Pleno de novembro (2009)

Noviembre 16, 2009

Alerta laranxa

Ventos de compoñente sur suroeste que poden chegar a pasar de cen quilómetros por hora. Mar de fondo polo fondo. forte marusía. Alerta laranxa na provincia de pontevedra.
Escape de ácido clorhídrico en Elnosa. Susto. Indignación.
Así estaba o panorama este venres 13 de novembro.
Chegamos ó concello ás oito menos vinte e xa estaban alí os sindicalistas e algúns funcionarios, sentados na escaleira cunha pancarta xigante, agardando que abriran as portas.
Eramos sete da Brea, catro de Vista Alegre dous de Moledo. A xente tívolle medo ó vento, aínda que total non foi para tanto.
No momento de abrir as portas chegou mais xente que, polos comentarios contra Ruibal e a indignación que tiñan, penso que eran persoas relacionadas co deporte.
Entrou tamén a Xunta Directiva da “Asociación de Veciños Pérez Crespo”, da barriada de Mogor. Viñeron porque querían saber qué resposta tiña o alcalde para a festa que montaron os do BNG na barriada á que non foron invitados. Pregúntase esta xente que se fora verdade que a festa foi organizada pola empresa para os veciños, ¿Cómo é posible que a propia AA. de VV. non se enterou? ¿E cómo o propio alcalde non supo nada?. Inocentemente, esta directiva, nova nas lides de asistir ós plenos, pensaba que dalí ían sacar unha resposta satisfactoria.

A sesión  empezou puntualmente e rematou as once e cuarto da noite.
Primeiro punto: Aprobación da acta do pleno anterior.
Marín-In non a aprobou porque, según palabras de Isabel, “este Concello gastou moitos cartos nunha megafonía que non funciona ou non a enchufan, desta maneira moitas palabras dos concelleiros non quedan grabadas nin reflexadas na acta”. O PP abstívose.
Ao chegar a este punto levantáronse varios funcionarios e desplegaron a súa pancarta, dez minutos mais tarde trasladaron o cartel atrás de todo.
- O PP solicitou a peonización das Ruas Roda e Méndez Nuñez, polo seu carácter comercial e de gran trafego de xente, xa que Méndez Núñez é a continuación da alameda. Asimismo a desaparición das ruínas que hai na esquina frente ó bar Rural.
Marín-In apoiou a moción. Os ediles do PSOE e Bloque miraron a Muradas e este fíxo señas de Non.
Según Don Constante ( o nome vaille al pelo porque leva 22 anos no sillón), habería que facer un estudo teórico exhaustivo e detallado, xunto con outros de outras zonas de Marín, e iso leva tempo. O mellor é deixar unha vez mais a proposta sobre a mesa.
Respondeu manuel Santos (PP) que para que se vai facer un estudo teórico, se xa temos o estudo práctico, posto que esas rúas permaneceros mais dun mes pechadas a causa das obras e non pasou nada.
Muradas sacou a recucir o xesto desganado e esa mirada que provoca reaccións irritantes nos espectadores e dixo, palabras textuais: “doy la bienvenida al PP por entrar al fin en la modernidad de la humanización del casco urbano”
Manuel santos respondeulle: “Gracias por darme la bienvenida por segunda vez, pues ya me la dió hace dos años por el mismo motivo”
Isabel pideu a palabra para defender ó seu compañeiro na oposición e ademais afirmou estar cansada de proxectos que quedan enriba da mesa, como tamén pasou có da Memoria Histórica, que aínda non se levou a cabo.
Pero a moción foi denegada por maioría gobernante.

-O seguinte punto foi a aprobación por unanimidade do recoñecemento da importantísima labor da persona que durante tantos anos levou a cabo a comunicación intercultural entre os estudantes de Passau e o pobo de Marín. isto ten que continuar.

-Primeiro punto quente da sesión: expedientes económicos
A concelleira de economía (PSOE), relatou que o concello ten que pedir un crédito para pagar  110 facturas dos anos 2007, 2008 e incluso algunha de mais atrás.
330.000 euros por unha banda, mais 80.000 euros por outra, mais 45.000 euros, divididos en varios suplementos.
Hai moita xente que agarda cobrar den de fai anos: grupos folklóricos, os gastos do Nadal do ano pasado, albañilería,  proxectos varios coma os xogos infantiles, a patinaxe sobre xeo etc.
E suplementos de crédito para pagar gastos que non estaban presupuestados coma a reparación das goteiras no estadio da Raña, que se vai facer agora, o ecoparque de cadro  (pregunto eu se este  nonse pagaba cos cartos do plan Zapatero), arranchos no polideportivo da Cañota, na cámara agraria, e estudos técnicos variados.
Total: 455.000 Euros de nada.
Isabel Epifanio pideu a palabra  e dixo: “hai que suplementar agora, cando antes fixeron os proxectos mal porque aquí non hai control.”
Manuel Santos chamoulle irresponsable ó equipo de goberno que firmou papeles e facturas sin control.
Isabel (Marín-In) recoñeceu que algunha desas facturas corresponde a cando ela estaba no equipo de goberno. Recoñeceu que algunhas cousas as fixeron mal e iso custoulle moitos votos a Marín-In. E aproveitou para felicitar entre comillas a algún concelleiro que mentras estaba na oposición daba clases de xestión e criticaba o que faciá Marín-In pero cando chegaron ao poder “desxestionaron” .
A Concelleira de economía (PSOE), respondeu con retintin “pecaditos los tenemos todos”. Manuel Santos (PP) pideu a palabra para decir “pecaditos los tenemos todos, unos son veniales y otros mortales” e empezou a enumerar a proveedores que levan demasiado tempo a esperar que se lles pague.
Isabel dixo “pecados témolos todos pero o de vostedes é un caso de excomunión”, os votantes castigaron a Marín-In por o que vós chamades unha mala xestión, pero vós facédelo bastante peor”.
Finalmente a moción foi aprobada por unanimidade.

-Moción urxente do PP e Marín-In para solicitar o retiro das competencias de deporte a Manuel Ruibal
A estrela da noite foi esta moción.
Naquel intre caeu un lóstrego que casi funde os plomos. Ó alcalde empinóuselle a garabata coa electricidade e a Muradas fuxíronlle as pupilas e quedáronlle os ollos en branco.
Francisco Estévez (PP) estaba alí para falar da mala xestión de Ruibal e falou claro, contundente e con ganas.
Relatou a odisea do estadio de San Pedro (que todos coñecemos e non hai que repetir).
As pistas de atletismo. O asunto da  pista de tenis, ilegal irreal e surrealista. O mal estado dende fai anos do pavillón da Raña, que provocou a multa para o equipo de baloncesto “peixe fresco” e supon unha vergonza para o pobo de Marín que non se poden xogar partidos importantes aquí. O enfrentamento contínuo do noso concelleiro con clubes, deportistas, aficionados, Xunta e Diputación. “El cúmulo de despropósitos es intolerable”. Dixo varias veces.
Ademais de todo o relatado fixo referencia a: “Las contrataciones carísimas de actividades deportivas y lúdicas sumadas nos dan 38.604′80 euros que se pagaron a una misma persona (ese tal Don Diego do que tanto se falou en outros plenos).
No funcionan las torretas eléctricas, no hay agua para las duchas, los estadios no se abren puntualmente.
El deporte de Marín se merece algo mejor y mi grupo solicita la retirada de las competencias a manuel Ruibal”.
Despois falou Miguel Briones (Marín-In) para amosarse de acordo co que acababa de escoitar, chamoulle mentireiro a Ruibal e soltou algunha frase alusiva as excusas peregrinas que adoita decir Ruibal coma a do vento norte ou que a culpa da esplosión das torretas tíñana os de Marín-In porque fai seis anos fixeron un empalme que deixou os cables en mal estado.
O público escachou de risa estruendosamente e o alcalde pideu orden.
A cara de Ruibal non estaba vermella nin morada nin pálida nin conxestionada. A cara de Ruibal amosaba un sorriso anxelical e beatífico. Escoitou o chaparrón da oposición coma quen escoita a caída da chuva. O  seu é a paz. Se algo admiro eu en Ruibal (e falo en serio), é esa paz interior que transmite.
Teño que confesar que naquel instante de tres ou catro segundos, antes de que o do Bloque empezara a falar, eu pensei que a primeira frase que iba escoitar daquela boca tiña que ser “Om” e que aqueles brazos se iban elevar na búsqueda absoluta da conxunción universal. Pero non, Ruibal volveume á realidade cun “Boas tardes” que nada tiña que ver coa filosofía budista, senón coa tranquilidade plana das persoas que acaban de tomar unha ducia de trankimacines.
Asegurounos o concelleiro que o deporte en Marín nunca estivo tan ben, que os deportistas son mais e mellores ca nunca, que a pista de tenis aínda non está “recibida”, polo tanto a empresa constructora ten a culpa da auga que nace alí e que se extende polos terreos circundantes, que os problemas da luz en san Pedro van estar solucionados en canto Fenosa se poña mans á obra e que a Raña vai ser restaurada próximamente. Tranquilidade, sorriso e Punto.
Tomou a palabra o alcalde para puntualizar que a Xestión de Ruibal é magnífica e inmellorable e que vai ser respaldada sempre por el e mais por todo o equipo de goberno.
Engadeu Fran Veiga que os que o fan moi mal son os da xunta porque cando o delegado para o deporte veu a Marín e o alcalde lle dixo que en Marín temos moitos deportistas de élite e necesitamos axudas, o de Santiago respondeulle con desprezo “prefiero financiar a un deportista de Minesota, ca respaldar a un deportista de aquí” Revelación en primicia dunha conversa mantida ó mais alto nivel, si señor.
Total que a moción urxente para botar fora a Ruibal foi denegada por maioría gobernante, que son mais ca os da oposición e non teñen pena ningunha dos deportistas.

