Eleccións municipais, recta final

Que facemos aquí que non estamos acampados na porta do Sol pedindo unha democracia de verdade?

Chegamos á recta final das eleccións. Estes últimos días os candidatos andan a pinchos polas parroquias dando mitins prometendo todo o que se pode prometer e mais aínda.
De novo volven a ilusionar ós veciños con proxectos de auditorios, aparcamentos, museos, centros culturais, garderías, centros de día, PXOM… Arrimar arrimeime funme arrimandooo, á criada do cura cominlle o caldooo…
ui, perdón, creo que hubo unha interferencia, debe ser que algún do bloque anda a usmear por aquí.
Decíavos que os políticos estan a poñerse tan pesados que todos desexamos que chegue dunha vez o día 22 de maio para rematar con este pesadelo… Y ahora que me quiten que me quiten lo bailaooo… outra vez interferencias, debe ser a emisora do PSOE.
Despois de anos de sequía cultural e ausencia de actos para potenciar o comercio e o turismo, que nin a caseta funcionaba ata mediado do verán, no último mes agarramos un empacho monumental de cultura e rutas turísticas.
Concertos e bailes no multiúsos, no conto dos sentidos de Briz, feiras, patinaxes, maxias, safaris polas rúas de Marín a ver quen atopaba o parásito, o alcalde ofrecendo café polas rúas…Marín foi unha festa multiúsos e multicultureta para nenos e maiores.
Non sei de onde saleu tanto carto, a verdade, se hai un par de meses hubo que pedir un crédito para pagar un monte de facturas do ano da polca, e o montaxe do Belén dos anos 2010 e 2011 aínda están sin pagar.
De onde saíron tantos miles de Euros para maquetas, proxectos, folletos, actividades?
O caso é que os dous partidos do equipo de goberno están a vixiarse de perto para que un non sobrepase un milímetro os límites do outro. Tal é así que, se a concelleira de medioambiente saca unha tirada de tres mil exemplares dun mapa turístico, o PSOE saca cinco mil planos da finca de Briz para repartir por toda Galicia. Se o Vilaboa vai ó mercado para estimular o sentido do gusto cunha boa pescada, o alcalde amósase coma un fanático das xoubas, se os do Bloque nos invitan a ver animais fósiles, os do PSOE convídannos a descubrir o maravilloso mundo da navegación por Internet. Se Pilar Blanco saca da manga un museo, Fran Veiga fai aparecer un aparcadoiro, se uns regalan leite, periódicos e calendarios, os outros reparten café, mandiles e condóns para todos.

As pulseiras da igualdade nin se sabe delas. Do super contenedor de “refujallos orjánicos”  que Ruibal lle encargara a unha empresa portuguesa, mellor nin falar. Que queredes, todos cometemos fallos de ves en cando.
A verdade amig@s é que xa estamos saturados.
Chegará o domingo, votaremos por uns ou por outros.
Pasará o de sempre:  gañará un pero asociaránse os outros dous, e a partir de luns continuaremos coa mesma tediosa rutina de sempre:
A voltas co PXOM, co Litoral, co centro de saúde, coa falta de auga ou as inundacións, a falta de cartos para actos culturais…en fin, que se acabou a festa.

Eu recoméndovos a tod@s que nos vaiamos preparando porque este mesmo luns o goberno de Zapatero ten previstos unha serie de recortes presupuestarios capaces de facer tremer as tesoiras da Marilús.
O goberno de Madrid vai deixar cunha man diante e outra detrás ás autonomías, e estas van deixar a velas vir ós concellos.
Pola súa parte, Europa xa non vai star para moitos dispendios
Así que, votade por quen vos vos pareza mellor, pero non vos fagades demasiadas ilusións

Iso que nos conta o Bloque “en Marín hai alternativa”, non me inspira moita confianza.
Iso outro que nos conta Fran Veiga “yo no me pongo límites, la crisis de Zapatero no llegará a Marín”, pois que queredes que vos diga, mais ben parecen palabras dun político bastante limitado.
Cando non hai límites tampouco hai escrúpulos.
Esta é a noticia que pon colofón á política marinense


http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2011/05/20/denuncia-tribunal-cuentas-investiga-nuevo-concello/546546.html

Que facemos aquí que non estamos acampados na porta do Sol pedindo unha democracia de verdade?


Aquí tendes a prensa coas  distintas opcións para elexir domingo. Nas vosas casas xa dispoñedes dos folletos coa propaganda electoral.




3 Respuestas a Eleccións municipais, recta final

  1. viandante curioso dice:

    Parece que ultimamente hai moito silencio entre os lctores deste blog.
    Menos mensaxes que de costume.
    Non sei se xente está a reflexionar o seu voto.
    Eu teño moi claro a quen vou votar. Levo catro anos observando o que pasa ó meu arredor e non me gusta.
    Tentarei cambialo dentro das miñas posibilidades.
    Grazas a Breaseixo por darme tantas horas de risa impagable e de información, grazas a Internet porque se non existiran algúns blogs, os periódicos non espabilarían tanto.
    Apertas

    Quero decirche breaseixo que me encanta esa frase que repites tantas veces
    “parecemos tan libres e estamos tan encadeados”
    E quero decirche tamén que en Marín sempre haberá un antes e un despois de Breaseixo.
    Que se sepa!

  2. Metropolitano dice:

    Mi opinión es que no merece repetirse ese malgobierno municipal. Un gobierno que ha engañado, ha manipulado, malgastado (donde están esos 17 millones de euros), genera desconfianza y mala gestión, con pufos y con todas las caracteristicas por las cuales hoy está mucha gente en la calle en las principales ciudades del Pais. El gobierno municipal que ahora termina personifica toda esa protesta. Su campaña electoral va promocionando cosas tan increibles como bailes asalto para la tercera edad o el parque municipal de huertas del ocio y su co-gobernante con lavadoiros. Esta gente ha perdido el sentido y se recrean con ideas absurdas, echando la culpa a otros de sus propios males y se despiden con un gasto de 4.800 euros en folletos de Brizlandia, 2.950 del “non a cagues” y lo que ha costado 5.000 ejemplares de un callejero. Julio Santos lo tituló muy ilustrativo: Despilfarro, caradura y pasotismo. Atrás quedan tijeras, cocinillas, cartelitos, contenedores cheirentos, las redes de San Pedro, los apagones de San Pedro, el chiringuito, la raya, …………., sigan ustedes que hay mucho. Son esas cosas para valorar alejados de la costosa y cursi propaganda oficial.

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.