As últimas noticias que tuvemos sobre o tema do Litoral eran que os grupos políticos municipais, cuio voceiro era o alcalde en persona, acordaron remitir o PXOM á Xunta para así defender mellor os núcleos do Litoral, todos xuntos, ante o goberno de Madrid.
Por aqueles días nin o alcalde nin os do Bloque se decataron de que Elena Espinosa, ministra de Madioambiente, persona á que tería que ser remitida toda a documentación, estuvo no Club Náutico de Aguete, invitada polo “Cachimoro”, fillo do famoso armador de Marín e alto cargo da cadena de televisón Telecinco.
Agora, quince días despois, enterámonos de que a ministra encargada do asunto xa é outra. Chámase Rosa Aguilar, que antes pertencía a Esquerda Unida e agora pasouse ó PSOE. Muller que presume de ecoloxista e defensora de liberar as costas españolas de urbanizacións indeseables e destructoras da paisaxe.
Enterámonos tamén de que Vilaboa e mais o alcalde foron a Santiago, reunirse coa secretaria de ordenación do territorio da Xunta e levaron documentación do Litoral, pero non se acordaron de levar a documentación do PXOM, e os da Xunta dixéronlle: “A onde ides sin papeis? Onde tendes os documentos do PXOM?.
Resulta que eses documentos non os levaron porque hai varios puntos que corrixir e aínda non foron corrixidos, tales coma
-Informe desfavorable de Carreteras do Estado (Ministerio de Fomento).
-Informe desfavorable do Ministerio de Defensa pola alegación da Escola Naval.
-Outros detalles (Ler Diario de Pontevedra do 28 de outubro, que podedes ver a continuación)
Estas cousas andan caladas e non trascenden demasiado para non alarmar ós veciños. O único que os políticos nos contan é que a reunión durou dúas horas, que foi un éxito, e que van sacar o PXOM adiante, salvando as distancias do Litoral.
Pero todos nos facemos as mesma pregunta:
Que PXOM é o que están a defender, se aínda non foi entregado na Xunta a estas alturas da lexislatura?.
Agora ven o mes do Nadal e a partir de xaneiro empeza a campaña electoral. Iso fainos pensar que a nosa corporación non ten interés ningún en sacar adiante este tan discutido PXOM. A filosofía reinante é: “O que veña que arríe”, ou o que é o mesmo: Que o solucionen os que gañen as próximas eleccións.
Mentras tanto van procurar ter enganados ós veciños todo o tempo que poidan, decíndolles que están a traballar no tema, cando a realidade é que non están a facer nada.
Sobre todo no tema dos núcleos do Litoral, onde o BNG atopou un filón por explotar nas vindeiras eleccións.
—————————————-
A estas alturas xa vai sendo hora de que todo o mundo fale clariño no tema de Costas e no tema do PXOM.
Temos que ir facéndonos á idea de que será imposible sacar o PXOM adiante tal e como están as cousas no Litoral.
E os veciños afectados polo Litoral teñen que caer da burra e darse conta de algunhas cousas.
A primeira é que hai casas con reformas importantes que non poderán ser aprobadas se contamos coa “Legalidade absoluta” que lles promete o BNG, xa que, en caso de facerse, incurrirían no mesmo erro que o PP, facendo excepcións caciquiles.
Que nos explique o BNG cómo vai facer para defender os nosos núcleos sin incurrir no que eles denominan “Os erros do PP”. (Ver prensa do22 de setembro deste ano, na que a Táboas se desmarca do seu acordo co PP para defender os núcleos, que publico mais abaixo, nesta mesma entrada)
Como se vai apañar para que o Goberno de España faga “unha excepción” con Loira, Ardán e Aguete, sin incurrir nas inxustas “leis do Pleistoceno” promulgadas polo PP (palabras de Teresa Táboas)
O BNG quere xogar a dúas bandas, pero esa é unha práctica de tramposos.
Xa é hora de que os veciños espabilen e pidan as contas claras. De momento, tanto Julio Santos coma María Ramallo empezan a poñer os pés no chan:
———————————————————–
Vaiamos ás noticias do setembro pasado e observemos a historia rececente:
O día 14 de setembro, o Parlamento da Xunta de Galicia tentou abrir unha nova vía para solucionar o deslinde e legalizar os núcleos de costas, reformando a lei.
Os socialistas votaron en contra porque consideraron que esta era unha estratexia do PP para “Privatizar” o Litoral.
O BNG votou a favor e, aínda que Teresa Táboas criticou as formas do PP acusando a estes de cínicos porque aprobaban isto en Galicia pero non se atrevían a levar o tema ó Congreso dos Deputados de Madrid, Os do Bloque aliaronse cos do PP para sacar adiante esta Lei.
O día 15 de setembro pudemos ler na Voz de Galicia unhas noticias que parecían esperanzadoras :
“PP y BNG se alían para reclamar que se legalicen los núcleos del litoral”
Parecía que por fin se esquecían os egoísmos partidistas para loitar por unha causa.
Como podedes ler nestes recortes de prensa, xa daquela nos decían que a Xunta iba loitar unida co Concello de Marín para pedir todos xuntos en Madrid a legalización dos núcleos do litoral, aínda que o concello non tiña o informe de Costas:
—————————————–
Pero durou pouco o consenso.
Na sesión parlamentaria había veciños presenciando as votacións e o BNG quería quedar ben. O que parecía un acto de xenerosidade pola súa parte, non era mais ca unha estratexia electoral mais para enganar ós veciños afectados.
Ó cabo dunha semana, aproveitando que non había público que presenciara o acto, o BNG retiroulle o seu apoio ó PP por considerar que esta iniciativa “é propia do pleistoceno, xa que pretende legalizar o ilegalizable”. (Palabras textuais de Teresa Táboas que podedes ler nos recortes de prensa)
Cales son as pretensións do BNG?
Cal é a súa proposta para solucionar o problema litoral?
Cal é a súa estratexia para que o Goberno de Madrid faga unha excepción con Loira, Ardán e Aguete, e deixe atrás outras peticións feitas por tantos outros concellos de España?
Como vai demostrar o BNG que TODAS as casas que se pretenden legalizar no concello de Marín cumplen os requisitos esixidos por Costas, sin ter en conta o que o BNG denomina “propostas do pleistoceno” que propón o PP?
Como vos dixen antes, todo fai supoñer que o BNG trata de xogar a dúas bandas, coma os tramposos. Acusa de cinismo ó PP porque non se vai atrever a facer unha proposta en Madrid, e cando ve que si, que o PP se atreve, entón desmárcase e apártase por medo ós ecoloxistas e ás esquerdas españolas.
Estas é a maneira coa que o BNG defende ós veciños do litoral.








Escrito por breaseixo 




































Loira es uno de los núcleos del Litoral de Marín más grandes afectados por la ley de Costas












