BNG non é liberdade

Despois de catro longos anos seguindo de perto a maneira de gobernar do BNG, nin se me pasa pola cabeza darlle o meu voto.
Diredes vós que isto se debe ó mal que o temos pasado os veciños e veciñas que no seu día estivemos afectados polos micropolígonos, e estades no certo.
Pero non foi sólo iso. O peor sufrimento para min foi decatarme polas malas de que estes non estaban no poder para defender os intereses dos veciños, senón polos seus propios intereses económicos.
Eu pensaba que os tempos da política rancia xa remataran ata que fun testigo presencial das maneiras desta xente.
-Sempre a culpa dos males é do PP. Se o PP non goberna agora, a culpa é do PP que gobernou antes.
-Reunións segredas con veciños (que non se entere ninguén).
-Documentos de vital importancia para os veciños que en vez de expoñelos ó público quedan esquecidos nun caixón.
-Falsas acusacións a todo aquel que lles leve a contraria
-Ameazas. Coaccións.
-As actividades da concellaría de Cultura estiveron baixo mínimos.
-A Concellaría de urbanismo, un desastre que non foi quen de sacar adiante o PXOM a pesar de contratar varias persoas expresamente.
-Nin se sabe os miles de Euros do concello que gastaronen propaganda.
-Para glorificar ó partido contrataron unha periodista que se meteu nas dependencias dos funcionarios e usou ordenadores, folios, e todo canto lle fixo falta do concello para os seus asuntos personais.
-Os funcionarios de clase A duraban tres días e marchaban escopetados porque non querían meterse en problemas.
-Nunca traballaron en equipo cos seus compañeiros de goberno.
-Levaron unha política medioambiental hipócrita, resaltando os petroglifos de Mogor e pasandolle as escavadoras porriba ós de cadro para facer o Ecoparque.
-Certificado EMAS pero polígono industrial no monte Pituco.
-Retiraron o micropolígono empresarial da Brea, pero deixaron no sitio unha subestación eléctrica por puro capricho, sólo para deixar constancia de quen manda aquí..
-Basureiro ilegal na Canteira.
-Mala xestión coa Xunta, peor coa Deputación.
-Privatizacións encubertas.
-Ilegalidades urbanísticas coma a pista de tenis ou o lecer da Porteliña

-Faltas de respecto hacia a oposición, hacia os veciños e hacia outras institucións.

Neste blog hai unha categoría titulada Os métodos do Bloque e outra Ruibal e os deportes, onde está recopiladas casi toda a vida política das concellarías do nacionalistas.

f

Por todo iso e por moito mais que xa estou farta de repetir

Os delirios do Bloque

Os misterios de eses dous

Puntualizando a Pilar Blanco

Montepituco está de acordo conmigo no esencial:

A PAPE-CUTRE-LETA

Advertisement

Una Respuesta a BNG non é liberdade

  1. Harpo Marx dice:

    Esto da política convirteu os partidos políticos en clanes familiares: PSOE: familia de Toneco, familia de muradas.BNG: familia de aboy, familia de benitiño, que importante é a familia os clanes na sociedade, todos para buscar chollos, hai que entrar en política, e unha amalgama de intereses particulares, e despois o pobo cada catro anos a votar, é decir, para que coman a nosa conta. Dan noxo

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.