Sábado 13 de Nadal, día de Santa Lucía.
Señor alcalde: a vista é importantísima, pero a “claridade” é esencial para o cargo que vostede ocupa. Refírome á claridade de ideas, claro.
Os ollos sirven para ver, para mirar, para contemplar un panorama. Pero a claridade ven de mais adentro, alá do fondo.
San Agustín escribeu que hai que manter ben abertos os ollos do corazón. Moito mais tarde, Antoine de Saint Exupery, copioulle a idea e escribeu “Somentes se ve ben co corazón, o esencial é invisible para os ollos”. (O principiño).
Alcalde, nós, sinceiramente, desexámoslle unha boa vista, pero ansiamos que algún día acade a claridade, esa que sae de dentro.
E como todo se sabe, hoxe, os rumores que circulaban por Seixo decían que algúns concelleiros, deses que se teñen por progresistas, onte estaban a rezar para que chovera. Proviños…que cortos de miras, precisamente no día de Sta Lucía.
A xente que veu á manifestación, moita ou pouca, según se mire, viría igual se chovera ou ventara.
Afortunadamente, a chuvia respetounos. sabedes por que?
Porque Deus non escoita as oracións dos fariseos. Deus prefere un ateo sincero a un falso progresista. Oístes, bloquistas de Santomé?. Non importa que a vosa iglesia sexa do século XII. Non importa que teñades cura con voz e voto no partido. Non importa que ateos de toda a vida estean agora reconvertidos e leven flores a María. Simplemente… non choveu. E se chovera daba o mesmo. Capicci?.
Nos próximos días vou publicar unhas cantas fotos que fixo Silvia, unha “urbanita de Marín” que nos quere ben ós do rural. Hoxe aínda non as teño. Tamén imos colgar o vídeo.
De momento vou poñer as noticias da prensa para que a xente que está lonxe poida saber cómo foi a manifestación.
Unha cousa curiosa que vos vai sorprender:
A xente que andaba polas rúas de Marín parábase a mirar a manifestación e preguntaba por que se facía, preguntaba que era iso dos micropolígonos e preguntaba onde está A Brea. Non teñen nin idea a maioría dos marinenses da realidade que os rodea e que tanto lles vai afectar. E que non len a prensa?. Porque mira que ultimamente os noticieiros non paran de falar de nós.
En fin, Marín, pobo anestesiado.
Quero mandar unha aperta moi forte para Armando, Mª José, Lola e familia, que non puderon vir á manifestación porque asistiron ó enterro dun familiar.
Nos nosos corazóns estaban os homes do mar e tamén Erasmo, en Madrid, e todos os amigos de Euskadi, Barcelona, París, Suiza e argentina.
Gracias e parabéns a todos
breaseixo
————————————————————
La Voz de Galicia


