O Colectivo Nacionalista de Marín, nada ten que ver na actualidade co BNG.
Está formado por persoas nacionalistas, desencantadas co rumbo que tomou o BNG nos últimos anos, dende que perdeu o seu Norte.
Este colectivo, aínda que non participa activamente na política do Concello, fai un encomiable traballo de denuncia e de información que os veciñ@s agradecemos.
Foron dos primeiros en denunciar públicamente a aberración que supoñían os polígonos da Brea e mais o de Monte Pituco.
Foron os primeiros en denunciar a política de privatización que fixo o BNG na recollida do lixo e no parque multiaventura de Cadro.
Foron os primeiros en poñer en coñecemento dos veciños a barbaridade que estivo a punto de cometer o Bipartito da Xunta con ducias de casas na estrada da Pardavila, se levaran a cabo o Plan Vigo Íntegra, coa complicidade do concelleiro Vilaboa e a concelleira Pilar Blanco, que tiñan o proxecto agochado e non o expuxeron ó público para que os veciños non se enteraran.
Foron os que denunciaron ó concello polas infraccións cometidas no río Lameira, e esta denuncia truxo consigo unha sanción para a Ecoconcelleira de medioambiente, Pilar Blanco.
Agora, coa polémica que temos pola lei de Augas da Xunta, tamén eles queren lanzar unha mensaxe ós medios de comunicación para que os veciños seamos conscientes.
AOS MEIOS DE COMUNICACIÓN
A Lei de Augas de Galiza abre a vía á privatización da auga.
Consideramos que o debate sobre a recentemente aprobada Lei de Augas de Galiza estase levando pola vía do enfrontamento preelectoral entre os partidos políticos. É necesaria unha análise que se desmarque desta pelexa que non fai máis que confundir á opinión pública sobre as verdadeiras repercusións da lei e sobre as responsabilidades presentes e futuras dos partidos e as distintas administracións que a van aplicar. O PP e o BNG están explicando a lei de xeito oportunista coa única finalidade de pescar votos en augas turbulentas, e creando falsas expectativas.
A aprobación da Lei de Augas supón unha nova aplicación do dogma neoliberal e abre o camiño á privatización de todas as augas de Galiza. Fixa un prezo mediante un canon a toda a auga que se consuma, a maiores do que pagamos hoxe en día polo subministro das traídas dos concellos.
A Lei entrégalle a Augas de Galicia, un organismo que pasa a transformarse nunha sociedade anónima, a xestión do subministro, obras hidráulicas e planificación de todo o que teña que ver coa auga en Galiza, así como a xestión en materia tributaria. A Auga deixa de ser un ben universal xestionado polo goberno galego para ser xestionado de xeito empresarial e un prezo marcado polas leis do libre mercado.
Con esta lei a Xunta renuncia a unha competencia traspasada polo goberno central para lla dar a unha empresa, retirándolle ademais ao parlamento o control efectivo de Augas de Galicia sendo o Consello de Contas o que pase a controlar o organismo até agora público.
O goberno do PP vai un paso máis alá na directiva comunitaria e abre a porta á futura privatización de Augas de Galicia. Como aconteceu con outras empresas públicas como Telefónica ou como está pasando con Correos (proceso iniciado polo sr. Feijoo cando estaba por alí), pódese transformar nunha empresa mixta ou totalmente privada. Deste xeito unha competencia autonómica e un servizo público, as obras de infraestruturas, o cobro do canon, etc., pasaría a estar xestionado por unha empresa privada.
Esta lei afecta non só o rural, aféctanos a tod@s @s consumidores/as. A lei define como usuarios a todas as persoas físicas, xurídicas ou entidades que consuman auga. Iso é o que di o texto da lei, se despois e por estar as portas dunhas eleccións o conselleiro di que a algúns non se lles vai cobrar haberá que velo, tendo en conta que vai ser a empresa Augas de Galicia a encargada de facelo.
