A outra cara do progreso

Noviembre 24, 2008

“… en tanto que los colonos destrozaban la selva construyendo la obra maestra del hombre civilizado: El desierto”
pgna 60 de “un viejo que leía novelas de amor”
Luis Sepúlveda

—————————————————————-

Este tipo de noticias sempre salen nos recuadros pequeniños dos periódicos, pouca xente lles presta atención:

impacto-negativo-del-parque-del-morrazo

porque o que mais importa pasa desapercibido…

———————————————————————————

Isto mandoumo o Colectivo Nacionalista de marín:

Xuntanza encol do parque industrial do Morrazo

Bueno parece que a nota pegou bastante ben, saiu ata no País, e no Faro de Morrazo incluso puxeron unha das fotomontaxes que enviamos.
Agora a traballar nas alegacións.
Por certo, eu non caia, pero no Documento de Referencia da Xunta non aparece que se recolleran os comentarios/alegacións que presentaron Anduxía e Foro Social ao Documento de Inico. ¿No é irregular? xa queno caso do Plan Director de Portos Deportivos si apareciamos reflexados.
saudos a todos

http://colectivonacionalista.wordpress

Fotomontaxe

redimensionado


———————————————————————————————————-

—————————————————————————————-

——————————————————————————————-

Ventana sobre la utopía

Ella está en el horizonte -dice Fernando Birri-. Me acerco dos pasos, ella se aleja dos pasos. Camino diez pasos y el horizonte se corre diez pasos más allá. Por mucho que yo camine, nunca la alcanzaré. ¿Para que sirve la utopía? Para eso sirve: para caminar.
E. Galeano

As nosas utopías

Que sería de nós sin a utopía?. Que sería de nós se non existiran estes locos idealistas que sempre van un paso mais adiante?
Eles son os que levan os paus, os sinalados polo dedo acusador, os malditos.
E nós detrás, a disfrutar do pragmatismo cómodo, da doble moral.
Esta xente está a mollarse por todos. Saben que non van recibir medallas. saben que non van cambiar o mundo, pero teñen clara unha cousa: non van permitir que o mundo os cambie a eles.
Dende A Brea, dende Marín o noso agradecemento ós utópicos de Galicia.

A nosa homenaxe a Galiza non se vende:

———————————————–

GNSV ocupa edificios públicos para denunciar a catástrofe medioambiental que ameaza o territorio galego

Novembro 13th, 2008

Coincidindo co sexto aniversario da maior devastación ecolóxica que tivo lugar no noso país, a rede Galiza Non Se Vende alerta dun novo “Prestige” que navega polas augas dos mercados capitalistas ata as consellarías da Xunta. Para denunciar esta ameaza medioambiental, activistas de GNSV pecháronse esta mañá en diversos edificios públicos das principais cidades e vilas galegas.

Baixo o lema “Goberne quen goberne. Galiza non se vende” os activistas queren denunciar as políticas continuístas que seguen vendendo o País a intereses escuros, depredando, aplicando modelos traídos doutros lugares, provocando que Galiza perda de vez a súa idiosincrasia e se afiance nunhas prácticas económicas, agrícolas, paisaxísticas, medioambientais,  enerxéticas, territoriais, relacionais… que nada teñen que ver coas necesidades do País e das súas xentes, coa vida digna de quen hoxe habita a Terra e de quen poda vir despois.

peche_compostela.jpg

Consellería de medioambiente (Santiago)

peche_corua.jpg

Edif. Administrat. da Xunta na Coruña

ourense.jpg

Concello de Ourense

Última hora: dous detidos en Vigo polas forzas de seguridade que actuaron violentamente contra os pechados. Todos eles foron identificados pola policía e negoúselles o dereito a presentar un escrito no rexistro. O peche dos activistas foi pacífico en todo momento e non se comprende a actitude violenta da policía que chegou a rachar a pancarta de Galiza Non Se Vende

untitled-polis-1-cont2

untitled-polis-2-cont3

untitled-polis4-cont2

—————————————————

O ecoloxismo inventado pola Xunta de Galiza

Novembro 7th, 2008. 

Despois dos quebradeiros de cabeza que as organizaciòns ecoloxistas ocasionaron aos responsabeis da Xunta, esta decide crear o seu propio movemento e dotalo con máis de medio millón de euros. Para Pachi Vázquez non hai nada imposíbel, mesmo a modificacioón de decretos.

