Sempre pensei que a diferencia entre votar ao PSOE e votar pola dereita estaba en que a política socialista baséase nos direitos sociais, no apoio á participación dos veciños na vida política do concello, na liberdade de expresión, na transparencia, na claridade da información, na xustiza social, na vocación dos políticos pola loita a favor da democracia.
Que equivocada estaba!
Todas estas cousas foron traicioadas polo actual alcalde.
Ante o meu asombro, a primeira decisión dos socialistas e nacionalistas marinenses en canto tomaron o poder foi aumentarse sustancialmente o soldo. Non contentos con iso aumentaron o número de concellarías con dedicación esclusiva.
Pouco mais tarde o BNG, coa escusa de traballar en mellores condicións e atender mellor ós veciños, marchouse do concello a un piso alquilado na rúa Méndez Núñez, encarecendo desproporcionadamente o gasto por un servizo que non se veu reflectido na calidade de vida dos veciños.
Durante toda esta lexislatura tivemos que soportar un goberno con dous departamentos estancos. Os concelleiros nunca traballaron en equipo. Nacionalistas tiraban para un lado e socialistas para outro. Os do Bloque rozaron a ilegalidade en moitas ocasións e o alcalde, cabreado en privado, tragaba en público para manter o seu posto na alcaldía. Coma último exemplo temos a recepción dunha obra presuntamente ilegal na Porteliña, que foi firmada pola concelleira de medioambiente, suplantando as funcións do alcalde.
Facturas móviles con cantidades astronómicas, privatización da finca pública de Cadro para beneficio privado. Privatización de parte do servizo de limpeza. Facturas sin pagar a pequenos acreedores dende hai mais de dous anos. Amiguismo nas contratacións. Pésima política mediambiental coa inclusión dun minipolígono industrial no Monte Pituco.
Ante os veciños, a figura do alcalde amosouse coma a de unha marioneta que se deixa manexar por mans alleas, cumprindo sempre a vontade do Bloque e deixando que se fixeran cargo do goberno.
Fran Veiga, lonxe de colaborar cos veciños para resolver problemas, pechou reiteradas veces as portas do concello para impedirlles a entrada nos plenos, negouse a aceptar a proposta dos Marinenses Independentes para crear un Regulamento de participación cidadán nos plenos.
Fran Veiga foi un dos alcaldes de Galicia con mais queixas no Valedor do Pobo do ano 2010.
Esta lexislatura caracterizouse pola crispación, o descontento, a mala fe, a pésima educación do equipo de goberno hacia os dous grupos da oposición e o desprecio total ós veciños.
A transparencia brilou pola súa ausencia moitas veces, sábeno ben as familias de Pardavila Miñán afectadas plo plan Vigo Integra, a punto de quedar sin casa porque o concello en vez de expoñer o proxecto ó público, gardouno nun caixón.
Incapaz de xestionar eficazmente con Xunta e Deputación, dedicouse a insultar públicamente e botarlle a culpa dos nosos males, porque os outros son de dereitas e nós somos de esquerdas, coma se non hubera ducias de concellos de esquerdas por toda Galicia que prosperan o doble que Marín, porque superon pedir e xestionar, e porque superon a tempo que porriba de todo están os veciños.
Despois dunha lexislatura chea de despilfarros cos cartos do Plan Zapatero, escándalos de facturas e irregularidades na contratación de funcionarios denunciadas varias veces polos sindicatos, atopámonos con que Marín, por falta de interés e por incapacidade, nin siquera veu cumprida a promesa mais importante do PSOE nas eleccións anteriores: O PXOM.
Por todo isto e por moito mais que non teño espacio de comentar:
Fran Veiga?… Non grazas.
Cando queira que goberne o Bloque votarei por eles directamente.
Breaseixo
Este blog non é o único que non se fía de Fran Veiga. Mirade o que opina o de Monte Pituco

Fran Veiga é o político mais hipócrita entre os hipócritas.
Eu tampouco quero saber nada del.