O canon que se nos vai cobrar é un imposto a maiores de outras taxas ou impostos que xa se están cobrando, engadirase a maiores no recibo que xa se cobra polos concellos, e no caso de captacións particulares será Augas de Galicia a que emita o recibo. Polo tanto o importe do canon hai que sumalo ao recibo que xa estamos pagando. A bonificación do 50% para as familias numerosas non vai supoñer que deixen de pagar unha cantidade considerábel, xa que estas familias son as que máis consumen e o importe calcúlase por número de persoas que viven na vivenda.
Tamén se nos está vender por parte da Xunta a exención do canon para os usos agrícolas, cando na propia lei a este respecto di que os usos agrícolas, forestais e
gandeiros non estarán suxeitos ao pago do canón sempre que non exista contaminación por fertilizantes, pesticidas ou materia orgánica. Xa que logo, podemos tirar como conclusión que serán moi poucos os que van estar exentos se non teñen un sistema de depuración propia, que é o habitual no rural.
Como afectará o canon ás vivendas
· Todas as vivendas terán que pagar o canon da auga, sexa traída municipal, da comunidade de veciños/as ou particular; proceda da choiva, de pozo, de manancial.
· No caso de traídas municipais ou de empresa subministradora, pagarase a maiores o prezo do subministro e o da depuración, é dicir que ao recibo mensual que pagamos hai que sumarlle o canon.
· As familias numerosas terán un desconto do 50%
O canon que se cobrará pola auga componse dunha parte fixa e unha variábel
· A parte fixa ten un importe de 1,50€ por persoa residente na vivenda.
· A parte variábel calcúlase en función de tramos de consumo.
Tramos de consumo
De 0 a 2 m3 0,00 €/m3
De 2 a 4 m3 0,28 €/m3
De 4 a 8 m3 0,36 €/m3
Máis de 8 m3 0,41 €/m3
A lei de augas estima que o número mínimo de habitantes nunha vivenda é de 3 persoas, salvo proba en contrario (Art. 52. 4). O consumo medio por persoa en Galiza é de 4,29 m3/mes (datos do Instituto Nacional de Estatística).
Estimación do importe mensual do canon
Vivenda 1 persoa
Vivenda de 3 persoas
Parte fixa 1,50 € mes
Variábel 0,36 x 4,29 =1,54 € mes
Total a pagar: 3,04 € mes
Parte fixa 1,50€ x 3 persoas= 4,50€
Variábel 12,87 m3 consumo x 0,41= 5,28€
(vivenda dunha persoa= 3’04 € Vivenda de tres persoas=9’78 €)
Estes importes sumaranse ao recibo mensual que pagamos pola auga!
O coeficiente de vertedura
· Será de aplicación aos mesmos suxeitos pasivos do canon de augas, que vertan a
un sistema de depuración. O coeficiente de vertedura será a maiores do canon da auga e farase nos mesmos termos que este. As fosas sépticas verteranse en depuradoras e pagarase o coeficiente de vertedura.
Marín, 25 de febreiro de 2011
Colectivo Nacionalista de Marín
————————————–
O Colectivo Nacionalista di que os pozos e traídas particulares van pagar canon.
A Xunta de Galicia di que Non.
En canto á traída de augas do concello, esa que leva pagando un canon dende sempre, vou amosar dous recibos de auga do mes de xaneiro.
O primeiro é dunha vivenda dunha sola persoa que, ademais está pechada e non se abreu un solo grifo en mais dun ano. Aquí o único que consta é o canon actual, o que xa existía dende sempre e que hai que pagar aínda que non se consuma auga =3’60 mais 0’29 de IVE. Ademais paga a mesma cantidade unha vivenda dunha soa persoa ca unha de familia numerosa.
Agora o recibo dunha vivenda de cinco persoas
O novo canon non será a maiores do canon actual, senón que o sustituirá.
Estes 3’60 € que figuran nos recibos actuales, desaparecerán e serán sustituidos polo novo canon.


Escrito por breaseixo 





















