Sorpresa!

febrero 28, 2010

Este Ruibal, que pillabán é!
Mira que non contarnos nada de que na ecofinca había asuntos rupestres!
Ou tamén pode ser que aínda non se enterou.
Pero nese caso, entraría en acción a “Super-rupestre” Esther Crespo, licenciada en Historia e teríalle avisado, digo eu.
Aínda que ben pensado…Cómo lle ía avisar se tampouco lle avisou a Vilaboa de que había Petroglifos no Monte Pituco?
Debe ser que Dona Esther está tan centrada nas obras que se van facer no Laberinto de Mogor que xa non ten ollos nin neuronas para outra cousa.
A ver, Dona Esther, se tivera vostede visión de futuro, pensaría na arte rupestre marinense coma unha unidade. Os visitantes que veñen mirar o Laberinto, tamén poderían disfrutar de Cadro e do Pituco e do Chan da Armada e mais os etecés que poida haber por ahí.
E se Ruibal, concelleiro de turismo supera o que fai, en vez de colgar cordas e barriles nas árbores, faría unha ruta turística pola petroglifada da Vila e polos muíños do Río Loira, que son mais de cincuenta. Iso tamén é potenciar Marín.
Tamén pode ser que a que non se entera de nada son eu, e que Ruibal e Crespo téñennos reservada unha sorpresa:
” Gran oferta oiga!” Con cada dúas entradas, que suporán un gasto de 34 Euros, o visitante de Cadro poderá disfrutar da “Zona VIP” do parque, onde haberá instalado un chiringuito “típicol of Galicia” con máquinas expendedoras de gaseosa e sillas toldinas para apreciar cómodamente os grabados das rochas.
Pois non é mala idea.
E, por se non se vos ocurreu, tamén cabe outra posibilidade: poidera ser que eses restos arqueolóxicos non estiveran antes e que a Asociación Cultural Ronsel, aproveitando a escuridade da noite, trasladara para Cadro unhas cantas pedras con grabados, das que desapareceron cando se fixo o merendero do Pituco. A min non me extrañaría nada que Ruibal poña esa excusa cando a xente lle pregunte. Outras cousas mais parvas xa llas oín en algunha ocasión.

De todas maneiras, ben se ve que estes dous deberían tomar nota da súa colega Pilar Blanco, que esa non para. A cabeza férvelle de tanto matinar, ata tal punto que xa ten pensado facer unha ruta de comunicación turística en bicicleta dende o Ecoparque de Cadro ata Pastoriza, unha zona rica en morcegos casi extintos, que serán a ledicia dos turistas mais esixentes que, de noite e con faroles, irán en peregrinación polo “Camiño dos morcegos”. Non sei eu se os probes bichos van poder soportar tanta notoriedade.
Polo de agora, o único que se sabe con certeza é que a concelleira está mais volcada nos bichos ca nas pedras, por iso lle ten mais cariño a Pastoriza ca ó Pituco.
E tanta a súa paixón que non lle importa andar de pregoneira polos camiños de Pastoriza, anunciándolle á xente que o PP vai poñer alí a fábrica de Celulosas e mais unha nave cos refugallos do porto, e que hai que empezar a manifestarse por se acaso.
Esta Pilar, sábeas todas…menuda vampiresiña está feita ela.

—————————————————————–

Unha semana despois, Pilar responde:



A moita honra

febrero 26, 2010

Señora Rosa Díez:
Onde naceu vostede?
Non creo que no seu pobo natal se sintan moi orgullosos de ter unha nativa tan malaxente.
Eu síntome orgullosa de ser galega, pais, avós, estirpe galega.
O que nunca comprenderei será cómo alguén na nosa Nación poida votar por unha persona con estas características intelectuales e emocionales.
O mais gracioso do tema é que o termo “galego” cómo esta señora o entende é o que se refire a unha persoa que non se sabe se sube ou se baixa, ou sexa, unha persoa ambigua e sin carácter.
Acaso a doctrina que predica Rosa Díez nopn é a cousa mais ambigua do mundo?
Acaso alguén sabe se Rosa Díez sube ou baixa?
Eu mais ben penso que esta muller queda no medio, nin sube nin baixa, nin todo o contrario. E aínda porriba, agora destápase o que verdadeiramente é: Unha racista, maleducada.
E que será mellor? o que dixo ela ou a explicación que dan os seus colaboradores de partido cando din que non hai que darlle importancia porque estaba a falar dunha maneira coloquial?.
Ousexa que cando se fala de maneira coloquial pódese insultar ós galegos, sin embargo, cando andamos de eleccións non?
Ousexa que en público somos uns hipócritas de coidado?