-Segunda moción de urxencia. María Ramallo solicitou que se utilice unha parte dos cartos do Plan Zapatero para facer un estudio do polígono industrial en pastoriza.
Esta moción non se admiteu a trámite. Polo tanto non se debatiu.
Nos próximos días, seguramente, volveremos a ler na prensa as declaracións do de urbanismo acusando ó PP de non buscar alternativas para o polígono industrial. Así funciona este tema.

-Terceira moción de urxencia
Presentada polo PSOE: Que a plaza do Polinnia pase a chamarse “Plaza oito de marzo” en recordo do día da muller traballadora. E que de agora en diante todos os actos reivindicativos relacionados coa muller se fagan neste lugar.
Foi aprobada por unanimidade.

- Cuarta moción de urxencia. Marín-In faise eco dos vendedores da praza de abastos para solicitar melloras na rúa que vai por detrás da plaza para facilitar aparcamento ós clientes.
Neste tema manda muradas e respondeu mais ou menos “yo no soy partidario” porque unha vez mais, palabras textuais: “habría que realizar un estudio más minucioso”
Denegada por maioría gobernante.

-Quinta moción de urxencia: O PSOE propón solicitarlle á xunta unha partida de diñeiro para a construcción do centro de saúde xa que, según o alcalde, nos presupostos para o 2010 non aparece nada e iso teno moi preocupado porque pensa que a Conselleira minteulle.
A moción foi apoiada por unanimidade. María Ramallo quixo recalcar que, por suposto votaba si, pero era innecesario posto que eses cartos xa están presupostados pola Xunta e que a Conselleira non minteu.
Fran Veiga acusou a Ramallo de non facer nda na Xunta para que se apuren a mandar os cartos.
Pilar Blanco, concelleira de medioambiente por parte do bloque, tiña preparado un discursiño para poñer verde a Ramallo porque pensaba que a do PP iba votar non. Así que, aínda que o voto foi si, a nacionalista despachouse a gusto acusando á outra de hipócrita e mentireira.Empezou a nomear pobos de galicia que xa teñen presuposto para este fin, coma O Grove. Os berros eran tales que Isabel Epifanio levantou a man e díxolle ó alcalde que a do bloque se estaba pasando cos seus berros e aquilo non viña ó caso.
O alcalde non fixo caso e deixou que a outra continuara con aquela sarta de barbaridades.

-Última moción de urxencia:Presentada por María Ramallo:
Instar a Muradas para que se reúna cos sindicatos dos funcionarios e trate de chegar a un acordo que satisfaga a todos. Ata agora non se están a dar pasos firmes para solucionar os problemas, e hai que empezar a facelo.
Despois falou Isabel Epifanio e dixo que hai un desbaraxuste de persoal neste concello, cando a xente non está contenta as cousas non van ben. Cando os funcionarios traballan a gusto iso redunda na economía do concello que é diñeiro público. Cada vez hai mais baixas de traballadores e ninguén perece ter interés en comprobar que está a pasar.
Respondeu Muradas e dixo “Están ustedes muy dicharacheras porque ahora están los funcionarios delante., pero dicen otra cosa cuando no están ellos.
“Ustedes saben que no se puede tener un acuerdo regulador que no está sujeto a derecho”
“Quisiera yo ver que opinan ustedes cuando no están los sindicatos delante, con todos estos informes negativos”
Dixo M. Ramallo: “Todas nuestras reuniones siempre han sido con los sindicatos delante, nunca por detrás.”
“Usted lo que tiene que hacer es sentarse con los sindicatos, retomar el tema donde lo dejaron y buscar entre todos soluciones para un acuerdo regulador.”
Despois falou I. M. Epifanio e dixo: “Leva vostede vintetantos anos aquí e se lle nota na demagoxia.”
“Chegar a un acordo é cuestión de querer. Este convenio está colgado ahí dende fai demasiado tempo e aver se avanza vostede un pouco.

-Rogos e preguntas:
O PP preguntoulle ó alcalde se estaba enterado da festa que se montou o outro día na Barriada de Mogor e se sabía quen a pagara, posto que os do BNG din que foi a empresa.
E quen autorizou o uso do local de Mogor se a Asociación de Veciños non foi avisada
Resposta do alcalde: Descoñezo ese tema. Non sei nada. Houbo descoordinacións importantes e de momento aínda non me chegou ningunha factura.
Estou moi descontento con este tema.
Pilar Blanco empezou a levantar a voz para berrarlle á do PP, pero esta vez o alcalde foi contundente
Vostede cale!

A continuación Isabel Epifanio fixo varias preguntas:
Quen autorizou a festa, os cohetes e a charanga da festa que montaron os do Bloque na Moureira para inaugurar un lavadoiro e onde estaban as facturas.?
Por que na pista de tenis non se canalizaron as augas que van a fincas particulares e inundan todo?
Por que os vendedores da praza de abastos teñen que pagar un canon polo xeo?

Pilar Blanco respondeu con novos gritos ó tema da festa no lavadoiro da moureira:
“vaia vostede á Moureira e pregúntelle ós veciños”.
Isabel protestou polos berros. A outra sigueu berrando sin que ninguén a parara. Isabel colleu o paraugas e abandonou a sala entre os aplausos do público.
Muradas levantouse e dixo: “pues yo, en vista de la mala educación de esa señora que abandona el pleno sin escuchar las respuestas, pienso que lo mejor es cerrar la sesión”
E así nos marchamos todos, con vento fresco.

p1

p2


Solemnidade

Octubre 14, 2009

alcalde 2

alcalde

O alcalde, con toda solemnidade, chama á coherencia da oposición.
Non sei que significa para o alcalde a coherencia se primeiro empeza con acusacións hacia o edil Marín-In, en vez de acusar a quen o agrediu verbalmente.
Nin sei que significa para o alcalde a coherencia cando resulta que a pregunta de Briones sobre as torretas de San Pedro está sendo formulada un pleno tras outro dende fai meses e nunca recibeu respostas, e a pregunta da contratación do gabinete de prensa por parte do BNG ten a mesma historia.
¿Quen é o que ten que ser coherente?

En canto a esas famosas respostas que o grupo de goberno lle da por escrito ós membros da oposición, esas que ata agora se lles entregaban cinco minutos antes do pleno do mes seguinte, sin firma nin membrete nin número de expediente, esar polas que se queixou María Ramallo fai uns meses “por no tener, no tiene ni número de expediente”, dixo a Ramallo. “Pues si quiere número de expediente búsquelo usted misma que el archivo está siempre abierto”, respondeu o alcalde morto de risa e todo o grupo de goberno coreou as gargalladas. Pois parece que agora sí, agora que todos imos ser coherentes, esas respostas van ser oficiais, protocolarias e solemnes.
Coherencia, coherencia.
E sobre todo coherencia cando fala das famosas facturas que o BNG lle pagou a un gabinete de prensa.
Señor, que crus!


A olimpiada de Ruibal 4 (Ruibal contra os elementos)

Octubre 12, 2009

Unha vez mais, falemos de Ruibal, especialista en contar contos imposibles e “mentirijillas sin importancia”, ese mago da palabra, capaz de enfervorizar ás masas.
Claro que para ser un moinante destas características é preciso contar cun escudo protector que dea a cara por el cada vez que mete a pata. Esa función cúmplea Fran Veiga ás mil maravillas.
O alcalde, fiel compañeiro de fotografías na prensa, tapadeira indispensable, alcahuete resignado.
Somos moitos os que reclamamos a destitución de Ruibal: Deportistas, empresarios, Asociacións, grupos políticos, veciños.
O Campo de fútbol de San Pedro é un motivo constante de debate dende fai varios meses, pola gran cantidade de cartos que se levan “mal invertidos”, torretas da luz que se colocaron mal e agora hai zonas do campo que quedan na escuridade, o arreglo das famosas pistas, os asientos das gradas que non se daban posto, os vestuarios etc.
Despois veu a famosa pista de tenis, tantas veces denunciada por Marín-In e a Asociación de veciños de San Xulián antes de que se construíra porque unha parte da pista iba quedar feita sobre un terreno que está destinado para ser un vial. E a resposta de Ruibal foi que cando se faga o vial quítase a pista e faise noutra parte (estas noticias xa as publiquei no seu momento).
Agora é o pavillón da raña, cheo de goteiras dende fai tempo e que provocou un escándalo coa caída dun árbitro e posterior multa ó equipo Peixe Fresco.
Ruibal para todo ten excusa, sempre encontra un culpable; cando non é a Deputación é a Xunta de Galicia ou algún “veciño aillado” que lle quere mal. Esta vez foron os elementos, ese vento do norte que non se esperaba, esa chuva coa que ninguén contaba.
Todo o mundo sabe que non é normal que chova ou que vente en Galicia. Non si, señor Ruibal?