Unha federación ecoloxista recentemente creada leva a metade das axudas. A Fegama recibe 610.000 euros porque Medio Ambiente cambiou o concurso. Chámase Federación Galega de Medio Ambiente (Fegama), naceu en novembro de 2007 e xa recibe a metade dos preto de 1,2 millóns de euros de subvencións que reparte a Consellería de Medio Ambiente para 2008 e 2009. A organización, que se desmarca do “ecoloxismo fundamentalista”, agrupa a 30 asociacións locais de toda Galicia e conta entre as súas filas con persoas vinculadas a Unións Agrarias, o sindicato agrario de UXT. A Fegama puido solicitar as axudas porque a consellería cambiou os requisitos da anterior convocatoria, publicada en 2007. Entón primaba a antigüidade das agrupacións e a súa actividade durante os últimos dous anos, uns criterios que o departamento do socialista Manuel Vázquez retirou. Medio Ambiente deu un envorco ao sistema de repartición de subvencións que aprobou en decembro de 2006. De primar “as actividades desenvolvidas nos dous últimos anos”, a “antigüidade”, a “experiencia en accións similares” e o número de voluntarios que se mobilizan, o departamento de Vázquez pasou a pedir como requisitos o “proxecto de actividades que se realizarán”, unha “previsión de gastos e ingresos” e o “número de entidades federadas”.
Entre a convocatoria de 2007 e a deste ano as relacións do conselleiro co ecoloxismo tamén deron un xiro. As protestas das organizacións contra a súa política ambiental, sobre todo tras o impulso do plan de piscifactorías, recibiron un duro contrataque por parte de Vázquez. Tras a manifestación que congregou en febreiro a 5.000 persoas en Santiago, o socialista asegurou que estas organizacións “non representan á sociedade galega”, senón que defenden “intereses particulares”. O conselleiro dixo de Adega que é un “salvapatrias barato” e da Asociación pola Defensa dá Ría de Pontevedra que fai “política amarela”.
A Fegama desmarcarase do resto de asociacións. O seu secretario xeral, Miguel Acuña, que foi durante anos responsable técnico da asociación forestal de Unións Agrarias, explica que a federación foi creada “para ter máis forza mediática” e que “escapa do ecoloxismo fundamentalista”
El País

Medio Ambiente asigna 622 mil euros para “un ecoloxismo a medida”.”Roza a prevaricación”, denuncian desde algunha das asociacións máis antigas do país, asegurando que a consellaría de Manuel Vázquez promove un “chiringuito afín” para o “ecoloxismo amarelo”. Os receos fronte á aparición da Fegama medran cando as asociacións máis antigas de Galiza detectan que a devandita federación está integrada por colectivos que ninguén coñece no movemento ecoloxista en rede no país. “Son ducias de grupos que xorden como fungos en apenas uns meses”, explica Eirexas. Membros de Unións Agrarias e de listas locais do PSOE aparecen como representantes da maioría das novas entidades, que se integran sistematicamente nos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR).

Desde Verdegaia, Xosé María García quéixase do sistema “caprichoso” artellado por Medio Ambiente a través dunha convocatoria “vaga e aberta que permite moita discrecionalidade no reparto”. “Evidentemente non imos discutir con Fegama quen é máis ou menos ecoloxista, pero fóra diso, sucesos como este levan a pensar que o conselleiro usa os recursos públicos para “construír un ecoloxismo a medida”. Para García, o acontecido neste caso sería apenas a punta do iceberg do “fracaso” da consellaría á hora de enfrontar os desafíos ambientais do país. O voceiro de Verdegaia analiza que o equipo de Manuel Vázquez non foi quen de impulsar políticas reais en favor da sustentabilidade e que a “reticencia ao diálogo” sería o mellor exemplo desa actitude. Vieiros

A Federación Galega de Medio Ambiente (Fegama), con tan só un ano de existencia, recibiu a metade dos preto de 1,2 millóns que a Consellaría de Medio Ambiente reparte en concepto de subvencións.

Así o denuncia hoxe Adega acusando á Consellaría dirixida polo socialista Manuel Vázquez de modificar os requisitos para poder acceder as axudas, eliminando a cláusula na que se primaba a antigüidade e a actividade dos últimos dous anos.

A convocatoria deste ano reserva por primeira vez unha modalidade de subvencións destinada en exclusiva ás federacións de asociacións ambientais, unha condición que só cumpren en Galiza a Fegama, a Federación Ecoloxista Galega (FEG) e a Federación Galega de Micoloxía. No reparto prima sobre o resto o número de asociacións integradas e Fegama é a que sae gañando con 30 colectivos fronte aos 16 da FEG ou as 15 da Federación Micolóxica. A esta modalidade a Consellaría destina un total de 103.000 euros de subvencións dos que 99.000 van parar á federación recentemente constituída, 3.391 euros á Federación Micolóxica e 828 á FEG.Dende a FEG, que integra a Adega, Verdegaia ou a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra, acusan a Medio Ambiente de “amañar a convocatoria para favorecer un ecoloxismo á medida”.

A FEG lamenta este “escandaloso intento de construír un movemento ecoloxista ao gusto da Consellaría de Medio Ambiente que dea os seus parabéns a todo o que esta faga e mesmo reste presenza social ás entidades máis ‘incómodas’, lembra ás políticas autoritarias e clientelares do pasado” sinalan. GZnación

——————————————————

——————————————-

Manifesto dirixido á cidadanía galega

Hai seis anos un barco-lixo carregado de fuel-lixo viaxaba de Europa a África. Un accidente fronte às costas galegas foi transformado en catástrofe por gobernantes incapaces e autoritarios, agachados tras a propaganda e a mentira. A cidadanía saíu á rúa como nunca antes fixera. Non se podía repetir esa destrución ambiental. Non se podía repetir esa forma de gobernar.