—————————————————–


—————————————————-


—————————————————————
Manifesto:
Permitirme que escomence esta lectura con unha pregunta:
Se alguén dos eiqui presentes aspirara a funcionario/a do concello de Marín e nas probas de exame contestara que as praias Area da Illa e A Dreira pertecen ao municipio de Marín, qué puntuación recibiría do tribunal?, se a continuación engadira: O municipio de Marín conta con 36,7 km2 de superfecie, que se distribúen entre unha parte continental e a illa de Tambo, de 28,7 Ha., cál sería a decisión final do tribunal sobre a aptitude deste soposto aspirante para traballar no noso concello?; sería un cate máis grande co monte das Penizas, e todos estaríamos de acordo, pois ese aspirante a funcionario non ten nen idea da xeografía do noso concello.
Pois ben, ese mesmo tribunal daríalle un suspenso coma o monte das Penizas ao equipo redactor do PXOM de Marín por poñer exactamente iso mesmo no Informe de Sostenibilidade Ambiental (ISA); e daríalle o mesmo suspenso con orellas de burro máis grandes co mote Ghaghan aos concelleiros/ras do PSOE e do Bloque por darlle o visto bo e sacalo a exposición pública.
Ainda asi, nós e todas as persoas sensatas de Marín entendemos que un bo planeamento urbanístico é necesario e imprescindible para o desenvolvemento harmónico do Concello; todos entendemos tamén das dificultades que entraña a súa elaboración nunha sociedade coma a nosa, onde a propiedade do chan está tan repartida; polo que todas as persoas sensatas deste concello concebíamos o diálogo como arma fundamental para a elaboración deste PXOM.
Ese diálogo era o compromiso da maioría da anterior corporación, quen nos dixo que esperaramos á exposición inicial, que presentaramos alegacións e en base a estas entablaríase o diálogo cos veciños para acadar o mellor PXOM posible.
A estas alturas podemos comprobar e confirmar que o diálogo brillou pola súa ausencia. O actúal equipo de goberno rompeu o consenso na propia corporación municipal; tanto o PSOE coma o BNG, nunha actitude de prepotencia, impropia dun sistema democrático, negáronse a consensuar coa oposición o documento de máis transcendencia que pode aprobar unha corporación municipal.
¿Cómo é posible que o grupo de goberno, que ten o 44,41% dos votos, menosprecie á oposición que suman o 43,69%?
Veciñas e veciños, destes prantexamentos antidemocráticos nace este plan de urbanismo caprichoso e partidista, que, nalgúns dos aspectos máis importantes, é pura retórica virtual que non prantexa nengunha solución á problemática que temos; un plan de urbanismo que nen o BNG nen o PSOE traballaron diante da Xunta de Galicia para que as necesidades das veciñas e veciños de Marín se miraran satisfeitas a través deste documento.
Estamos diante dun plan de ordenación que no apartado industrial-empresarial non só non ordena nada, senón que mantén o desorden actúal; facendo micropolígonos á carta (Vista Alegre, Macenlle) para que algúns empresarios solucionen o seu problema; ¿ónde está o chan industrial que precisa neste momento Marín?. ¡Nen os propios redactores do plan se atreven a poñerlle data á realización e execución dese chan industrial!
Pero si que se contempla a posibilidade de que, se for preciso, o Espazo Metropolitano Vigo-Pontevedra poida situar no termo municipal de Marín unha área estratéxica para actividades empresariais e loxísticas.
¿Podemos decir que se ordena o territorio calificando como chan empresarial a mellor zona que ten a parroquia de Seixo para a súa expansión, posto que cara ó litoral non pode facelo, como eles mesmos recoñencen?, ¿E que decir de que o equipo de goberno xa tivo contactos cunha multinacional da alimentación e o bricolaxe para poñer ese chan á súa disposición?. Pregúntamonos nós, o BNG e o PSOE para quén están facendo o PXOM?
A estas alturas estamos plenamente convencidos que os micropolígonos de Macenlle e o da Brea son un intercambio de cromos entre o Bloque e o PSOE: se ti me deixas facer este, eu déixoche facer o teu, esta frase resume a filosofía na que se basou este equipo de goberno para elaborar este PXOM que agora está exposto.
Un plan de urbanismo é un documento que hai que pelexar diante e en cada unha das institucións para plasmar as solucións que demandan os veciños ás súas necesidades. Nada disto fixo este equipo de goberno, que asumiron mansamente as directrices das consellerías e plasmáronas, indo, en algúns casos, moito máis alá do que a propia consellería tiña aceptado. Un exemplo disto é a delimitación dos núcleos rurais; a Consellería de Política Territorial tiña recoñecidos sete nucleos rurais en Marín, o de Casás en Ardán agora ten menos extensión que no documento xa aceptado no seu día pola Consellería.
¡O Bloque e o PSOE queren que abandonemos o rural!
Estamos diante dun planeamento urbanístico que se está tramitando e usando duhan forma partidista descarada; non lles importan as necesidades veciñais que ten que solicionar o plan; ao Bloque e ao PSOE tan só lles importa os votos que poden sacar á conta destas necesidades.
En pleno proceso de elaboración do PXOM, e xa na última fase, a conto de que ven anunciar un Plan Sectorial de vivendas sociais á marxe de todo este traballo urbanístico?
Está visto que o único obxectivo que persigue o equipo de goberno é xogar electoralmente co dereito que temos os veciños e veciñas a que se nos facilite vivenda digna e de calidade.
Se lemos con un mínimo de atención o documento que sacaron a exposición pública, xa se contempla nel o doble de superficie para a contrucción de vivendas sociais ca no Plan Sectorial. Ademais, están regularmente distribuídas por todo o chan urbano do concello, integradas coas demais vivendas, non agrupadas nunha illa que no futuro pode ser motivo de problemas.
Veciñas e veciños; a deixadez e falta de interés que puseron neste traballo o PSOE e o BLOQUE son deficilmente superables. Podemos comprobar isto que acabo de decir lendo na páxina 111 do ISA, onde xustifican o Plan Director de Portos Deportivos que pretende ampliar o porto de Aguete.
Estas prevesións para o porto de Aguete foron contundentemente rechazadas polos veciños, e hai un posicionamento oficial do concello de Marín solicitando que se retire dese Plan esas obras previstas en Aguete, pois, de levarense a cabo, a praia de Aguete desaparecería.
Despois de ler isto, qué garantía hai de que este equipo de goberno manteña os compromisos adquiridos cos veciños, incluso a través de acordos plenarios?
Qué garantía hai de que a moción aprobada por unanimidade contra o Plan Íntegra (que, por certo, dende a Pardavila a Miñán desintegra todo), repito, que garantía hai de que sexa respectada?
Parafraseando a Bob Dylan, con este equipo de goberno a resposta está no vento. Pero nós seguiremos pelexando con todos os medios ao noso alcance para lograr que as nosas peticións sexan atendidas.
Para rematar, permetirme que retome de novo o ISA no punto que nos explica o seu alcance e contido:
No cadro 1-2 podemos ler:
VARIABLE…….Sociedade
CRITERIO……Fomentar a participación cidadá na toma de decisións do Concello.
NIVEL DE DETALLE…..Favorecer a participación nos procesos de planificación urbanística e toma de decisións que máis afecten á cidadanía…
¡Non cabe a menor dúbida de que non leron absolutamente nada do que aprobaron para expoñer!
Xa poño fin a este escrito decindo o que todos os presentes sabemos:
A lectura pon coto á ignorancia, pero os nosos gobernantes prefieren a ignorancia á lectura.