Estas son as noticias dos últimos tres ou catro días sobre as xestións deportivas de Ruibal:

R 3

R 4

Para ver a foto da pista de tenis, podedes acudir a www.colectivonacionalista.wordpress.com

R1

R5

R6
R7


Fran Bautista (Pleno de outubro)

Octubre 10, 2009

Amigos, amigas, simpatizantes e curiosos varios:
Despois de ano e medio de asistencia ós plenos, os da Brea e Seixo non acudimos ó de este mes porque non nos enteramos de que o iban facer pola mañá. Nós tiñamos pensado que era ás oito da tarde, coma sempre, e o xoves, día anterior ó pleno, na prensa non apereceu ningunha noticia de que iba ser a mediodía.
Aquí tendes a proba:

octubre 1

outubro 2

outubro 3

O venres, sobre a unha da tarde, despois de cumplir coas miñas tarefas coma ama de casa, ou “sus labores”, como se decía naquela época que todos sabedes, fun á librería de Begoña para comprar os periódicos e levei unha sorpresa maiúscula cando me atopei coa noticia de que o pleno era á unha da tarde:

bautizo
O pleno estaba a empezar, e eu estaba na librería de Begoña en Seixo. Xa non había tempo de avisarlle ós veciños, que tiñan plans de estar ás oito no Concello.
Como non pertencemos a ningún partido político, ningún partido político nos avisou.
É o precio que hai que pagar por defender o libre albedrío.
Por primeira vez en ano e medio, os veciños da Brea e simpatizantes de Seixo non acudiron ó pleno de outubro.
E ben que o sinto porque o tema ese do bautizo tenme pensativa e meditabunda dende fai varios días, que Marín saleu na televisión autonómica e mais na televisión española coma o segundo de Galicia e primeiro da Provincia de Pontevedra en temas tan pioneiros coma este. E sobre todo “tan demandados por unha sociedade cada vez mais laica, progresista e democrática” … Ahí queda eso, osea.
En resumo:  que todas as persoas ateas e “renejadas” da relixión, xa tendes unha resposta alternativa e pioneira: Pila bautismal laica para que os vosos fillos poiudan ter unha benvida digna a este mundo democrático, plural, aconfesional, laico, progresista, constitucional, antirracista, partidario dos direitos da muller sexa esta inmigrante, oriunda do centro ou de Maríndarriba.
Un bautizo con todas as garantías de democracia global e absoluta, onde che darán un diploma co escudo de Marín que,iso sí, a efectos legais non che vai servir para nada.
Total: un auténtico show, digno do noso Concello.
Nada mais, amigos
Como non estiven na sala de plenos, non podo contar o que alí pasou.
Limítome a publicar as noticias que hoxe aparecen na prensa para que vós mesmos poidades sacar as conclusións que vos parezan oportunas.
Sobre todo, amig@s, sabede que este blog está aberto para que poidades contar a vosa opinión e para que aportedes documentos, datos, fotos ou o que vos pareza ben.
Apertas fortes e afectuosas

bautizo 1

bautizo 2
bautizo 3

bautizo 4
bautizo 5

——————————————

Tamén quero publicar os comentarios do foro Marinenses.com para que teñades unha idea do que opinan os “fósforos” do foro:

Erasmo

Vie Oct 09, 2009 4:00 am

ACOLLEMENTO CIVIL

Es a Gilbert K. Chesterton a quien se le atribuye aquella frase, no exenta de cierta ironía, que dice más o menos que “cuando no se cree en Dios se es capaz de creer en cualquier cosa”. No le falta razón a este modelo inglés de periodistas y escritores. Siempre que puedo releo a este maestro porque si hay algo en él a destacar, además de su brillante estilo, su fina vena humorística y su sagacidad en el manejo de la paradoja, es desde luego el sentido común.

No sé qué es lo que escribiría Chesterton un día tal como hoy si leyera, como he leído yo en algún periódico de nuestra tierra, que en el pleno de esta tarde, el partido socialista va a presentar para su aprobación un reglamento que regulará la celebración del mal llamado “bautizo civil” en nuestro pueblo. A mí esto me suena a coña marinera, muy propia de nuestro alcalde, Fran “el Desdichado”, del que ya nada nos puede sorprender. Mañana tendrá su día de gloria cuando la mayoría aritmética apruebe esta patochada. Como seguramente tendrá otros días de gloria cuando celebre algún ceremonial de “Acollemento civil” que es como se denomina a este reglamento que, según él, demanda la población marinense. Cosas del progreso y de la progresía.

Marín se sumará, de esta manera, a la misma iniciativa que ayuntamientos como el de Igualada, Rivas Vaciamadrid, Alcora o el Borge han hecho también en este sentido. Aún podemos recordar el montaje que la actriz Cayetana Guillén Cuervo protagonizó en Madrid cuando presentó en sociedad a su hijo Leo tras las “bendiciones” que le impartió el concejal Zerolo. Lo curioso es que ese montaje tuvo más bien un carácter simbólico, ya que el Ayuntamiento de Madrid no cuenta con un registro para que ese “bautizo civil” aparezca recogido de manera oficial.

En su desvarío laicista, nuestro alcalde no se anda con chiquitas. Argumenta que un ciudadano se lo pidió y otro se lo está pensando para que esta práctica se eleve a rango de reglamento municipal. Pero Veiga va más allá y cual Pitonisa, desde su Oráculo de Delfos vaticina que “todo indica que no va a cesar el número de peticiones en el futuro”. O sea que no va a dar abasto en el salón noble del Concello, que es donde está previsto que se celebren estos actos simbólicos. Como va a haber un aluvión de peticiones y tanto el alcalde como los concejales –que también pueden celebrar- no serán suficientes, le sugiero que delegue en el servicio de aguas del Ayuntamiento y más en concreto en el campeón de las horas extras que tenemos en ese negociado. Total ya está acostumbrado y tratándose de “bautizos” algo tiene que saber, digo yo.

Lo de los “bautizos civiles” no es nada nuevo, no crean. Los primeros se celebraron allá por finales del siglo XVIII en la ciudad francesa de Estrasburgo. Durante la Revolución Francesa proliferaron tanto que en 1792 se instituyeron por decreto como símbolo de la separación entre Iglesia y Estado.

Muchos años después los pusieron en práctica los comunistas soviéticos que acuñaron un concepto, la “zvezdiny” o “estrellización”, nombre oficial de la ceremonia de inscribir al bebé en el registro civil y de asignarle nombre. Por lo general, la “liturgia” se reducía a hacer cola, cantar un himno revolucionario y poner un nombre políticamente correcto para el sistema. En aquel desvarío y para evitar nombres judeocristianos, como Iván o Serguei, les ponían nombres de cosas o de hechos heroicos como Ururvkos, por las siglas de “¡Urá, Yura v kosmose!”, es decir “¡viva, Yuri está en el espacio!”. En Marín no creo que vayamos tan lejos, aunque nunca se sabe. Precisamente de nombres curiosos y raros, que no están en el santoral, hablé hace unas semanas con mi amigo A.M. y éste me dijo que en los últimos años el personal se estaba aficionando a poner a sus hijos nombres de artistas y artistos “yankys” como Kevin así como de fenómenos naturales, como Xiada, o de plantas como Aldara.

Pero la palma de lo grotesco en esto de “bautizar” por lo civil se lo llevan los nazis. En la orgía mesiánica que celebraron en Nüremberg, en 1934, los coros de las Juventudes Hitlerianas recitaron aquello de “ningún malvado sacerdote nos impedirá sentir que somos hijos de Hitler. No seguimos a Cristo, sino a Horst Wessel. Basta de incienso y de agua bendita. Por nosotros, la Iglesia puede irse a paseo. La esvástica trae la salvación a la tierra. Yo quiero seguirla paso a paso. ¡Baldur Von Schirach, llévame contigo!”.

Los nazis sabían mucho de parafernalias y de “bautizos civiles” como cuando colocaban la runa de la vida como principal motivo decorativo. El niño era llevado por su padre a la sala de la ceremonia sobre un escudo teutónico, envuelto en una manta de lana no blanqueada en la que había bordadas hojas de roble, runas y esvásticas. El nombre del niño y la fecha del nacimiento eran inscritos en la primera página de su “libro de la vida”. A continuación, los dos progenitores colocaban las manos sobre su hijo y pronunciaban su nombre para mayor gloria del III Reich.

Pero no se me asusten que en Marín no va a pasar nada de esto. La ceremonia del “bautizo civil”, según el alcalde es una forma de dar la bienvenida a la comunidad a los recién nacidos, o no tan recién, quién sabe. Y en cuanto a la “liturgia” que tampoco cunda el pánico porque ya está regulada por el Gobierno de Zapatero, que transfirió esta competencia a los ayuntamientos. Consiste esa “liturgia” en la lectura, por parte del alcalde o concejal, de los artículos 12 y 27 de la Convención Internacional de los Derechos de la Infancia. Las familias tienen la opción de incluir sus propias lecturas e incluso música. Si yo fuera el alcalde estaría ya pensando en comprar el órgano tubular o el Hammond y el atril o facistol, por si alguien quiere leer el Sunsuncorda.
Su turno.

