
Como xa dixen na entrada anterior o auditorio de Seixo está listo dende hai un mes.
O alcalde ten a esperanza de que “Se convierta en un lugar emblemático y digno de nuestros vecinosy visitantes, en el que todos podamos disfrutar de nuestro tiempo de ocio en un espacio versátil y armónico” (palabras recollidas do Diario de Pontevedra).
Os veciños teñen as súas dudas
En primeiro lugar podemos empezar a falar dos soportais exteriores da casa da cultura, que os cerraron con vidro “a modo de galería protegida”.
Esta galería protexida ten dous defectos, según os veciños:
1º- vaise convertir nun lugar ideal para que polas noites se veñan refuxiar todo tipo de persoas indeseables, posto que as portas non teñen pechadura. cando digo indeseables non me refiro a mendigos, senón ós gamberros que despois de saír da discoteca se dedican a facer das súas.
2º-Convirteuse nunha barreira arquitectónica para os minusválidos, xa que as portas laterais constan de dúas follas, unha delas é fixa e non se pode abrir. A que abre, mide 81cm, tamaño que, ademais de ser ilegal, non cabe por alí unha silla de rodas.


Agora continuemos polo auditorio propriamente dito, é decir, un escenario con gradas para que poidan actuar músicos e compañías de teatro ou de baile.
Xa no tempo dos romanos, hai mais de dous mil anos, se lle daba unha gran importancia á acústica, e o que queda dos seus teatros ó aire libre, causan admiración nos visitantes.
O auditorio de Seixo consta dun escenario situado en fronte, e a escasos metros da fachada da casa de cultura, que por se fora pouco, acaba de ser recuberta de vidro, e esta circunstancia, vai causar que, se o que está no escenario fala ou canta sin altavoces, non se lle vai entender porque vai facer eco, cos altavoces, o son vaise convertir nun ruído atronador.

Párrafo sacado do Diario de Pontevedra:
La actuación se centra en una superficie de forma triangular de 1.970m2. En el lateral de la antigua alameda se asienta el escenario, con una plataforma de madera colocada sobre una estructura de acero ya rematada…
…Por otra parte, el graderío existente se ha limpiado y, a continuación, se procedió a la colocación de un acabado de tarima de madera en los asientos. Este espacio cuenta con un aforo para 245 espectadores, mientras que en el escenario se podrán colocar hasta 135 sillas.

Os terrenos exteriores da casa da culturan miden un total de 1.970m2, pero a maior parte destes metros están nas zonas de herba que ocupan os bordes arredor, o parque infantil feito na época de Toneco ó que agora se lle engadiron uns metros, e mais as gradas.
Despois hai unha explanada que mide entre 160m2, que era a zona onde os rapaces andaban en bicicleta, xogaban ó balón e patinaban.
Os días de festa, poñíase un escenario desmontable entre o borde da beirarrúa exterior e un anaco da zona axardinada, e despoñíase da totalidade da explanada para bailar.
Ahí é onde colocaron o auditorio.
No medio da explanada (desperdiciaron uns metros preciosos pola parte de atrás), colocaron un escenario que ocupa uns 80m2, de maneira que nos quedan outros 80m2 de pista para bailar os días de festa.
Se ven actuar algún grupo de baile grande, onde terá que actuar? No escenario cheo de obstáculos, ou en baixo?. E onde se van poñer entón as sillas do público?
Este escenario é unha tarima de 61cm de altura. Con tres caixóns no medio e unha pequena altura na parte de atrás. Rematado nunha punta afilada con un ángulo agudo de 40 grados, ideal para que calquera neno que ande por alí no seu triciclo, estampe a cara.

A día de hoxe os rapaces non se privan de seguir cos seus xogos habituais, é decir, bicicletas, patins e pelotas. Pero agora fano saltando os obstáculos do escenario, subindo e baixando rampa, e onde antes facían ciclismo e patinaxe, agora fan saltos acrobáticos sorteando caixóns.


Moitas táboas xa están fora de sitio, e puden comprobar que non foi ningún gamberro, senón que, simplemente, faltaban clavos. Aquí poño un exemplo, pero vin tres ou catro mais. Incluída a táboa dunha grada, que ao quedar mais alta ca o chan, a xente tropeza nela e xa se soltou. Eu mesma casi me mato cando lle estaba a facer a foto á porta de entrada por culpa da táboa esa.

Hai un sumidoiro que rodea todo o escenario, pero este monta porriba e vai ser imposible limpalo no futuro. Como podedes ver, este sumidoiro ten dúas filas de buratos, pero unha delas quedou taponada debaixo do escenario.

Para a miña sorpresa, puden comprobar que non hai nin unha sola papeleira
O alcalde amosou a súa satisfacción por este auditorio que, xunto co da finca de Briz, supoñen un gasto de mais dun millón de Euros.
Os veciños de Seixo non queren ser desagradecidos, pero moitos deles amosaron o seu dscontento con este estandarte ó que lle auguran moi pouca utilidade futura.
Moitos deles preferirían que se investiran os cartos en ampliar a casa de cultura, que se nos queda pequena e non hai onde meter mais libros nin lugar suficiente para meter a xente cando hai algún acto público.
Gustaríanos tamén que nos taparan as goteiras e que se lle dra unha boa limpeza á pedra da fachada.