Non é a primeira vez que escoito cousas coma esta.
Xa llas ouvín fai tempo a xente sudamericana á que eu tiña coma amiga e que me demostrou que ese sentimento non era recíproco. Xente que ven presumindo de culta e pensa que os galegos somos unha panda de burros, incluso che amosan orgullosos os libros de chistes sobre galegos que no seu país son Best Sellers, ata que lle paras os pés a base de cultura. A culpa téñena os estereotipos.

Quén lle dera a Rosa Díez ser galega! Quén lle dera ser coma nós!
Viva Galicia e vivamos os galegos!!

ELPAIS.COM

Rosa Díez no se plantea pedir perdón por su uso de “gallego”

Por su parte, la diputada de Unión, Progreso y Democracia (UPyD), Rosa Díez, se explica pero no se disculpa. Su portavoz oficial defendió que llamar a alguien “gallego, en el sentido más peyorativo de la palabra” no puede “ofender a nadie” y no es un insulto. “Todavía no nos hemos planteado pedir disculpas”, comentó a este diario, “vamos a dejar morir el tema”.

“No ofende quien quiere, sino el que puede”, respondió Feijóo a la diputada

Díez usó esta expresión para definir al presidente del Gobierno, José Luis Rodríguez Zapatero, y al líder de la oposición, Mariano Rajoy. La portavoz autorizada de la política vasca subrayó que su jefa utilizó el gentilicio “de forma coloquial”. Sin embargo, sus palabras, pronunciadas en una entrevista en CNN+, suscitaron la reacción airada de los políticos gallegos.

Tanto el BNG como más tarde el PSdeG y el PP, exigieron a Díez que se disculpase con el pueblo gallego. El portavoz del BNG, Guillerme Vázquez, calificó la expresión de la líder de UPyD como “racismo antigallego”, y el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, llegó a decir que “no ofende quien quiere, sino el que puede”.

En boca de su representante, Díez subrayó que, coloquialmente, en las otras comunidades autónomas el término “gallego” se atribuye a una persona que, “como Zapatero, salvo él mismo, nadie sabe muy bien si sube o si baja. O sea, lo que va a hacer o dejar de hacer”. La portavoz de la diputada de UPyD en el Congreso defendió que detrás de ese uso coloquial de la palabra no existe, al menos a su juicio, ningún tipo de crítica negativa, e insistió en que ella “nunca jamás” lo utiliza “en términos ofensivos”. De hecho, recordó que durante la misma entrevista, la política, que es vizcaína, habló de “bilbainada” en el sentido de “fanfarronada”.

Díez cree que “nadie que no tenga mala fe” puede entender que con sus palabras pretendía molestar a nadie. “Alguien ha querido coger el rábano por las hojas”, zanjó la portavoz. “No creo que haya más que un interés desmedido por sacar las cosas de contexto”.

Dirigiéndose en concreto al presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, al que también llamó “gallego, en el sentido más peyorativo del término” a finales del año pasado, la diputada en el Congreso respondió a Europa Press: “No sé si él me ha querido ofender a mí; de lo que estoy segura es de que yo no quiero ofender a nadie”.

Tampouco comprendo cómo o partido de esta muller pode estar representadso por un grupo de intelecuais que se teñen por xente culta.


Especie en extinción

febrero 25, 2010

Esta tarde no Museo Manuel Torres vai haber unha interesante charla sobre os morcegos.
Incomprensiblemente, penso que non se vai falar dunha especie en extinción da que sólo queda un exemplar, e curiosamente ese exemplar está en Marín.

O nome científico en latín é  “Que rica la Pilarica”. E todos pensamos que merece un estudo pormenorizado.



A loca carreira das eleccións

febrero 23, 2010

Amigos e amigas, lectores e lectoras, xente que pasabades por aquí e decidistes pararvos a ler esta crónica surrealista, gracias por prestar atención. É a primeira vez que me poño a escribir unha crónica deportiva, e aínda que se trate dunha loca carreira en locos cacharros, non é nada fácil para unha semianalfabeta coma min facer un relato tan hiperbólico e tan raro do noso deporte municipal. Farei o que poida.

Da comenzo a loca carreira das eleccións, a meta está en Ardán, parroquia mais distante do concello. O camiño para chegar a ela é libre. Cada partido político pode escoller as estradas, carreiros e corredoiras que estime oportuno.

