día seguinte na prensa.
E saleu
Así volo confirma breaseixo