Gala do Deporte

Un ano mais, o Concello recoñece e premia ós mellores dportistas.
Unha vez mais, Ruibal mete a zoca co seu discurso irreal e incorrecto.
De novo Julio Santos indignado, coma todos nós, correxindo as palabras do concelleiro.
Quere resaltar Ruibal que esta é a “segunda gala do deporte”, e deixamos claro tod@s, coreando a Julio Santos que esta é unha mais das moitas galas do deporte que nos últimos anos se celebraron nesta vila.
O ano pasado pasou outro tanto cando o susodito nos quería convencer de que era a “primeira gala do deporte”.
Parece que o concelleiro é mais terco ca unha mula, e semella que comparte con este animal mais cousas que a terquedade.
É que non aprende nin á de tres.
O ano que ven, estará na mesma festa e dirá “esta é a terceira gala do deporte”, e unha vez mais, todos corearemos “que non home, que non, que antes ca ti xa había vida social neste concello”

Pero non foi este o único detalle que nos chamou a atención.
O mais rechamante do evento foi que varias sillas de autoridades estaban valeiras, concretamente as dos concelleiros do PSOE. Únicamente estaba o alcalde defendendo o seu posto.
Que está a pasar no PSOE?
Por que non había representación socialista neste evento?
Por que deixaron solo ó alcalde, cando todos os demais partidos tiñan representación?
Por que os concelleiros socialistas lle fixeron este desprecio ós deportistas?
Por que este partido se pon en evidencia de tal maneira?
Non sabemos que pasa, pero non é nada bo. E dende logo, a imaxen que están a deixr entre os veciñ@s é de pena.

Nas fotos seguintes podemos apreciar cómo concelleiros de todos os partidos  comparten esta festa cos deportistas galardonados, pero non hai ningún do PSOE:

———————————————

Julio santos di verdades


Una Respuesta a Gala do Deporte

  1. mari castaña dice:

    A min díxome unha amija que o alcalde anda soiño porque cheira a morto. Seica os concelleiros do seu grupo (todos menos un) lle fixeron ver que era mellor romper o pacto, e arriscarse a gobernar en solitario, pero él erre que erre que non, que si isto ten arrejlo, que si os meto en cintura rapidiño. Así que o rei Fran quedou sin Corte, porque os mais deles xa pasan del, e o UNICO fiel non se atreve a arroupalo, porque os outros son máis… e máis JRANDES

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.