Lembramoslle ós corredores que non vale dispararlle á roda do vehículo contrario, e que atropelar vellas octogenarias non suma puntos, xa que o Inserso non ten nada que ver neste campeonato.

As escuderías xa están preparadas para tomar a saída:
A Pole position será ocupada polo coche oficial conducido polo mesmísimo alcalde disfrazado de Rey Mago.
Copilota e fotógrafa personal: Luz Santiago.
Mecánico e inxeneiro no asiento de atrás:Benito González e Manuel Lamoso respectivamente.
Muradas desculpou a súa ausencia porque ten un ataque de palanquinitis crónica.
A salida vaise retrasar un chisco porque Fran Veiga está algo sensible ultimamente e empeñouse en que el non conduce se non levan no maleteiro a pila bautismal para que lle dea sorte.
Os peóns do concello levan media hora coa pila arrasto, tentando ver cómo fan para poder cerrar a porta do maleteiro con aquel artiluxio dentro.
Ó final optan por atar a porta con cordeles e deixar media pila ó airo. Doutra maneira non cabe.

A segunda posición é para a escudería do Bloque, que ocupará a furgoneta da concellaría de Medioambiente pilotada por Jaime o de Santomé.
Pilar Blanco ocupa o posto de Sarxenta con látigo
e Vilaboa vai de tiralegóns oficial.
Ruibal excusou a súa presencia alegando “unha xestión ó mais alto nivel”.
Esther Crespo xa non contan con ela porque quedou atascada no aparcamento da piscina e non hai maneira de que poida salir de alí sin desgraciar algunha que outra defensa.

A terceira posición de salida está ocupada polo taxi de Enrique, cargado cos oito concelleiros do PP que se poden permitir iso e moito mais, xa que María Ramallo é Deputada.
Esperemos que poidan rematar esta etapa sin que o taxista non os vote a todos fora, xa que algún deles chegou cunha cesta chea de merenda e levan horas cantando “un elefante se balanceaba sobre la tela de una araña”

En último lugar partirá a escudería de Marín-In, pilotando unha Vespa de segunda man.
O xitano que lla vendeu asegura que “pilla más de cien”, pero o público opina que non vai pasar de cincuenta.
Parece que a Briones non lle fai moita gracia ter que sustituir o chapeu por un casco, pero neste tema Isabel é inflexible
“Ou pós o casco ou quedas na casa”

Cando a interventora d0u o pistolazo de saída, o alcalde pisou  gás a fondo e o coche colleu tal impulso que a dichosa pila bautismal quedou tirada diante da porta do Museo Manuel Torres, onde sempre hai un lugar para as reliquias.
A furgoneta do Bloque queimou media roda nunha espectacular arrancada,  coa música Heavy Metal a todo volumen e a concelleira dándolle latigazos ó sufrido conductor.
Detrás vai o  taxi de Enrique,  cos outros oito cantando a capela a canción dos elefantes.
Inesperadamente a Vespa de Marín-In saleu disparada.  A ver se vai ser certo o que dixo o xitano, e esta moto leva o motor turbo do Audi de Touriño,  que seica se vendeu nunha subasta. Falta lle fai,  porque os dous concelleiros independentes teñen que facer unha paradiña no camiño para fundirlle os plomos ó alumeado de San Pedro antes de que cheguen os demais.

Ó chegar perto da Barriada de Suboficiales o coche do PSOE  sufreu  un serio percance: O alcalde cometeu o erro de asomar medio corpo pola ventanilla para saudar a uns rapaces que pasaban por alí, e a capa saeu voando enganchándose na antena do radio. Por moito que tiraba Fran Veiga a capa non se soltaba, e non había maneira de poder atenderlle ó volante como Deus manda. Marilus non paraba de facer fotos para a posteridade e Manuel Lamoso, para distraerse daquel espectáculo empezou a cantar a canción de Coco-Guagua. Ó pouco tempo os catro entonaban Cocoguagua cocoguagua cocococogua, e aquilo era unha experiencia tan mística que xa non importaba que o alcalde levara medio corpo fora nin que lle adiantaran motos, bicicletas e incluso Manuel Rosales que pasaba correndo por alí.
Por último pasoulle a Vespa de Marín-In, cunha Isabel Epifanio surrindo de felicidade e con tal cara de velocidade que levaba os dentes cheos de mosquitos.