———————————-

angel garcia carragal

Vie Oct 09, 2009 3:00 pm

El bautismo civil o acollemento civil como quiera que se llame es una opción más dentro de un Estado Aconfesional. Creo que cada quién puede bautizar a sus hijos -o los hijos pueden recibir el bautismo cuando alcancen la mayoría de edad- donde quieran y como quieran. El pluralismo religioso es otra de las riquezas recogidas en nuestra Constitución. Yo personalmente he bautizado a mis hijos en la Iglesia Católica pero no por ello dejo de recomendarles que bauticen a los suyos (mis nietos) en la iglesia que ellos quieran. Por otra parte amigo Erasmo me parece exagarado el simil que haces respecto a los bautismos civiles que hacían los nazis.

Como siempre un saudiño.

————————————–

emigrante

Vie Oct 09, 2009 3:19 pm

o creo Ángel, que no era un símil. Erasmo lo aclarará convenientemente, supongo, pero yo creo que era una demostración, pues citó más casos, de que este tipo de bautismos existen desde hace muchos años, creo que explicó siglo XVIII.

Creo que no estaba comparando a Francisco Veiga con Hitler, eso su hubiera sido pasarse.

————————————-

-breaseixo.wordpress.com

Vie Oct 09, 2009 4:03 pm

A mí me parece excelente el escrito de Erasmo sobre el bautizo laico.
Tengo que confesar que yo siempre asocié la palabra Bautismo con la religión. Para Mi el Bautismo la había inventado San Juan Bautista y lo había patentado Jesús de Nazaret.
Tengo que confesaros también que, así como celebré la ley de matrimonio homosexual como algo necesario, estimulante y verdaderamente progresista, el asunto este del bautismo civil no lo acabo de comprender.

Pensaba yo, inocente de mí, que las personas religiosas, bien sean católicas, protestantes etc, ya tienen su bautismo en la pileta correspondiente, y las personas que no profesan ninguna fe, será porque detestan este tipo de rituales.

Pensaba yo, ignorante de mí, que el único bautizo laico que existía era el que practicaban algunos taberneros desalmados cuando echaban agua al vino país.

Ahora veo que yo estaba equivocada. El bautizo laico es lo más progresista y lo más “In” que existe en este momento. Que hay muchíiisima gente que lo demanda y que nuestro Concello es pionero en Galicia, después del de Oleiros. Que ya era hora de que fuéramos pioneros en algo, caramba.

Tengo que reconocer que no tengo ni idea de cómo se celebran estas ceremonias. No sé si el alcalde se pondrá una Casulla laica y derramará agua del Lerez perfectamente clorada y desinfectada sobre el niño en cuestión y le dirá “Yo te bautizo en el nombre del Pesoe y del Bloque y de la oposición” Amén
Luego los padres y los padrinos leerán algún poema de Gloria Fuertes.
O tal vez lean los derechos del niño… No sé, la verdad.
No seré yo quién critique este derecho que todos tenemos de pintar la mona alguna vez en la vida, que no es nada malo ni hace daño a nadie.
Eso sí, si yo tengo un hijo, ni se me pasaría por la cabeza llevarlo al ayuntamiento para que reciba los parabienes del alcalde.
Si quiero hacer una fiesta por todo lo alto para celebrar el nacimiento de mi hijo, la hago y punto. No necesito excusas ceremoniales ni la bendición del alcalde para pasármelo bien en compañía de mis seres queridos.
Que quede claro que respeto profundamente a todos los padres que se quieren acoger a este derecho bautismal.
Sólo espero que la próxima demanda no sea la Comunión Laica, porque luego vendrá la misa laica y todos comulgaremos con ruedas de molino.

———————————————–

angel garcia carragal

Vie Oct 09, 2009 4:21 pm

El bautizo civil no tiene nada que ver con el Sacramento. No es una celebración religiosa, y no pretende imponerse, ni competir, ni suprimir de un brochazo los bautizos de la Iglesia católica. Se trata de un acto festivo y laico para dar la bienvenida civil a un niño a la ciudadanía y celebrar lo que ello comporta: que es libre e igual a los demás. No tiene ni pretende tener ningún efecto legal.
Los bautizos civiles son una alternativa laica cuyo nombre completo es Ceremonia civil de imposición de nombre o Acogimiento civil. Se trata de un acto cuyo fin es el de dar la bienvenida democrática al recién nacido, bajo los principios de libertad, igualdad y respeto, y que según pude informarme es una tradición iniciada en la Revolución Francesa.
Por cierto, el pionero fue el Ayuntamiento barcelonés de Igualada donde se celebró el primer ‘bautizo civil” en 2007.

———————————————-

Metropolitano

Vie Oct 09, 2009 6:44 pm

Prescindiendo de datos históricos y demás, mi opinión es la siguiente:

Valiente tontería, desde todos los puntos de vista. La inscripción legal de un recien nacido está regulada; las obligaciones de los padres también tanto a nivel religioso como del Código Civil; los derechos y libertades de las personas también están reglados y la inscripción padronal igualmente. Es jocoso que se llegue al extremo de querer “no ser menos que los demás” se celebre semejante tontería y además metiendo en gastos a una Administración Pública.
Es increible que estemos perdiendo el tiempo hablando de datos económicos, pistas de tenis, pabellones de deportes, el puerto, etc. Menos mal que dentro del Ayuntamiento siempre hay el político correspondiente que nos recuerda los grandes temas importantes como este.

—————————————–

atomic
Vie Oct 09, 2009 10:53 pm

Pues a mi me parece perfecto el que se permita a los que lo deseen celebrar de esta forma la llegada de un nuevo individuo a la sociedad, no se que miedo tienen algunos a que esto se pueda celebrar, nadie está imponiendo nada a nadie, al contrario, se da una nueva posibilidad a los que no quieran bautizar a sus hijos en la Iglesia.

————————

lade1959

Sab Oct 10, 2009 8:54 am

Yo estoy totalmente de acuerdo con metropolitano.

Como dice breaseixo, cada uno es libre de pintar la mona mientras no perjudique a nadie.
Y siempre debemos tener en cuenta que esta ceremonia no tiene valor legal ni administrativo ni representa nada de nada.

No comprendo lo que dice atomic de que” se le da una nueva posibilidad a los que no pueden ser bautizados por la Iglesia”. ¿Posibilidad de qué? ¿Para qué sirve esto?.
Si se refiere a la posibilidad de hacer una fiesta, para eso no se necesita al alcalde, tendría el mismo valor si la ceremonia fuera oficiada por Nucha y Mucha.

———————————–

champy

Sab Oct 10, 2009 12:08 pm

nunca mejor dicho y expresado Lade1959 esa especie de acto, no ceremonia, no tiene valor ningunoo oficial.




Enredos (pleno de setembro)

Septiembre 14, 2009

Amig@s, permitide un pequeno inciso antes de comenzar esta entrada.
Quero que sepades que a miña opinión personal é que a Deputación coma institución, é algo totalmente anacrónico, fora de lugar e que, dende que se instaurou a Democracia e mais aínda, dende que existen as Comunidades autónomas, debería desaparecer. Pero este é un tema que merecería un debate mais profundo e que non imos tratar agora.

De momento a deputación está vixente e sigue sendo unha fonte importante de ingresos para os concellos.
Hai dous tipos de concellos:
a- Os que pensan que non hai que pedirlle nada á Deputación. É a deputación a que ten que repartir os cartos de maneira equitativa, xusta e desinteresada, sin discriminar a ninguén e tendo en conta as necesidades específicas de cada concello en todo momento. A que ten que velar por todos e estar pendiente das súas necesidades incluso antes de que ninguén lle solicite nada e sin que sexan necesarias as entrevistas con Louzán.
Ese é o caso de Marín.
b-Os que teñen verdadeira vocación de servicio ós cidadáns, e non se lle caen os anillos por presentarse de cando en vez en Pontevedra para pedir o que lles corresponde. Saben que non están a pedir limosna. saben que non é perder o tempo. saben que se non piden ninguén lles vai dar nada.

En contra do que o noso equipo de goberno nos quere facer creer, os cartos non van sólo para os concellos do PP. Se vos poñedes a investigar, atoparédesvos con Cotobade, un concello moitísimo mais pequeno ca Marín, que está gobernado polo PSOE e que acada moitos cartos da Excelentísima. E que decir de Poio, gobernado polos nacionalistas. E estes non son os únicos.
Sería estupendo e maravilloso que a Deputación fixera todo o que ten que facer sin que ninguén llo pedira, por desgracia non é así. Polo tanto eu, coma veciña, pídolle ó meu concello, que é quen recauda os meus impostos, que defenda os meus intereses.
Este mes tocoume pagar o recibo da Urbana e non llo paguei á Deputación, senón ó Concello. Se tivera que pagar un vado permanente, tamén sería o Concello quen o recaudara, e se teño que pedir un permiso por obras, é no concello onde me esquilman. Polo tanto, que sexa o Concello quen tramite os meus intereses.

Hai unha cousa da que non fun capaz de enterarme aínda: Cal é a función que ocupan na Deputación os deputados provinciais. Que é o que fan. Cómo xustifican o seu soldo.
Como sabedes, Marín conta co señor Muradas, okupa de nove das doce comisións. Unha cantidade importante de euros cada mes por facer…Que?…non se sabe.
Este home, cando intervén nos plenos, acusa a M. Ramallo de non facer nada por Marín na Deputación, pero ela non é deputada provincial. O deputado é el.
Isto é algo que temos que ter en conta os veciños. E non nos vale que nos digan que por ser do PSOE ou deo Bloque xa non podemos facer nada nunha institución do PP. Iso é unha maniobra para eludir as responsabilidades, para esconder debaixo da alfombra as miserias e as ineptitudes.