Apoiada naquela vaga de dignidade cidadá, a mudanza acabou por chegar ao goberno autonómico. Custou traballo ventilar aquela apodrecida Elsinor. Agora, seis anos máis tarde, o pantasma do pai de Hamlet vaga desacougado polos corredores pedindo vinganza. Mudou o goberno, pero… mudaron as políticas?

Non é a primeira vez que se conmemora tan fatídico día. Hoxe tamén hai acto oficial: forma parte dun ritual cínico, no que só se bota a vista atrás para seguir tirando proveito daquela traxedia á que non se debería chamar accidente. Claro que non debemos esquecer. Nós tampouco esquecemos. Non esqueceremos nunca como centos de milleiros de galeg@s berramos NUNCA MÁIS, convencidos de que de alí en diante algo había mudar definitivamente.

Que pouco aprendemos daquela experiencia! Neste novo 13 de Novembro denunciamos que temos dentro un perigo moitísimo maior, con efectos que son calquera cousa menos “accidentais”.

Porque se gravísimos, case irreparables, foron os danos provocados por aquela catástrofe, non menores son os que cabe agardar das políticas continuístas que seguen vendendo o País a intereses escuros, depredando, aplicando modelos traídos doutros lugares, provocando que Galicia perda de vez a súa idiosincrasia e se afiance nunhas prácticas económicas, agrícolas, paisaxísticas, medioambientais, enerxéticas, territoriais, alimentarias, relacionais, etc… que nada teñen que ver coas necesidades do País e das súas xentes, coa vida digna de quen hoxe habita a Terra e de quen poda vir despois.

Pero ben lonxe de marcar claramente distancias coas viciadas e denostadas políticas anteriores, o goberno “bipartido” da Xunta de Galicia seguíu apostando por un vergonzoso continuísmo, caendo nas mans do capitalismo máis depredador en vez de apostar decididamente por estudar e aplicar modelos de sustentabilidade ecolóxica e xustiza social acordes coas demandas de Galicia e d@s galeg@s. Mesmo a actual crise pon de manifesto a febleza de todo o sistema económico que, baixo a etiqueta de progreso, o que fai é vender os nosos recursos ás grandes transnacionais, hipotecando o noso futuro e atacando as bases da nosa propia soberanía.

Denunciamos con toda contundencia:

  • Recheos inxustificados e alarmante contaminación urbana e industrial nas rías
  • Degradación dos ríos por contaminación e encoros
  • Plan acuícola devastador de costa virxe
  • Plan de portos deportivos privatizador e destrutor da costa
  • Plan eólico deseñado para os intereses empresariais
  • Plan de minaría destrutor do rural e cuestionábel rehabilitación de zonas mineiras mediante a construción de megalagos (Meirama, As Pontes)
  • Degradación continuada do Courel, Ancares e Trevinca
  • Urbanismo masificador e salvaxe
  • Industrias perigosas e contaminantes: Reganosa, Ence, Endesa, Elnosa, Alcoa, Megasa, Meirama, SOGAMA, Ferroatlántica, Carballeda de Avia, etc.
  • Plan de residuos destrutor de chan rústico e ambientalmente inviabel
  • Proliferación desmesurada de polígonos industriais sen planificación
  • Plan de vivenda protexida especulativo pensado para os promotores
  • Plan de estradas sobredimensionado e irracional
  • Plan Vigo Íntegra deseñado para as construtoras
  • Directrices de Ordenación do Territorio ilegais feitas sen contar coa participación cidadán
  • Modelo de transporte insostible e destrutor (TAV, transporte privado..)
  • Abandono do rural, eucaliptización e desmantelamento da agricultura e gandería
  • Intento de desmantelamento do sector pesqueiro ( Lei de Pesca)
  • Desprotección insultante do medio natural e da Rede Natura
  • Degradación acelerada da paisaxe, desaparición de espazos singulares (Fragas do Eume, Covas do Folón, Gándaras de Budiño..)
  • Falta de compromiso real na recuperación dos núcleos históricos das vilas
  • Desprezo ao patrimonio cultural (V.A.C. Costa da Morte, A-76, destrución de castros..), despilfarro no Gaiás
  • Plans urbanísticos masificadores e especulativos e áreas metropolitanas depredadoras e desestruturadoras do territorio
  • Control interesado dos medios de comunicación e amordazamento das opinións críticas
  • Desprezo ao ben común, parcialidade interesada cara ao gran capital
  • Cultivo do clientelismo electoral
  • Parcialidade do estamento xudicial e desprotección do débil

E fronte a isto esiximos un cambio de rumo inmediato que poña a sustentabilidade ecolóxica e a xustiza social no centro das políticas, que sitúe ás persoas e ao ambiente por riba do lucro, que dialogue e avance na democracia participativa e reflexiva… Que supere o actual sistema (auto)destrutivo e a súa acumulación de crises, construíndo unha Terra viva e unha vida digna para tod@s.

Goberne quen goberne, Galiza non se vende!

Terra viva e vida digna para tod@s!