A furgoneta dos do Bloque colleu un atallo pola Barriada de Mogor pensando que por alí chegarían antes, tomaban as curvas tumbando a dúas rodas, aquilo era verdadeira histeria no asfalto. Nembargantes ó chegar ó cruce da igrexa de Mogor tiveron que facer STOP e casi lles adianta o taxi do PP.  Menos mal que un latigazo oportuno fixo que Jaime arrancara de maneira espectacular e púxose diante dos outros.
Pilar Blanco gritoulle a Vilaboa
-Solta lastre!
E o outro empezou a lanzar legóns polo portón de atrás, a ver se conseguía interceptar ó taxi, que tiña que ir dando bandazos, mentras os concelleiros do PP, felices da vida, non paraban de cantar a canción dos elefantes, movendo cabezas e mediocorpos ó compás.
Os transeúntes non salían do seu asombro porque a “frajoneta” parecía el diablo en la carretera, có Heavy Metal a todo volúmen e a outra dando latigazos a diestro e siniestro, e os legóns saíndo por detrás.
Cando os do PP chegaron ós milquinientoselefantessebalanceabansobrelateladeunaaraña, xa estaban na curva do Pozo da Revolta.
Alí estaba esperando a “pantasma da curva”, facendo autoestop.
A furgoneta do Bloque dou tal frenazo que o Vilaboa quedou coa geta pegada no parabrisas e este detalle casi lle custa os piños.
Todo o mundo sabe que os do Bloque son extremadamente supersticiosos en asuntos de pantasmas e de Santas Compañas, así que deron media volta cagando leches e volveron a Mogor.
Os do PP que iban detrás, tiveron mais tempo para reaccionar e decatarse que o pantasma non era outro ca Antonio Conde, que andaba por alí inspeccionando beirarrúas. Pero a reacción de María Ramallo non foi mellor que a de os do Bloque.
-AAAltoo!!- gritou
-Mediavuelta Enrique, ya volveremos otro día, hoy no estoy de humor para aguantar a Conde.

E así remata a primeira etapa desta carreira.

Os de Marín-In deben andar perdidos polo quinto pino de Pastoriza.
O coche oficial facendo estranas derrapadas polas inmediacións do cementerio, coa capa do alcalde ondeando a media asta coma unha bandeira esnaquizada, e os seus ocupantes desafinando o cocoguagua.
A Frajoneta aparcada na Barriada de Mogor rodeada de vellas que reclaman a súa viaxe.
Os do PP aparcados en Bagüin, sacaron a empanada  de calamares e invitaron a  Enrique o taxista que non fai mais ca pensar ” a ver se nos dura moito a merenda, que mentes comen non cantan”.

Un desastre, polo de agora. Espero que a próxima etapa mellore un pouco as cousas.
Saúdos a todos e a todas
Breaseixo


Gala do Deporte

febrero 22, 2010

Un ano mais, o Concello recoñece e premia ós mellores dportistas.
Unha vez mais, Ruibal mete a zoca co seu discurso irreal e incorrecto.
De novo Julio Santos indignado, coma todos nós, correxindo as palabras do concelleiro.
Quere resaltar Ruibal que esta é a “segunda gala do deporte”, e deixamos claro tod@s, coreando a Julio Santos que esta é unha mais das moitas galas do deporte que nos últimos anos se celebraron nesta vila.
O ano pasado pasou outro tanto cando o susodito nos quería convencer de que era a “primeira gala do deporte”.
Parece que o concelleiro é mais terco ca unha mula, e semella que comparte con este animal mais cousas que a terquedade.
É que non aprende nin á de tres.
O ano que ven, estará na mesma festa e dirá “esta é a terceira gala do deporte”, e unha vez mais, todos corearemos “que non home, que non, que antes ca ti xa había vida social neste concello”

Pero non foi este o único detalle que nos chamou a atención.
O mais rechamante do evento foi que varias sillas de autoridades estaban valeiras, concretamente as dos concelleiros do PSOE. Únicamente estaba o alcalde defendendo o seu posto.
Que está a pasar no PSOE?
Por que non había representación socialista neste evento?
Por que deixaron solo ó alcalde, cando todos os demais partidos tiñan representación?
Por que os concelleiros socialistas lle fixeron este desprecio ós deportistas?
Por que este partido se pon en evidencia de tal maneira?
Non sabemos que pasa, pero non é nada bo. E dende logo, a imaxen que están a deixr entre os veciñ@s é de pena.