Enredos é cómo se titula esta entrada porque enredados estamos todos. Non sólo os da Brea, senón tamén os urbanitas de Marín, aínda que non queirades darvos por enterados.
Ao pleno do venres non veu o alcalde porque estaba de vacacións, pero resulta que cando salimos (sobre as dez da noite), Fran Veiga estaba na porta de atrás do concello, impecablemente traxeado, agardando por Muradas e os demais compoñentes do seu partido para ir a “La huerta de la abuela” a tomar os viños.
Eu supoño que aproveitaron este intre de lecer para comentar todos os pormenores do pleno.
Estaredes extranados de que Fran Veiga non aproveite estes días para esquecer por un tempo os sinsabores da política e se vaia de viaxe coa parienta, a disfrutar da vida, él que pode, que para iso ten un soldo privilexiado e desmesurado. Lonxe diso, aparentemente, o seu ocio limítase a percorrer os bares da periferia do edificio consistorial coas malas compañías.
De que falará Fran Veiga mentes toma o aperitivo?
As malas línguas din que o seu tema recurrente é o maltrato ao que se ve sometido por parte dos seus cónxuxes no bipartito, os do bloque, que aproveitan a mais mínima ausencia do chorón para firmar facturas, pagarés, letras, contratos e canta cousa hai.
Os sufridos clientes habituais destes bares, nun principio sentían pena polo desdichado alcalde, ata que empezaron a prestar mais atención ós detalles cotiáns da nosa política, e agora cambian a pena pola indignación cando poden comprobar unha e outra vez que a relación PSOE-BNG é un caso de sadomasoquismo consentido e disfrutado a tope polo señor chorón do ilustrísimo concello.
Esta circunstancia de firma de facturas en ausencia do alcalde titular, vense repetindo unha e outra vez dende fai anos, e os cidadáns empezamos a sospeitar se non será unha estratexia consensuada entre os dous partidos do equipo de goberno para eludir responsabilidades cando cheguen as auditorías.
Non sei, tal vez estou enredada.
Sodes vos os que tendes que atar cabos e pensar neste asunto.

Unha vez expresada a miña opinión, paso a contarvos que, na sala de plenos había este venres menos xente ca de costume. Varias sillas valeiras, de xente desencantada que quiso manifestar a súa desconfianza.
O día anterior, Vilaboa e Pilar Blanco volveron a reunirse cos veciños na casa de cultura do Campo para comunicarnos que o martes, día de san Miguel, foron á Deputación para enterarse de cómo estaba a normativa, parece que non sabían de que iba a cousa, ata que leron neste blog as medidas reglamentarias que nos dixeron os técnicos e foron a preguntar se era certo.
Aproveito para contarvos que se presentaron alí sin pedir cita previa e aínda así foron recibidos e informados debidamente (aínda que non eran do PP).
A esta nova xuntanza que foi o xoves, acudiron sete veciños. O resto non quixo saber nada porque non ten esperanzas nin confianza.
Por que non teñen confianza os veciños? Porque para o Bloque era moi fácil esperar ó pleno, aceptar a moción de Marín-In e empezar a traballar no proxecto, sin necesidade de embarullar e confundir ós veciños con sutilezas políticas que non se entenden.
Que nos contaron de novo nesta xuntanza? Presentaron un boceto de cómo quedarían afectados os terrenos dos veciños. E unha alternativa de que se fagan aceras por un lado e aparcamentos polo outro.
Imos ó Pleno:
O asunto das beirarrúas da Brea foi presentada en dúas mocións distintas e iso non é cousa boa. A moción presentada por Marín-In foi respaldada polo PP e rechazada polo equipo de goberno. A moción do bloque foi respaldada polo PSOE e tivo a maioría dos votos.
Marín-In solicitaba do equipo de goberno que fixera os trámites necesarios para reclamar que a Deputación faga un proxecto para as beirarrúas. Punto.
O Bloque di o mesmo pero doutra maneira e ademais quere que sexa a deputación a que pague esta obra con ese 20% que se reserva Louzán
O PSOE di que o concello non ten que intervir para nada e que sexa a Deputación a que se encargue.
Cal é a diferencia entre as tres posturas? Ningunha. Todos piden o mesmo.
Por que discuten? Por enredar
Todos eles saben que a Deputación non vai facer nada mentras o Concello non teña un consenso cos veciños.
Marí-In pide ese consenso co respaldo do PP.
O PSOE di que o concello non ten terrenos alí e polo tanto que sexa a Deputación quen negocie.
O Bloque di o mesmo ca o PSOE pero fai todo o contrario e ten reunións cos veciños para facer tratos.
Entendestes algo?
Vilaboa respondeulle a Isabel M. Epifanio que Marín-In nunca pensou nestas aceras ata agora nin fixo nada cando estivo no equipo de goberno.
María Ramallo respaldou a Isabel e acusou a Vilaboa de ter mais interés en facer política ca en facer aceras.
Vilaboa respondeu decindo que quen fai política é ela, sobre todo cando se fotografía nas terrazas dos bares de Marín con Ana Pastor, ( menos mal que non falou de calamares).
Tomou a palabra Muradas para decir que el PSOE ya pidió las aceras en el año 2006, e sacou un escrito daquelas datas, cousa que aproveitou Isabel para decirlle “Señor Muradas, daquela Marín-In formaba parte do equipo de goberno e nós tamén firmamos ese escrito, polo tanto está vostede a contradecir ó señor vilaboa en vez de defendelo.
Despois de envainar este tropezo, Muradas arremeteu, cómo non, contra María Ramallo para decirlle o de sempre El PP por acá, el PP por allá y el PP no hace nada.
A outra contestoulle que o deputado era el e non vai o PP a facer un traballo polo que está a cobrar el.
En resumidas contas, amigos, pouco se aproveitou deste pleno. Despois de mais de dúas horas de rifi-rafe, salimos todos exhaustos de escoitar parvadas e malicias. Poño por exemplo a Muradas cando lle replicaba a M. Ramallo, “Ya sé que no tengo tantos conocimientos como usted, ni soy abogado como usted, ni tan listo como usted”… eu esperaba que sacara da carpeta o diploma dos estudios primarios, como fixo unha vez Belén Esteban para demostrar que a pesar de non ter título de periodista, ela tiña estudios suficientes para falar na tele, afortunadamente, Muradas non sacou papeis acreditativos, supoñendo que os teña.
O mes pasado tiñamos certo optimismo polas aceras, dende que o Bloque meteu man, acabouse.
——————————————————-
E aínda que pareza mentira, houbo outro tema importante neste pleno, aínda que quedou tapado pola cortina de fume das nosas beirarrúas:
O BNG firma e firma, e non para de firmar facturas en ausencia do alcalde.
No sabemos se o PSOE non se entera, se está de acordo pero elude as responsabilidades, ou se os nacionalistas din aqui mando eu e faise o que que me da a gana.
O caso é que non sei de onde sale tanto carto e todos deberíamos empezar a preocuparnos polas xestións financieras municipais, antes de que o noso equipo de goberno acabe na Lama ou “sin rumbo y en el lodooo”
En fin…Enredos políticos.
Señor, ten misericordia de nós!
breaseixo

enredos 3

enredos 1

enredos 2


Pleno de agosto de 2009

Agosto 16, 2009

O síndrome de Grenviche

As doce do día, mala hora. A hora do meridiano.
O meridiano Greenwich (coñecido nos furanchos coma grenviche) é un círculo máximo que pasa polos polos do globo terráqueo e divídeo en dous hemisferios, o Oriental e o Occidental; e chámase así porque cando pasa o sol por el, é mediodía para a zona que queda no hemisferio iluminado, e medianoite para o hemisferio que queda na sombra. Este feito ten moita importancia porque os habitantes da zona iluminada, cando chega esta hora, perdemos un pouco a concentración no traballo e nos asuntos intelectuales a causa  do tema gástrico.
Como consecuencia desta falta de concentración causada porque se achega a hora de comer, baixamos a guardia, o pensamento dispersase e o subconsciente xóganos malas pasadas. Trátase do “síndrome de grenviche”
Non é cousa de broma o que estou a decir e vouno demostrar:

As doce en punto, comeza o pleno. Coma sempre a sala estaba chea de público.
A vella que me tocou ó lado contoume que tiña unha empanada de xoubas na casa porque non lle ía dar tempo a facer a comida e eu fun a primeira en desexar estar na miña cociña.
Puntos do día:

-A moción do PP para que non sexan tranferidos á Xunta sólo os portos de Marín e Vilagarcía. Se chega o caso, que sexan transferidos tamén os de Vigo, Ferrol e a Coruña.
Neste tema todos os grupos estaban de acordo e non había mais ca levantar a man e votar. Sin embargo ó noso edil de urbanismo, o nacionalista Vilaboa, traicionouno o síndrome de grenviche e sólo podía pensar coas tripas. Unha e outra vez intentaba atacar ó PP falando das contradicións, do pouco que fixo a nosa concelleira mentres estivo ó frente do porto etc.
Por moito que a Ramallo decía que non quería discutir parvadas, Vilaboa seguía atacando ata que dixo o que realmente quería decir
: “Señora Ramallo, todos os aquí presentes sabemos que o único que sabe facer vostede é pasear ós conselleiros polo porto de Aguete e levalos a tomar os calamares no Rincón de Poti, sin dignarse a invitarnos ó equipo de goberno”.
Esta frase provocou as risas do público que comentaba entre dentes “Este o único que pensa é en comer”.
Chegados a este punto o alcalde cortou o debate antes de que o Vilaboa empezara a falar das tortillas que Manuel Fraga comía en Cacheiras.
Probe Vilaboa, cando el trai ás altas xerarquías do BNG a Marín, sólo toman café cortado na do Meco, e non lle poñen nin unha galletiña para acompañar.

