Entroido en Seixo

marzo 9, 2011

 

O Grupo Cultural Ronsel invítavos a todos e a todas ó desfile de entroido que se vai celebrar en Seixo o sábado 12 de marzo a partir das cinco da tarde.

Quere Ronsel facer unha homenaxe laudatoria a este marabilloso animal ó que tanto lle debemos tod@s.

No cartel non especifica nada, pero eu penso que podedes traer calquera tipo de disfraz, aínda que serán moi valorados os relativos á fauna e flora da nosa terra, ou o que é o mesmo: os ECO- disfraces.

Solamente un favor se vos pide: que non veñades ataviados cos mandiles reivindicativos do día da muller traballadora. Non é por censurar, simplemente, non debemos mesturar reivindicacións. Mais que nada porque nos podemos atopar unhas tixeiras xigantes en calquera esquina.

Acudide, vai ser parrandeiro.

O  que queira filloas que as traia da casa.

(Os comentarios son meus, eximo a Ronsel de toda responsabilidade. Eles sólo me mandaron o cartel)

 


Conversas con Erasmo

junio 2, 2010

Tes preguntas que facer?…   Agora podes expresarte.
Este venres Erasmo vai estar no Ateneo Santa Cecilia en vivo e en directo
Luis Carlos Grandal Seco vai  falar sobre a crisis e outras moitas cousas mais…
A Charla coloquio comezará ás oito e media da tarde.
Non se sabe cando rematará porque Erasmo ten corda para rato…
Nós escoitaremos o que el nos diga. Despois preguntaremos o que faga falta.


Actividade cultural na Biblioteca de Marín

mayo 14, 2010

Moi interesante e recomendable esta proxección que se vai facer na Biblioteca de Marín. Coa presenza da actriz Mabel Rivera

Asistide!

Facede clic en:

O SALARIO DO SILENCIO

Ronsel

Agrupación Cultural Almuinha


Aviso

diciembre 19, 2008

Mañá,sábado, día 20 de Nadal, os veciños afectados polo Polígono da Brea  imos ter unha xuntanza na Casa de Cultura de Seixo, ás 7 da tarde

Temos que falar das alegacións que imos presentar no Concello.

Traede a fotocopia do DNI

Saudiños


Aviso

diciembre 9, 2008

Imos alá

yo-voy-a-la-manifa1

Amigos, veciños e simpatizantes:

O venres día 12 de decembro hai pleno no concello de Marín ás 8 da tarde.
O sabado día 13 de novembro hai unha manifestación que vai partir ás 17:00 horas da alameda e acabará diante do Concello.
O lema da manifestación é “Non a un PXOM caprichoso” e está organizada polos colectivos:
Plataforma contra o Vigo Íntegra.
Colectivo da Brea. Plataformas de Macenlle e Vista Alegre e Plataforma dos núcleos do rural.

Chegounos a resposta solidaria de:
Colectivo nacionalista de Marín. Asociación Cultural Ronsel.-
A.V. de Seixo.
- . -A.V. Monte Castelo (Ardán).-A. V. O Tombo (Ardán)
- A.V. do Camiño de Aguete. -ANPA do colexio de Seixo. A.V. de Vista Alegre.
Comunidade de montes de San Xulián.- Comunidade de montes de Pastoriza.

É importante que acudamos todos.
Agora é o momento de expresarnos.
Nós temos a voz e o voto.
Podemos!
Imos alá…

O primeiro que miro cando levanto a persiana pola mañá é esta paisaxe. Respiro fondo e dou gracias. Non quero que iso cambie.

brea1Eu vou por ti, Brea. E que Berobreo nos acompañe.


Aviso

diciembre 3, 2008

Mañan venres ás 9 da mañá hai pleno extraordinario.

Os da Brea estaremos alá.

Ah!, por certo… contra o PSOE… PREVENTOL… é unha nova medicina que recomenda Marilus.  Ideal para as enfermedades infecciosas.



Aviso

octubre 17, 2008

Amigos, veciños e simpatizantes:

Mañá sábado, ás sete da tarde, imos ter unha reunión na casa de cultura de Seixo, para falar do PXOM. Acudide


Aviso

octubre 12, 2008

Amigos, veciños e simpatizantes:

Mañá martes ás 12 do mediodía, vai haber un pleno extraordinario onde se vai decidir o futuro de Marín.
O noso e mais o voso, dos meus e dos teus fillos.
Non é broma.
Sé responsable. Non consintas aberracións que impidan o progreso do noso pobo
¡Acude! ¡Berra! ¡Esixe responsabilidade a quen votache! ¡Maniféstate!
¡Actúa xa!

breaseixo


Aviso

octubre 9, 2008

Amigos, veciños e simpatizantes:

Mañá, venres as 8 da tarde hay pleno no Concello de Marín
Ali estaremos os de sempre para reclamar o de sempre

¡Polígono na Brea NON!
¡¡PSOE BNG, Rectificade xa!!