Nas fotos seguintes podemos apreciar cómo concelleiros de todos os partidos  comparten esta festa cos deportistas galardonados, pero non hai ningún do PSOE:

———————————————

Julio santos di verdades



Aguete: Porto e praia

febrero 22, 2010

A praia de Aguete non sólo é a mais emblemática de Marín, tamén é un anaco dos nosos corazóns.
Aguete é un símbolo, unha bandeira, unha nai á que temos que coidar e unha filla á que debemos protexer.
Aguete é moito mais e merece un respeto
Antón Pousada, membro daAsociación de pescadores “Chirleu”  danos a tod@s un toque de atención e un argumento para a reflexión. Sabe do que fala porque leva anos estudando os cambios que está a sufrir a nosa praia.
Os veciños pedímoslle aos políticos que antes de facer ningún proxecto, fagan os estudos necesarios para que esta praia non salga perxudicada.
Baixo ningún concepto.

Esta entrada é continuación de outra titulada “Albricias!” na que dou conta da visita ó porto de Aguete dos políticos que presentan un proxecto para o seu porto.

————————————————

Tres días despois, a Xunta responde:



A Reconquista

febrero 21, 2010

O boletín informativo-deformativo do BNG, dou o pistoletazo oficial de saída da carreira polas eleccións.
Pensaban os nacionalistas que se iban manter no primeiro posto do ranking durante moito tempo, pero o alcalde socialista non vai permitir semellante cousa.
Despois do ataque de histeria que lle dou cando leu o famoso “panfleto”, recolleu os anaquiños de dignidade rota e espallada polo chan e xurou de xeonllos coma a propia Escarlata O’hara “juro por Dios que nunca me quitarán la alcaldía”.
E non sei eu se ese xuramento iba dirixido solamente ós nacionalistas ou pensaba tamén Fran Veiga en algún elemento do seu mismo partido que empeza a sacar o cuchilo, o mesmiño que fixo Bruto para apuñalar pola espalda a Julio César.
Sexa como sexa, o alcalde parece que espabilou e quere empezar unha reconquista dos territorios perdidos.
A primeira etapa estase a disputar na Barriada de Mogor.
Deixou ben claro Fran Veiga que os cartos para a súa remodelación mandounos Zapatero, e índa que non foi invitado ó “Bloque party” que organizaron Pilar Blanco e os seus mariachis, a obra foi responsabilidade de todo o grupo de goberno e que o grupo de goberno está formado por dous partidos.
E a cousa non acaba aquí. O seguinte punto será, cómo non, darlle lustre ó parque infantil, e outra cousa mais importante aínda: facerlle un lavado de imaxen ó Centro Social de Mogor, sito na mesmísima barriada, para que os vellos en proceso de alfabetización teñan a súa escola ó lado da casa e non precisen montar na furgoneta do personal de limpeza.

Parece que esta iniciativa do PSOE non sentou moi ben no grupo nacionalista que xa tiña por conquistada a Barriada, así que Pilar Blanco, decidida a non perder por nada do mundo os trinta votos conseguidos nas últimas eleccións, contraataca coa autoridade e contundencia que a caracteriza, facendo unhas declaracións na prensa. Se ata agora nunca quixo dar explicacións da súa maneira de actuar e fixo caso omiso das críticas veciñais e respondía ás  preguntas do PP con insultos, agora amósase aberta e dialogante, ofrecendo todo tipo de detalles: “As vellas en cuestión teñen casi oitenta anos e non poden subir costas. Non corren perigo porque levan cinto de seguridade. Sólo usan o vehículo para subir” pero á hora de baixar van de rebolo. E se este servizo non se fai noutras parroquias é porque ninguén o solicitou, pero no momento en que alguén o pida, a furgoneta está á disposición dos cidadáns, faltaría mais.
O que ninguén se explica é por que a concelleira non falou desta maneira dende o primeiro momento. Se ten as ideas tan claras e todo é tan legal, por que esperou tanto para acalar os rumores e evitar suspicacias. E sobre todo, evitaría que o alcalde fixera o ridículo mais espantoso no último pleno, non sólo cando dou mostras de non saber nada desta situación, senón cando, saíndo en defensa da do Bloque, lle dixo a María Ramallo: “si tiene usted pruebas, preséntelas”,  o que provocou as risas de todos os veciños porque o tema era vox populi dende facía un mes.
De calquera maneira, as vellas estas non son tan analfabetas como poida parecer, e aproveitan os rifirafes políticos para vivir a corpo de rei. E fan moi ben. Eu cando teña casi oitenta anos espero ser tan lista coma elas.