-As actividades económicas do Concello:
Isabel M. Epifanio (Marín-In) e Manuel Santos (PP) criticaron duramente as malas xestións económicas do Concello e laiaronse de que non vai haber maneira de que cadren as contas para os orzamentos deste ano. Por unha banda están os despilfarros sin control e pola outra os impagos a empresas, asociacións etc.
Esta vez o síndrome de grenviche actuou sobre a concelleira de Facenda Pilar González que soltou unha perla retórica que fixo as delicias dos alí presentes. Cito textualmente
: “Ustedes con sus críticas están dando imagen de que el ayuntamiento de Marín está arruinado, y nada más lejos de la verdad. El ayuntamiento de Marín está saneado y muy saneado. El ayuntamiento de Marín tiene liquidez para hacer frente a los pagos. Que lo haga tarde o que lo haga mal, eso es aparte”
-Ampliación do plazo para executar a obra do centro de acollida de visitantes ós petroglifos de Mogor
O tema das obras do centro de acollida para visitantes ós petroglifos de Mogor, xa fora tratado no pleno de decembro pasado. A concelleira de cultura presentouno nunha moción urxentísima porque había que levar a solicitude á Xunta de Galicia antes de que esta cerrara os orzamentos. Tratábase dunha clarísima propaganda electoral e así o manifestaron os dous grupos da oposición que se enteraron do asunto dous minutos antes do pleno e non tiveron tempo de estudiar os detalles. Aínda así votaron a favor, porque según os nacionalistas, a construcción ía ser inminente e non había tempo que perder.
Quedaron tan contentos os do Bloque polo éxito acadado que correron a Santiago para entregar a documentación, pero cando chegaron alí rechazáronlle os documentos porque faltaba a firma do alcalde. É tanta a seguridade dos nacionalistas de que son eles os que mandan en Marín, que nin sequera se acordan de que é o alcalde o que ten que firmar os papeis. Así que tiveron que volver co rabo entre as pernas para que Fran Veiga firmara o que tiña que firmar.
Isabel M. Epifanio dou conta este venres daquel ridículo episodio e criticou  toda aquela  urxencia que tiñan os nacionalistas no mes de decembro para levar a cabo esta obra, que estaba previsto que se ía empezar de forma “Inminente”, e agora resulta que queren aplazala ata dezaoito meses.
Respondeu a Concelleira de cultura cunha frase que todos esperabamos:
“A culpa é do PP que é quen agora manda na Xunta“. Sin duda Esther Crespo estaba sendo atacada polo síndrome de grenviche e non tivo tempo de votar contas, porque Epifanio, mais avispada, saleulle con esta: “Señora Crespo, se o plazo de execución era “inminente”, o bipartito da Xunta tivo tempo mais ca suficiente para deixar atada e ben atada esta obra antes de perder as eleccións de marzo, como fixo con outras “.
E nestre intre tomou a palabra o alcalde, non para aclarar o asunto, senon para tapar as carencias intelectuais da Crespo. Falou Fran Veiga con rostro severo e mirada altiva hacia os membros da oposición, e coma se estivera a darlle leccións a unha panda de iñorantes, soltou un discursiño cheo de obviedades que todos sabiamos de memoria:
“Non debemos esquecer a importancia que a que a cultura castrexa e megalítica teñen para Marín, xa que supoñen un reclamo turístico de gran atractivo, coma continuación e universalización do que xa fixeron en Campolameiro e bla bla bla. Eu rógolle os membros da oposición que non tomen a broma un asunto tan serio coma este, e tan importante no mundo mundial”. E parece que quixo deixar claro que os da oposición non comprenden a cultura petroglífica-castrexa-megalítica, osea.
Sin duda o síndrome de grenviche volveu a estar presente porque parece que o alcalde, cando falou da importancia turística dos megalitos, esqueceu pedir perdón ó pobo de Marín por ter a caseta de turismo pechada durante mais da  metade do verán, ante a  impotencia e desconsolo dos turistas que andaban mais perdidos ca un pulpo nun garaxe. E tamén se esqueceu de disculparse ante a Asociación Culural Almuhinha, a única que de verdade amosa  interese polos castros e os petroglifos e da conferencias sobre o asunto, e foi foi multada por Pilar Blanco, precisamente por pegar un cartel que anunciaba unha destas conferencias culturais e comprometidas coa nosa prehistoria.
Mar-In tiña prevista unha moción urxente sobre as aceras da Brea, pero non dou tempo a tratala e deixouse para o próximo pleno.

Chegaron os rogos e preguntas e Mar-In, rogoulle a Manuel Pazos, capitán de jardines, que adopte unha maneira mais responsable de regar as plantas da alameda, pois faise a mediodía en vez de facerse á noitiña ou pola mañá cedo, e aínda porriba, a metade da auga vai parar á veirarrúa e mentras as plantas quedan secas, son os viandantes os que acaban regados. Iso é unha irresponsabilidade e un despilfarro ecolóxico.
Continuou Briones a facer preguntas ecolóxicas e saleu a relucir o tema dos conedores que Ruibal colocou na porta da praza de abastos, que despois de seis meses aínda non están arreglados e feden que apestan.

Respondeulle Ruibal con outra frase que vai pasar os anales da historia dos plenos marinenses: “a culpa é da empresa que non é capaz de solucionar unha deficiencia de fabricación e inda porriba, como esta empresa é portuguesa e non ten filial en España, pois non hai maneira de reclamarlle nada.”
“Cojonudo!”. Decía o público
Decatástesvos, estimados lectores do apego que ten o BNG polas empresas portuguesas?. Os contedores da basura veñen dalí, o proxecto da Brea tamén se fixo en Portugal.

Volveu a atacar Briones, esta vez coas torretas de alumeado do estadio de San Pedro, que volveron a ser reformadas porque no anterior proxecto, tan cacareado por Ruibal no seu momento, parece que as puxeron moi mal ubicadas, de tal maneira que había zonas do estadio que quedaban ás escuras e foi necesario volvar a cambialas de sitio e aumentarlle a potencia. Isto supuxo un gasto considerable que non estaba previsto.
Outra das súas maravillosas xestións, decíalle o de Marín-In a Ruibal, e alegou tamén que eses cartos ppoderíanse investir mellor no deporte de base e nos colexios de primaria.

E cando pensabamos que remataba este bochornoso pleno, pasadas as dúas da tarde, aínda tomou a palabra o siniestro Muradas, colérico porque xa se lle pasara a hora do vermú e iso non ten perdón de Deus.
O público púxose á espectativa porque todos sabemos que cando Muradas se “encoraja”, o blanco das súas iras é María Ramallo. El non bota escuma pola boca, coma Pilar Blanco ou coma Vilaboa, non, este enfoca os seus ollos de bogallo sobre a cara de María Ramallo e con parsimonia afectada, pode decir as parvadas mais grandes sin que ninguén se dea conta do pouco contido significativo, ocupados todos en votarnos a tremer, coma cando nos tempos de Franco nos rifaba o maestro, nós non oiamos o que decía, simplemente mirabamos aquela cara distorsionada na nosa mente infantil e tremiamos de medo.
O día que os nosos políticos deixen de tremer ante eses ollos de bogallo, algo grande  vai cambiar neste concello.

(Un apunte: Todos os concelleiros do PSOE, agás Benito González Dopazo e de vez en cando Fran Veiga,, fan uso do castelán mais castizo en todos os eventos públicos sin que ningunha asociación proteste.. A min dame o mesmo, pero dáseme por pensar que, se algún día goberna o PP, vai haber movementos culturais e puristas para criticar que non se fai uso do idioma galego na nosa institución marinense.)

En fin amigos, o meridiano Greenwich, que fai “majiñas”
Se queredes consultar a prensa, aquí vos poño as noticias sobre o evento, onde aparecen outros detalles dos que eu non escribin.
Apertas

meridiano 3
meridiano4
meridiano 5

meridiano 6
meridiano 7
meridiano 8

————————————————

meridiano 1

meridiano 2






Quen paga?

Julio 15, 2009

O famoso proxecto da Brea utilizado polo BNG coma propaganda electoral.
Amosado ós empresarios simpatizantes primeiro nunha reunión na biblioteca municipal e despois no hotel Vila de Marín.
Prohibido para os veciños afectados, escondido para que non supera nada o alcalde.
Este famoso proxecto “unilateral” nun goberno bipartito.
Este superproxecto que sólo apoiaban os nacionalistas e que ía pagar a Consellería de Teresa Táboas cando fora unha realidade, unha vez fracasadas as eleccións, non hai quen o pague.
Ou si… vámolo pagar todos…eu tamén o vou pagar…e mais ti…todos o imos pagar aínda os que nos opuxemos a él dende sempre.
O alcalde, cómo non, faise responsable. El, que neste asunto sempre foi a última mona, porque os nacionalistas nunca o tiveron en conta para nada.
Como dixo unha vez Julio Santos pena nun artigo do faro de Vigo do que nos fixemos eco neste blog (ver marrón glacé): Fran Veiga sempre acaba comendo algún marrón que outro e cargando con responsabilidades que non lle corresponden.
Ou si lle corresponde?

quen

brea

a brea

Proxecto de la Brea: 5. 500 Euros
Arquitecta Mónica Andrea Pazos Botelho.

