Benditos Frikis

enero 25, 2010

Benditos frikis porque eles nunca causarán unha guerra.

Eu teño unha pequena recomendación para todos aqueles de vós que nun futuro aspirades a ser miembros ou “miembras” dun equipo de goberno:
Cando teñades que poñerlle nome a unha rúa, non busquedes personaxes ou personaxas ilustres, non busquedes intelectuais nin políticos nin militares nin nobles.
Buscade algún friki apreciado polos veciños.
Aquí en Seixo sin ir mais lonxe, temos a “Plaza de John Balan”
En Castro está a “Avenida José Limón”
En Ardán teñen a “rúa de Palmás”
A ninguén se lle ocurrirá nunca, polos séculos dos séculos cambiarlle o nome a estas rúas, a menos que teñamos unha revolución cultural (cousa bastante improbable).
Os frikis é o que teñen, que son eternos. Sonlle simpáticos ó pobo e non molestan nin ós de dereitas nin os de esquerdas nin ós mediopensionistas.
Benditos frikis que nunca serán susceptibles de ser manipulados por intereses políticos.

A historia do cambio de nome da rúa Jaime Janer xa vola contei no pleno de xaneiro.  Resumindo a grandes rasgos, a cousa foi así:
Todo empezou co cambio de nome da rúa Calvo Sotelo. Estaba claro que todos querían un nome de muller porque en Marín aínda non hai ningunha. O CIM e mais Isabel M. Epifanio propoñían que se chamara “Concepción Arenal ” por ser unha persoa que loitou pola igualdade entre homes e mulleres e reivindicou o dereito á Educación.
Pero a Esther Crespo, concelleira de cultura, non lle gustaba que a primeira muller con placa en Marín fora “castellanohablante”. Era quería unha que fora “galegofalante”, así que que se empeñou en que tiña que ser Rosalía.
Eu penso que se a oposición  tivera proposto Rosalía en vez de Concepción, Esther negaríase porque a poetisa era filla dun cura e os novos ventos que soplan na política esixen laicidade. O caso é levar a contraria.
Total que como o CIM tiña mais votos pero esther tiña o típico “capricho autoritario”,  chamou ó primo de Zumosol, alias Muradas, para que arreglara a cousa nun plis-plas.
Chegou o susodito á reunión da comisión para poñer orden, pero como a maioría partidaria de Concepción non cedía, aquilo xa estaba durando sete ou oito minutos e a Muradas facíaselle tarde para o seu paseo diario polas rúas de Marín,  cortou polo san e dixo: “Pues Calvo Sotelo para la Concepción esa y cojemos Jaime Janer para Rosalía. Todos contentos y yo me marcho que tengo prisa”
Así foi como Jaime Janer perdeu os seus honores para deixarlle o sitio a Rosalía. Foi un caso de exaculación precoz (metaforicamente, claro) Probe Rosalía. Nunca deixará de  sufrir.


Estes son os efectos retardados, as noticias aparecidas na prensa, por orden cronolóxico:


Faro de Vigo.

Domingo 24 de xaneiro de 2010


Luz e progreso en todas partes… pero
as dudas nos corazóns,
e bágoas que un non sabe por que corren,
e dores que un non sabe por que son.

Rosalía de Castro


Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.