breaseixo


TVE en Marín

febrero 20, 2010

Ruibal ausente

O mundo da farándula chegou estes días a Marín e os veciños andaban encantados coa novidade.
Nada menos que os actores Imanol Arias e Juan Echanove estiveron a curiosear nas nosas tradicións culinarias.
Polo visto están a grabar un programa de ámbito nacional que se vai chamar “Un país para comérselo”. Pensan percorrer toda España na busca de comida boa e tradicional e, cómo non, un dos primeiros capítulos vai estar dedicado ós productos galegos.
Un coñecido empresario que suministra aceite de oliva virxe procedente de Jaén, foi o que recomendou a TVE estas terras nosas, e púxose en contacto con bares e restaurantes clientes seus, con algún empresario e co propio concello de Marín para poder levar a cabo este proxecto.
Un percorrido por todo o Morrazo, as súas paisaxes e as comidas típicas.

Empezaron os da farándula o seu periplo por terras de Santomé, aínda que alí non estaban os periodistas.
Visitaron o muiño de Esperela e acompañados dunha veciña da zona, moeron millo e despois fixeron unha empanada.
Non quixeron visitar o Ecoparque de Cadro nin montaron en bicicletas Montain Bike. O único que querían era moer millo e montar no burro de Saladina (a veciña en cuestión). Despois amasaron a empanada e comérona encantados da vida.
Nos días seguintes visitaron Moaña, Ons e Bueu, onde se interesaron pola cría do mexilón, pescaron pulpos, recolleron percebes e tomaron unha afarta de centolas.
Por último viñeron a Marín e disfrutaron de lo lindo pescando á Rapeta na praia de Mogor.

O vecindario da zona non perdeu detalle e as mulleres andaban loquiñas por darlle un bico a Imanol Arias que disque está feito un chaval, que é mais guapo en persona ca nas películas, e aínda que está algo flaquiño, si se quedara unha temporadiña por estes lares xa se encargarían elas de engordalo a base de productos “autótonos”.

Pero hai algo raro nesta historia, algo que non podemos entender. Algo incomprensible para todos os que estivemos no pleno do outro día.
A estas alturas aínda resona nas miñas orellas o triunfal discurso do concelleiro de turismo, o señor Ruibal, decindo que vai potenciar considerablemente o turismo de Marín, e que vai dinamizar a vida dos bares, restaurantes, hoteles, hostales, pensións, furanchos e chiringuitos. E que hai que traballar para que o turismo veña en masa a Marín. Para que veñan autobuses de excursións, e parexas de namorados en lúa de mel, e familias de vacacións. E que el, Ruibal, non vai parar ata conseguilo.
Nembargantes, agora que chegou a hora da verdade, agora que ven un equipo enteiro da televisión nacional para facer propaganda da nosa riqueza gastronómica, agora que é cando o concelleiro tiña que estar ahí ó pé do canón para promocionarnos e publicitarnos e gabarnos, e decirlle ó mundo enteiro que Marín é o mellor pobo que existe, resulta que o concelleiro nacionalista desapareceu do mapa e ninguén sabe onde andará.

Menos mal que o alcalde é un todoterreno, e mesmo colle a sartén polo mango e nos prepara unhas filloas, como se quita os zapatos e tira pola rapeta metido nas augas do mar.
E non perdades detalle na foto porque Fran Veiga vai ataviado cunha camiseta publicitaria do turismo marinense, para que toda España se entere de que aquí non sólo temos riqueza gastronómica senón que tamén temos ofertas rupestres-laberínticas- cultural-areleiras-castrosubidás, e todo iso.

En resumo: Todo un éxito para Marín e para Fran Veiga que matou catro paxaros dun tiro:
1-Salir na foto, que ese é un tema que lle encanta.
2-Mandárlle un currículum a TVE, por se acaso o asunto das eleccións vai mal, que nunca se sabe.
3-Ir recuperando posicións na estima dos veciños e ganar algún voto.
4-Decirlle a Ruibal que onde hai patrón non manda mariñeiro

Na foto da túa  esquerda podes ver ós actores acompañados do empresario do aceie de Jaén e mais os donos do restaurante buenense Rosa de los Vientos (pai e fillo)



Albricias!