No mes de marzo o alcalde xuraba que non sabía nada.
Agora faise responsable.

Aqui tendes o artigo que escribeu Julio santos e eu publiquei no seu momento nunha entrada chamada “Marrón glacé” que podedes ver se ides ó buscador ou ós arquivos de marzo

marron-gl



Entente cordial (Pleno de xullo de 2009)

Julio 13, 2009

Este foi o pleno da concordia.
Os concelleiros falaban co sorriso nos beizos e sólo levantou a voz Pilar Blanco unha vez. Incluso Muradas estaba menos siniestro ca de costumbre.
Unha Entente Cordial.
O público, tranquilo; coma un espello que repite as caras dende o outro lado.

Isabel M. Epifanio inaugurou a sesión decíndolle ó alcalde, con moi boas maneiras que, xa que en algún pleno pasado chegaron a un acordo para defender o idioma galego contra vento e marea, por que os escritos están feitos nun galego-castelán-chapurriado.
Veiga, con gran xentileza e amabilidade, contestoulle que tiña razón, e que procuraría correxirse de alí en diante.
Expuso María Ramallo unha moción para defender que o Porto siga en mans do Estado, porque se pasa a mans da Xunta de Galicia, podería perder categoría. Todos levantaron a man en agradable compañeirismo.
Os gastos do Centro de saúde de Seixo van ser transferidos á Xunta de Galicia. Todos de acordo.
Para pagar os recibos de auga, basura, rodamento, urbana etc, xa non teremos que facer cola nas oficinas do Concello porque agora hai un método totalmente revolucionario, novedoso e creativo, gracias a un acordo con Caixanova. Este invento chámase “domiciliación” e todos nós poderemos facer estes pagos dende o Banco ou Caixa, Aquí debe haber algo que se me escapa, porque eu estouno facendo dende fai anos.
O caso é que María Ramallo felicitou o estupendo traballo da concelleira de asuntos económicos que por fin nos sacou do tercermundismo e das longas colas para pagar recibos.
Presentou o grupo Marín-In unha moción urxente atendendo a unha petición da Asociación da memoria histórica, na que se pedía a retirada dos símbolos da exaltación do “glorioso alzamento nacional” e todos estiveron de acordo e levantaron a man unánimemente. Incluso os do público descargamos un aplauso clamoroso, cousa que sorprendeu ós concelleiros do Bloque, que se quedaron a mirar para nós con caras abraiadas. Non esperaban eles que unhas persoas tan fachas e tan atrasadas foran aplaudir aquela decisión.
Procederon a falar do regulamento das instalacións deportivas, e decidiron pospoñelo para o próximo pleno porque tanto Marín-In coma o PP espuxeron algunhas dudas e Ruibal, xeneroso e cortés coma nunca, dixo que él estaba disposto a dialogar con todo o mundo ata chegar a un acordo.

Nos rogos e preguntas, Isabel M. Epifanio (creo), plantexou o tema das actividades de lecer para os nenos nos días de verán, que non son gratuitas, como moitos pensan, senón que hai que pagar 10 Euros á semana, o que supón 40 Euros ó més, e non todas as familias poden pagalas.
Veiga, con gran sorriso nos beizos, amosando incisivos, caninos, premolares e molares, respondeu que os materiais saen caros e alguén ten que pagalos.
O pequeno desencontro empezou cando María Ramallo preguntou cómo era iso de que o fontaneiro contratado polo Concello faga 154 horas extras ó més, cando o estatuto do traballador di que sólo se poden facer 80 ó ano. Isto significa que, este traballador, embolsou 2.075 euros por encima do seu soldo.
A resposta airada de Pilar Blanco non se fixo esperar:
“Isto é inconcebibel, señora Ramallo, a vostede gústalle cobrar pero non quere que cobren os demais”
Según Pilar Blanco isto non supón ningunha irregularidade. Eu non sei que opinan os sindicatos. Dende logo o que opino eu é que con estes dous mil euros de mais, poderían contratar outro traballador e colaborar a paliar a crise. E tamén que este home está a traballar en condicións de esclavitude.

Ramallo atacou despois co polígono da Brea:
En Outubro de 2008 a Arquitecta portuguesa Mónica Andrea Pazos Botelho, presentou no Concello uns CDs co estudio do polígono na Brea, por valor de 5. 500 Euros.
Quén se fai cargo deste gasto, O BNG que o utilizou para propaganda electoral ou o Concello?.
O alcalde, que sempre dixo que el non sabía nada do famoso proxecto, contestou agora que estes gastos tiñan que correr a cargo do Concello, posto que “foi o concello quen os solicitou”
Neste punto os do público empezamos a revolvernos nas sillas e a protestar, pois lembrade amig@s que Veiga sempre dixo que non sabía nada deste proxecto, e agora resulta que os CDs andan por todo o Concello, de despacho en despacho para que os vexa quen queira e o alcalde faise cargo de todo… Inverosimil!
Aínda non remataran os nosos abucheos cando falou Vilaboa, tamén coñecido coma Agamenón, e coa parsimonia lingüística que o caracteriza, laiouse de que ese proxecto fallido era a única esperanza que tiña Marín para poder ter un polígono empresarial. Agora non imos ter nada de nada e os probes empresarios quedaron orfos e sin futuro porque o PP nunca poderá ofrecer nada mellor.
E así rematou este encontro.
Os veciños salimos tranquilos pero eu teño moitas preguntas no meu maxín:
-Por que os veciños nunca tivemos acceso ó proxecto do polígono da Brea, se era tan bo?
-Ata onde chega a responsabilidade do alcalde para contratar á arquitecta portuguesa?
-Por que din que este proxecto ía cumplir as espectativas de todos os empresarios de Marín, cando o que nos decían aos veciños era que sólo poderían caber algunhas empresas non contaminantes, que non fixeran ruído e con certas limitacións de consumo enerxético. De tal maneira que os empresarios da pedra non poderían estar aquí? Lembrade que en Marín hai polo menos unha ducia de empresarios da pedra.
-Que opinan os empresarios da pedra cando o BNG non contaba con eles?
-Ou sí contaba con eles e pensaba metelos de forma ilegal na Brea?
-Por que aos veciños nos decían que as casas ían ser respetadas, pero nos planos do proxecto desaparecían algunhas? .De feito, o mesmísimo Ruibal (cando era alguén), se tomaba a libertade de decir “Que son tres casas ante un proxecto de tanta magnitude?”
-Por que cando falaban cos empresarios nunca mencionaban Vista Alegre e sólo falaban da Brea?
-Acaso pensaba Vilaboa traslador o tinglado de Vista Alegre para a Brea, incluída a basura do polígono da canteira?

Cordialidade e misterios sin resolver. Menos mal que xa veñen as festas do Carme e todos nos imos olvidar un pouco das penas, gracias á concelleira de cultura que con entusiasmo e ledicia nos presenta un programa de festas “insuperable”, no que eu destacaría a actuación dos “lunnis”, moi acorde coa sua personalidade un tanto lunnática.

E xa que neste pleno tomaron un acordo de eliminar símbolos franquistas, eu quero rendirlle a miña pequena homenaxe a Carme Pesqueira Domínguez “A capirota”, que morreu despois de ser vilmente torturada.
O 20 de novembro de 2008 descubríuse unha placa co seu nome no Pozo da rRevolta. A Asociación pola memórica histórica, xunto con algunha Asociación cultural coma Ronsel, levaban anos reivindicando este acto.
Acudiron os concelleiros do PSOE e mais do BNG.
Os do PSOE, tomaron o asunto de maneira tan infantil e superficial que mentras o alcalde falaba as parvadas de turno, a señora Luz santiago, dedicábase a sacarlle fotos coa súa cámara, poñéndose diante dos veciños alí presentes, entorpecendo a visión e molestando a todo o mundo cunha actitude mais propia dunha nena de cinco anos que a de unha concelleira.
Os do BNG, que nunca en anos pasados quixeron homenaxear ós fusilados na guerra civil que non foran nacionalistas, esta vez apuntáronse ó carro mediático e Ruibal leu un discurso no que en vez de ensalzar os padecementos da xente que morreu por defender unhas ideas de Liberdade e dignidade, dedicouse a enaltecer os traballos do equipo de limpeza do concello, que desbrozaron as silvas para que aquél rincón quedara bonito.
Tamén tomou a palabra o presidente da Asociación de Veciños de San Blas, propietario dun chalé lindante, que non sabe o que foi a guerra civil nin o que alí pasou, pero que agradeceu o esforzo do Concello por facer do Pozo da Revolta un sitio limpo de silvas.
Todo este teatro sirveu para que a presidenta da Asociación pola Memoria Histórica tivera un arrebato de tristura, e os veciños concienciados acentuaramos un pouco mais o noso excepticismo ante uns políticos que nos deixan avergonzados en canto teñen oportunidade, coa súa falta de cultura e de respeto polas almas dos que se sacrificaron para que nós poidamos ser libres.
Vai por ti, Capirota. E vai por todos os que padeceron unha guerra sin ter culpa de nada e sempre soñaron cun país mais culto e uns políticos mais responsables

cap

——————————————

porto 1

porto 2

porto 3


Ética, Estética, política

Junio 18, 2009

Saliamos do pleno o outro día, e aínda cos ollos brillantes, decíalle un veciño a outro
-A verdade é que lle estou a coller o tranquillo a todo este asunto
-O tranquillo a que?
-Á política, home!
- Chámaslle política a isto?.

