Esta crónica escribeuna o rato que tod@s coñecemos co nome de Hamterporro, noivo de Socorrito Osea, a rata pija que saleu aquí outras veces.
Aproveitaron que eu fun de compras para colarse na miña casa e interceptarme o ordenador. Espero que non vos moleste .
Hola tíos:
Bos días boas tardes boas noites, e se estades a comer que aproveche.
Breaseixo nunca me deixa escribir porque disque son un maladucado, pero acabo de demostrar que teño mais educasión ca ela.
A miña Socorrito e mais eu, aproveitamos que a outra vai no Carreful, para escribir esta crónica do antroido en Seixo, porque vexo que a Coco vecino esa, cansouse de tirar fotos o outro día, pero no Diario eu non vin nada.
Para min que esta quere vingarse porque disque en Seixo, apareceu este Nadal unha nécora periodista que se chamaba Coca Vesiña e que lle facía a competensia.
O caso é que o sábado pasado Socorrito encaprichouse en ir pasar a tarde a Seixo porque ouvira en algunha parte que ía haber un desfile, e metéuselle na cachola que era o desfile ese da pasarela Cevolas, e que ían vir os modistos Panbimba Bosté e mais Afolfo Domingas.
O caso é que se trataba do defile do entroido, e á probe rata casi lle da un tantarantán do desjusto que levou.
Alí estabamos nunha esquina a ver pasar a comitiva. Comentaba Socorrito (xa sabedes como fala ela) o “chupiguai” que era o móvil de última xeneración que levaba o presidente do desfile, con forma de caracola xigante, e que se escoita o mar se o arrimas á orella, cando vimos a Breaseixo e o seu home a todo correr porque chegaban tarde.
-Sácame unha foto cari
Decía ela.
E cando o cari se pon en postura de fotógrafo, vai e apajóuselle a cámara por falta de batería.
Jua Jua Jua…colegaaas, a que se montou…jua jua jua. Eu casi me esmendrello de risa a velos rifar
-A culpa é túa porque andas todo o día a facerlle fotos ós jatos
Decía ela.
-Eu non fun. Fuche tí quen cajou no palleiro
Decía el.
E naquel intre fíjome que Socorrito se poñía vermella, marela e negra, todo ó mesmo tempo.
-Que che pasa Corito, tía? Non me acojones que aquí non hai Crusroja que che faga os auxilios.
-Es que no ves, osea? No te das cuenta de quien pasa por ahí?
E cando levanto os ollos, vexo á mesmísima Leria Pajit, menistra de Sanidade, que pasaba por aquí visitando farmacias, e decideu sumarse ó desfile.
Estaba toda de incógnito, cunhas jafas de trintedúas pulgadas para non ser recoñecida, pero a Socorrito non se lle escapa un detalle da vida sosial.
Dona Leria disque quería pasar desapersibida con aquelas jafas, pero cada vez que a periodista do Diario pasaba perto dela, non paraba de facerlle xestos á cámara para saír na foto, e poñía por diante a carteira de menistra.
Todo quisque a recoñeceu e non paraba de regalar tarxetas de presentación con forma de palliñas de chupar.
Eu estaba todo caladiño e agochado para que non me vira a gardaespaldas da menistra. Tende en conta que as autoridades sanitarias non son nada partidarias dos roedores.
Canto mais me escondía eu, mais berraba a tola de Socorrito:
-¡¡Oseaaa, que gafas mas ideales. Uy como mola el lacito rosa que lleva Leria en el flequillo. Ay que cosa más chic, osea, superdivinadelamuerte!! Esto lo hay que copiar.
Eu tapáballe a boca para facela calar pero ela dalle que dalle, que ideal e que chachipiruli osea. E veña dar saltiños histéricos, hasta que a collín polo pescozo e conseguín reducila dentro dun sumidoiro. Jua jua jua.
Nin siquera alí dentro paraba de parolear, que non hai metralleta que lle jane cando mira un modeliño que lle justa.
-Hay pero como mola la menistra. Elegante pero sensilla, osea. Cómoda y funcional pero a la última, te lo juro por Esnupy.
Salvámonos porque a chirica que encabezaba a comitiva puxo unha pata enriba do sumidoiro e Socorrito quedou muda da impresión, que se non, deseguro que a gardaspaldas da outra nos mete dous tiros na testa, e a criar malvas, colega.
Bueno, o único que quero decir é que o entroido en Seixo hai que definilo con dúas palabras:
“In presionante”.
Aquí nada de Brasiles nin de Rios de Janeiro.
Aquí todo típico do país, tíos. Palleiro a tope.
Rematouse a festa cuns pases de baile, e ata a mesmísima ministra se animou a dar uns saltiños coa súa gardaespaldas e mais cun tal Pancho Villa.
Unha pena que Breaseixo se descoidara coa cámara e non pudera tirar fotos do baile.
Cojonudo o auditorio ó aire libre, oes!
Como a xente non cabía, o que fixeron foi poñer ó dúo orquestal nas escaleiras e a xente usou o escenario para bailar enriba e para facer motocross cos patinetes pola rampa.
Acojonante tíos, jua jua jua.
Ronseeel, tíooos!!!
Animaivos para o ano que ven porque vai ser apoteósico, díjovolo eu, que diso sei un rato, jua jua jua.
Pasai de todo colegaas!
Ajora poño unha fotos que apañei por ahí






Creo que é moi importante recuperar o noso entroido, pois de hai uns anos para acá, parece máis un entroido de Tenerife, ou pseudobrasileiro que galego.Este ano en Marín, desfilou unha comparsa de Vigo, que ao meu xuicio foi a millor.Traian uns cabezudos enormes feitos por eles e tamén a recreación ( moi ben feita ) de distintos oficios tradicionais como… o afiador, o carro,as redeiras, as peixeiras etc.Parabens a estas xentes que tentan recuperar a nosa cultura.
Qué bueno que se pretenda fiscalizar todo lo que ocurre, pero hay que ser respetuoso y, sobre todo, decir la verdad. Es una mentira total y absoluta que el Diario de Pontevedra no publicase nada del Entroido de Seixo, porque no solo lo hizo sino que fue una página completa al día siguiente, domingo. Lo de faltarle al respeto a la persona que cubría la información, viniendo de quien dice respetar la libertad de expresión y todo eso, es lamentable, censurable e, incluso, inadmisible. Gracias.
En ningún momento se pensou aquí censurar a labor de Coco Veciño,por Deus.
Quedou ben claro que estuvo alí no desfile e que fixo fotos. Eu estaba pendente de que saíra algunha publicada para despois remachar con outra broma. Unha crónica escrita poala rata Socorrito na que lle replicaba ó rato e comentaba os modeliños do entroido, pero non a vin.
Despois lieime co asunto das mensaxes sobre o tema das pulseiras e non tiven tempo de mais.
O da vinganza da que fala o rato é unha broma que os meus lectores xa coñecen, porque no nadal publicouse aquí unha pequena tontería chamada “Crónica de nécora”,onde a nécora en cuestión se facía chamar Coca Veciña. Por iso digo que é unha vinganza e todo iso. Os seguidores deste blog saben de que falo, e asegúroche que non hai cousas raras, nada mais ca unha broma.
Non creo que Coco Vecino lea este blog, pero se lle chega algún eco deste incidente, que sepa que non hai ningún tipo de cousa rara, mais ca unha simple broma.
E pídolle mil perdóns se en algún momento se sinte ofendida. Porque de verdade que non é esa a miña intención.