febrero 17, 2010


Albricias!
Disculpade que use unha palabra tan castellana e tan de Mio Cid, pero é que esta é unha xesta sin parangón en Galicia, e ó fin e ó cabo, o PSOE fala mais castelán ca galego, tanto no noso concello coma cando mandaban na Xunta. Lembrades aquela Touripedia tan chistosa sobre o galego macarrónico que usaba Touriño?
Ai! que tempos aqueles da Touripedia. Agora xa nada nos produce chiste.
Bueno, pois indo ó gran, quérovos contar que Marín ten un premio. Un galardón importantísimo que ven a ser coma os Goya dos parques infantiles. É un “Columpio de bronce”. Os rapaces usuarios  xa o bautizaron coma “premio cocoguagua”.
Dende aqui queremos felicitar ó concelleiro Lamela, non sólo pola súa boa xestión, senón porque para presumir dela, non se meteu para nada cos seus compañeiros nacionalistas de goberno, simplemente presentou o seu: Ahí está o parque. Ahí está o premio.
Un premio cocoguagua que os nenos celebrarán.

————————————————

Pero non sólo estamos de noraboa cos parques infantiles, tamén hai outros asuntos que merecen a nosa atención.
Resulta que a prensa sorprendeunos este día con que o alcalde, por fin, nun acto de valentía sin precedentes, fixo de tripas corazón e tivo un encontro coa xente do PP no muelle de Aguete. E descubreu o PP que o PSOE non produce urticaria, e decatouse o PSOE que o PP non cheira tan mal como din as malas linguas. O caso é que alí estiveron xuntos e revoltos e non saltaron chispas nin cairon lóstregos nin pasou nada. Ó mellor ata fan algo útil e todo.
E quen sabe…tal vez despois do evento se foran todos a tomar uns calamares a la ramona ou a la marrana ou a la romana (sempre me trabuco cos cefalópodos) no rincón de Poti.

Mira ti que por fin podemos publicar unha boa noticia. E mira ti que a min pilloume a cousa ben pertiño, porque andaba  atendendo un “interés particular” (como diría a miña amiga Pilar Blanco) pola carretera da Goleta e entereime de pura casualidade.
Cómo?
A cousa foi así:
Baixaba eu no meu utilitario pola Brea abaixo cara a Seixo cando, ó pasar polo lavadoiro de Delmira mirei o retrovisor e levei un sobresalto… detrás de min viña  o coche oficial do Concello!  Conducido polo mesmísimo Fran Veiga!
Pisei o acelerador a todo canto daba e pelisqueime nun brazo para asegurarme de que non era un soño.
Canto mais corría eu, mais se me pegaba o alcalde ó cú (o cú do coche, suponse)
Ó chegar á curva de Esteriña tiven que frenar en seco porque un que viña de fronte ocupaba medio carril esquerdo, e pensei
-Agora sí que me vai dar polo cú.
Pero non. Sintoo por Julio Santos, pero teño que confirmar que o coche oficial frena perfectamente.
Uns metros mais abaixo volvín parar no semáforo vermello e puxen o intermitente esquerdo…Horror!…o alcalde tamén.
Fixen unha arrancada das que fan historia, queimando neumático e arreando a todo trapo por Seixo adiante. Pero o coche oficial non se me despegaba.
Menos mal que non hai policías entre os lectores porque senón non podería contar esta aventura.
Cruce de Aguete…metínme por el, e a ver se adiviñades…o alcalde fixo outro tanto.
A estas alturas empecei a matinar, meu deus, este home ándame a perseguir. Quererá chamarme a atención por algún motivo. Ou tal vez me dea as gracias por facerlle tanta publicidade gratuita, que non precisa pagar periodistas arxentinos nin programadores uruguayos nin nada. En fin, tamén pode ser que me invite a tomar un cafelito no club náutico, agora que non está Marilus. Ou eu  que sei…
Pois non, nada diso pasou.
Ó chegar ó cruce que vai dar á Goleta eu desvieime e Fran Veiga. Que decepción!, tirou para o Club Náutico sin min.
Eu non sabía que iba pasar alí, pero desconfiei que algunha noticia boa tiña que salir ao día seguinte na prensa.
E saleu
Así volo confirma breaseixo



Erasmo replícalle ó alcalde

febrero 16, 2010

O noso alcalde, ademais de amosarse coma  mestre do trompo, bailarín de espadas, diestro no manexo do rodillo e rei dos disfraces, tamén destaca nas artes culinarias.
Aquí o temos facendo filloas e de paso mándanos unha mensaxe subliminal
- “Eu teño a sartén polo mango”

Non pensa o mesmo Erasmo, que pon en dúbida a súa autoridade.