-Así que levamos toda a tarde a vivir a política e ti aínda non sabes o que é a política?
-Por que mo preguntas?.
…………………………………………….

Que teñen que ver entre eles os conceptos ética, estética e política?
Aparentemente nada, posto que a Estética trata das apariencias que se expoñen á nosa vista. A Ética é a parte da filosofía que trata da moral e das obligacións das persoas. E a política trata das relacións humanas e da maneira de resolver todos os asuntos que derivan desas relacións.
Cal é o nexo común? A sensibilidade
Cal é a única maneira de casar estes tres conceptos? Con Arte.
Se foramos ingleses, usaríamos mais a cotío a palabra “Xentileza”, pero isto é Galicia, España aínda que moitos non queiran. Somos mais latinos ca atlánticos, aínda que non queiramos. Somos viscerais, e cada vez que esa visceralidade se encana coa moi deficiente educación que teñen algúns políticos, chegamos a sofrir momentos lamentables coma o de algúns plenos deste Concello.
Escribin a palabra Xentileza porque me parece a mais apropiada para o que quero expresar.
Se mirades no diccionario: “De fermosa ou agradable presenza, tanto polo seu aspecto coma polo seu comportamento”. Este é o seu significado. E mentras os nosos políticos non aprendan a ser Xentiles, non faremos nada de proveito.
Eu rogaríalle á señora Santiago que leve sostén no próximo pleno, polo ben da Estética e coma norma de boa educación nun acto público e formal.
Polo ben da Ética, nós pedímoslle ó noso alcalde que manteña as boas formas, practique a severidade ante as saídas de tono dos seus compañeiros nacionalistas, e responda como é debido ós políticos da oposición, en vez de mofarse deles.
E implorámoslle á concelleira de cultura que se culturice un pouco mais e que non nos deixe a todos avergonzados coas suas burradas.
Ética, Estética: os dous pilares básicos para unha boa Política
breaseixo
———————————————–

Diario de Pontevedra

oposicion 1

oposicion 2

—————————————-


Os melóns de Santiago (pleno de xuño)

Junio 13, 2009

P6120202onte
Os primeiros caloriños do vran xa se deixabann notar, pero non era para tanto.
Chegamos ó Concello sobre as oito menos cuarto e atopamos un letreiro que nos mandaba entrar pola porta de atrás. Polo visto a escaiola do teito veuse abaixo diante da oficina dos municipais e hai perigo de mais desprendementos.
Na porta de atrás agardábannos os cinco policías de sempre: tres para gardar a orde na sala, un para gardar a porta e outro que sube e baixa continuamente para dar os recados.
Mentras os veciños buscabamos sitio  unha vella díxome “hoxe hai luna de forza, pode pasar de todo neste pleno”, eu quixen deixar claro que estabamos en menguante pero interrumpimos a conversa porque era hora de pasar revista. Un dos gardas foi mirando un por un todos os carteis para comprobar que non escribimos nada ofensivo contra o goberno. Pura rutina. Xa estamos afeitos á censura de Don Francisco (Veiga; non Franco).
Pouco a pouco foron entrando os concelleiros. Primeiro os da oposición, pola mesma porta ca nós. Despois os do goberno, que estaban reunidos na sala do lado, onde deben estar os ventiladores.
Fran Veiga aparcou a garabata no armario e visteu o nique do cocodrilo e lucía barba para aparentar unha autoridade que non ten.
Pero a conmoción foi xeral cando irrumpeu en escena dona Marilus Santiago, cun minivestidiño estampado que parecía un salto de cama. O escote era tan abondoso que desbordaba, e o sostén de talla 110 que usa de cotío brillaba pola sua ausencia.
Non se conformou dona Marilus con sentarse no escaño coma todos os seus compañeiros de escudería. Antes morta ca sensilla, fixo unha reviravolta que dixou ós homes alí presentes coa boca aberta.
Unha vez acomodada, colleu un par de folios que había por alí e empezou a abanarse con ahínco e a poñer cara de ovelliña degolada recén saída do forno.
Nas dúas horas que durou o pleno, esta muller levantouse sete veces para pasar uns minutiños no cuarto do lado (penso eu que para ventilar as súas carnes), facendo levantar de cada vez á persoa sentada a seu carón, e moi consciente da espectación que espertaba no personal masculino.
Ante tal espectáculo, melón arriba, melón abaixo, os veciños estabamos tan despistados que non nos lembramos nin de abuchear ó sinvergonza do Muradas cando arremetía contra María Ramallo
Os homes estaban demasiado ocupados controlando partes da súa anatomía que non teñen nada que ver coa língua e as mulleres discutiamos polo baixo se as domingas da edila eran de verdade ou de silicona, ata que decidimos que eran reais, porque as de silicona apuntan para arriba e estas apuntaban para abaixo.
Entre melón e melón, na miña cabeza íanse colando migalliñas do debate plenario, sin orde nin concerto.
- Falaron do tribunal de contas da antigua corporación e parece ser que Muradas petendía que María Ramallo lle “bicara o cu” e lle pedira perdón de rodillas porque o xuíz dictaminou que as contas estaban claras.
- Despois trataron a petición que fixo o BNG de que os asadores do lago de Castiñeiras empecen a botar lume outra vez, despois de varios anos de prohibicións.
O BNG mentras gobernou na Xunta non quería fogueiras e promocionaba os beneficios da empanadilla e o bocata de chourizo, pero agora que manda o PP pide que se poida facer lume e que se desempolven as parrillas porque todo Marín bota de menos o churrasco.
Mencionou Pilar Blanco unhas cantas leis e respondeulle a Ramallo con uotras moitas leis e artigos, con tal profusión de datos e cifras que a nacionalista non quixo escoitar mais e díxolle “Señora Ramallo está vostede moi desbocada hoxe” e soaron as risiñas dos do Bloque.
Ante as protestas do PP, o alcalde limitouse a rascar a tetilla esquerda, xusto debaixo do cocodrilo e poñer cara de aquí non pasa nada.
- Falou Miguel Briones para preguntar polo asunto do Valedor do Pobo e mostrar a disconformidade de Mar-In de que non poidan asistir mais veciños ós plenos e Veiga volveu a rascarse debaixo do cocodrilo e contestou que o Valedor aceptou os seus argumentos e gabouse a sí mesmo do ben que fai as cousas porque disque agora os plenos funcionan moito mellor ca antes.
- Tomou a palabra o PP para preguntar cales son os plans que ten a concelleira de cultura para as festas do verán, e dona Esther á que todos tomabamos por parva, respondeulle con cara picarona e conexil “prefiro gardar a sorpresa ata que chegue o momento”, e novas risiñas nas bancadas bloqueiras.
Habería lúa de forza despois de todo??
Discutiron mais cousas, as palabras parecían balas a punto de matar.
Muradas non solo disparaba improperios e frases sentenciosas e ocas,  tamén fulminaba coa mirada a Ramallo. A min se me mira así, póñolle unha denuncia por acoso psicolóxico.
Os do Bloque, a falta de argumentos desenfundaron un feixe de burlas
O alcalde rascaba a tetilla esquerda e facía rulos cos tres pelos que lle saían pola abertura do nique.
A gota que colmou o vaso foi cando un concelleiro do PP que no último pleno pedira algúns datos por escrito sobrea bandeira azul e outros asuntos, queixóuse porque esa resposta déronlla de calquera maneira, nun folio escrito á man, sin firma nin membrete de ningunha clase e nin siquera constaba o número de expediente.
O alcalde, moi risueño e sin deixar de facer rulitos, respostoulle “se quere números de expediente, as portas do arquivo están abertas e búsqueos vostede mesmo que eu teño outras cousas que facer. E mais risiñas do equipo gobernante.
E os melóns da outra non paraban de dentro pa fora e de fora pa dentro.
A día de hoxe aínda estou mareada e de cando en vez sinto algunha náusea.

Faro de Vigo

Sábado 13 de xuño de 2009

mel

melon

——————————————————

Ir a la Portada

martes 16 de junio de 2009

Ramallo critica las evasivas del gobierno de Marín

La portavoz del PP de Marín, María Ramallo, criticó ayer la forma en que el gobierno local está eludiendo responder a sus preguntas en los plenos. Ramallo recalcó que las respuestas por escrito «son manifiestamente mejorables por la forma, papel en blanco sin membrete y sin firma de nadie que se haga responsable».

La líder popular criticó que se les haya contestado que pueden revisar el expediente. Aseguró: «Ya los vemos nosotros, lo que queremos es que nos contesten en los plenos y no nos tomen el pelo». El PP afirmó que aún no se les ha dado una «explicación clara y razonada» acerca de quién fue el responsable de una factura de cinco mil euros en gastos de un hostal donde se realojó a una familia afectada por una inundación.