Saúdos para todos


Méndez Ferrín di

septiembre 24, 2008

Se mirades a “Quinta concentración”, neste mesmo blog, hai varias mensaxes nas que Gandalf, Erasmo e breaseixo, expoñen as súas opinións, dudas e temores sobre o proceso electoral.
Este artigo de Mendez Ferrín, publicado no Faro de Vigo, tal vez nos axude a reflexionar sobre o tema. Adícollo a Gandalf, e a ver qué opina.
Gandalf, o loitador da Terra Media, ese paraíso que todos soñamos.
É unha pena que Golun mande no Concello de Marín. A ver quen se atreve a quitarlle o anel.

breaserixo

Faro de Vigo, 15 de setembro de 2008

O atraso político de Galicia

XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN

Nos parlamentos autónomos de Cataluña e de Euskadi están presentes non sei se cinco ou seis formacións políticas. E isto ocorre en dúas das que oficialmente son chamadas “nacionalidades históricas” e que na práctica real, oral e escrita, ninguén chama así. Nas cámaras autonómicas definidas como rexionais, digamos Navarra ou Madrid, tamén hai pluralismo parlamentario. Pola contra, no Hórreo de Compostela non sentan máis ca tres partidos políticos, como é ben sabido: dous formando goberno de coalición e un na oposición. É a isto o que lle chamamos “o atraso económico de Galicia” modificando unha migalla un título famoso e fundacional de Xosé Manuel Beiras.
No parlamento de Galicia, no que non reside a Soberanía Nacional e no que as leis son só textos que deben regular as leis do Reino, o peso de oposición recai unicamente nun partido, de dereita e sucursalista. Os partidos coaligados que exercen o poder autonómico presentanse como progresistas; un, tamén sucursalista e outro nacionalista. Co cal ocorre que San Caetano é Monte Pío non reciben outra crítica nin outro estímulo parlamentario ca os procedentes da dereita. Dunha dereita de cultura franquista e enfaticamente contra-nacionalista. Dado que Rosa Díaz pode chegar a ter representantes no parlamento galego, faise máis necesario ca nunca o ouvir no Hórreo voces que, desde a esquerda e o nacionalismo, sexan oposición e que, coma tal, critiquen e estimulen un goberno que, despois das próximas eleccións, repita hipoteticamente a coalición pos-electoral que está a punto de extinguir o seu mandato. Tamén en hipotese, considero, desde o meu ángulo de preferencias, que outro ou outros partidos ou frontes de esquerda e nacionalistas entren a formar parte do futuro goberno autonómico de Galicia. Isto último pode semellar difícil pero a realidade da ACE de Cangas pode ser un aviso de que tal aspiración non constitúe un horizonte utópico ou inacadábel.
Non creo que haxa en Galicia “dous gobernos” e miro un só ánimo político moi ben solidificado. Polo tanto a opinión de masas que expresa cada día a súa decepción (“desencanto”, dixo un día Hato Tecglen, non sei se se recordan) en materia de administración territorial, urbanística, ecolóxica, social, cultural, lingüística, debería organizarse electoralmente en lugar de dirixir os seus votos, segundo o principio do mal menor, ao sucursalismo que se presenta como progresismo e ao nacionalismo non independentista. Claro que Galicia está a venderse, e as amósegas de que isto é así son as que o goberno autonómico nos pón perante os ollos co plan acuícola, coa continuidade da predación da lousa e do granito (son patrimonio do pobo galego) e coa almoneda ecandalosa da concesión de muíños eólicos cuxa imaxe é hogano a do coloniañismo que un día representou o asolagamento dos nosos (de todo o pobo) vales e o levantamento dos encoros de Barrié de la Maza. Os movementos de defensa da Terra e a esquerda obreira xenuína e os que combaten con sinceridade pola permanencia do idioma terán que escoller entre ter representantes na cámara lexislativa autonómica (ou no goberno) ou ben perder en presencia pública. O atraso político de Galicia debe ser forzado avante; é o que penso eu.


Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.