Amig@s, ante todo Comprensión
Ainda que non nos gusta nada o pranto porque ao chorar todo son mocos, debemos ser considerados e comprensivos co alcalde.
Sabemos que está en proceso de divorcio e iso é moi duro.
E mira que lle avisamos
-Fran que por ahí vas mal. Fran que estes sólo te queren por comenencia. Fran que te van deixar tirado. Fran que che están a ser infieles e que che sisan nas facturas. Fran que xa teñen un pisito para escapar da casa conxugal, perdón, Consistorial.
“Fran que te pierdes”
Pero el coma se nada, sentindose o rei do mundo, coma Leonardo Di Caprio no Titanic, berrando ós catro ventos o seu amor polo Bloque e perdonando todo o que se podía perdonar e mais o que non.
Agora resulta que os do bloque andan a publicar e facer exclusivas nas revistas, decindo que Fran, coma marido non sirve para nada, e que aqui os únicos que valen son eles. Unha traición que o alcalde non esperaba.
Aínda que todo Marín sabe que o Bloque é “moi puta”, aínda que todo o mundo lle dicía a Fran que estaba moi mal maridado e aínda que a xente sabía que mais tarde ou mais cedo a infidelidade tiña que chegar, isto non é consolo suficiente, e o tráfico de Cleenex dende a mesa da secretaria ata a mesa do alcalde é incesante.
E para colmo das desdichas, que as desgrazas nunca veñen solas, o asunto ese das beirarrúas de Seixo. Que polo visto a Xunta de Galicia no conta con el para nada e xa nin o chaman, nin lle escriben, nin lle mandan SMS.
O alcalde está solo co seu mal de amores, e nós debemos ser comprensivos.
Eu, coma muller de mar e coma muller que xa ten unha edade, sei que padecer mal de amores é algo parecido a ir en barco e marearse. Ti estás que te sintes morrer, e a xente que te rodea non che fai nin caso.
Tende pacencia, pídevolo breaseixo
——————————
————————–
Como sabedes, a reparación das aceras de Seixo, é un tema que leva mais de vinte anos agardándose.
Durante o mandato de Toneco foi cando os veciños mais presionamos para pedirlle ó concello que xa estaba ben, que Seixo non podía agardar mais e que as nosas beirarrúas non había por onde collelas nin por onde pisalas.
A resposta sempre era “La Avenida DR. Otero Ulloa pertenece a la Xunta y es la Xunta quien tiene que arreglarla”, esa frase iba acompañada dun xesto que significaba lavado de mans.
Ignoramos se daquela o Concello de Marín fixo xestións na Xunta de Fraga para pedir as nosas beirarrúas, porque nunca se nos deron explicacións. Iso si, cada vez que había eleccións todos os partidos prometian.
O caso é que, por algunha extraña razón o Bipartito da Xunta acordou que si, que Seixo merecía beirarrúas novas. Tal vez Fran Veiga, aconsellado por Benito González, decideu facer as xestións oportunas.
Adxudicáronlle a obra a unha empresa amiga do PSOE chamada TECONSA.
Esta empresa colleu os cartos e votou a correr, deixou unha subcontrata, e despois veu unha subcontrata da subcontrata…en total dous obreiros, un deles portugués e outro español, que a maioría do tempo non podían desempeñar o seu traballo porque non tiñan material.
Despois de moitos meses de protestas veciñais, de obreros que non podían traballar e de que a cousa xa tiraba nin a diante nina atras, e xa con mando do PP na Xunta, tomaron a decisión de mandar ó carallo o contrato con TECONSA, facer unha nova exposición pública da adxudicación da obra e contratar a outra empresa. Mentras tanto taparon como puderon os socabóns que fixeran os outros.
Isto provocou as iras do alcalde, firme defensor de TECONSA, a pesar de que esta empresa mandou ós seus traballadores ó paro, declarouse insolvente e estafou á Xunta.
O alcalde fixo declaracións na prensa decindo que estaba preocupado polo retraso que iban sufrir as aceras en Seixo e porque non quería que a Xunta contratara outra empresa “Afin ó PP”
Nos últimos días, os veciños respiraron aliviados. A Xunta declarou estas “putas obras”de carácter urxente e parece ser que se van continuar inmadiatamente.
Quéixase o alcalde porque non o chamaron.
Respóndelle a Xunta que xa o chamarán cando se inauguren.
Opinan uns veciños que tanto ten e que non lles importa o protocolo, o caso é que acaben coas aceras dunha “puta vez”.
Opinan outros veciños que cando estaba o Bipartito na Xunta, o alcalde viña pouco por aqui, que sólo viña Benito González, concelleiro encargado de falar cos técnicos. E a que ven agora tanto interés en vir controlar. Que non é por non vir, que se quere vir que veña, pero vir por vir é tontería.
Aqui vos poño unha foto onde aparece o concelleiro pero non se ve ao alcalde por ningunha parte. Será que daquela as eleccións estaban lonxe. Se algún de vós quere demostrar o contrario e quere aportar fotos, aqui serán admitidas e publicadas.

Para mais información buscade “o último culebrón” e mais “Bieito ou Benito that is the cuestion”
————————————————————-
Quince días despois, Antonio Conde, presidente da Asoc. de Veciños Río Loira fai as seguintes declaracións:









Escrito por breaseixo 