Rescatei este artigo que o noso amigo Erasmo escribeu no foro Marinenses.com
Penso que é moi interesante

erasmo

Sab Feb 13, 2010 10:50 pm

NO ES LO MISMO GOBERNAR QUE DIRIGIR

He leído atentamente en la prensa gallega la contestación que el alcalde ofrece sobre el último panfleto del Bloque y que tanto ha molestado a nuestro regidor. Con cierta ironía, no exenta de argumentos que denotan debilidad, don Francisco “el Desdichado”, culpa de bisoños a los nacionalistas porque no están acostumbrados a gobernar, lanzándoles al tiempo pellizcos de monja que seguramente no van a ser replicados por sus socios de gobierno. La sangre no llegará al río porque aquí de lo que se trata es de mantener el poder y de paso la mamandurria, que no están los tiempos como para buscar empleo en otros abrevaderos. Con sus palabras, nuestro alcalde se cree, así mismo, el adalid del buen gobierno porque su larga experiencia y trayectoria políticas desbordan sapiencia y buen hacer. Nada más lejos de la realidad. O mejor, diremos que el alcalde confunde su realidad virtual con la tozudez de los hechos que por su tibieza hemos sufrido en estos dos largos años.

Nos cuenta don Francisco “el Desdichado” que muchas veces ha solucionado conflictos originados por acciones del bloque en Marín. Me diga cuáles, por fa, porque yo creo que lo que ha hecho es pecar de cobardía. Y nos cuenta también que –cito textualmente de La Voz de Galicia- “tendremos que revisar nuestra forma de actuar y relacionarnos hasta ahora. Reorientaré la actividad del gobierno y dejaré de resolver problemas ajenos a esta alcaldía”, en clara referencia a conflictos originados por el BNG con vecinos u otras Administraciones (sic). A buenas horas mangas verdes como bien ha titulado el contertulio Metropolitano aquí al lado.

Miren ustedes, estimados lectores, a don Francisco “el Desdichado”, le sucede que confunde gobernar con dirigir. Pero para dirigir hay que saber a dónde se va. Y el alcalde nunca ha tenido claro dónde quiere ir. Esto se entiende muy bien cuando uno dirige una empresa. El consejo de administración es el responsable último de cualquier cosa que suceda en la empresa y por encima de todos ellos está el presidente o administrador, para eso es la figura más importante y en la que recae la máxima responsabilidad. Nuestro alcalde ha olvidado esta obligación desde el principio y ahora ya es tarde para lloriqueos y para escurrir el bulto. ¿Cómo que dejará de resolver problemas ajenos que provoquen sus socios de gobierno? Pero, ¿de verdad sabe lo que está diciendo?

No, hombre, no. Usted señor alcalde es el responsable último de lo que hagan todos los miembros de su gobierno para eso está donde está y para eso le han elegido, para que gobierne y para que dirija. Aquí no vale escurrir el bulto ni tratar de nadar y guardar la ropa. Con esta actitud está admitiendo su rotundo fracaso y si es así dígalo a las claras porque a lo mejor el pueblo le va a comprender mejor. Más vale una retirada a tiempo que una humillante derrota que es la que usted y su partido van a cosechar en las próximas elecciones municipales si no cambia el rumbo de su singladura. Y mire usted que le digo su singladura porque se supone que es el capitán de este barco que se llama Ayuntamiento de Marín. No me venga usted con zarandajas ni con excusas de trilero, porque no las tiene. Es a usted y solo a usted a quien debemos responsabilizar del gobierno del Concello.

Si usted no sabe dirigir, lo mejor es que se quite de en medio y deje paso a alguien que lo pueda hacer mejor. Ya sé, ya sé que esto no es factible porque de hacerlo, por vergüenza torera, en su partido le iban a achicharrar. Pero le voy a dar algunos consejos que no le vendrán mal aunque los puede encontrar en cualquier manual del buen gobierno. Punto primero: saber dónde estamos. Punto segundo: saber dónde queremos ir. Punto tercero: determinar qué hay que hacer para pasar de donde estamos a donde queremos ir. Punto cuarto: determinar quién lo va a hacer. Punto quinto: determinar cuánto dinero nos va a costar. Punto sexto: determinar de dónde vamos a sacar ese dinero. Y punto séptimo: hacerlo. Más sencillo no cabe.

Ahora bien, pasemos a los hechos concretos. Por ejemplo, las aceras de Seixo. Por qué no deja de enredar con los vecinos diciéndoles que si deben pedir esto u esto otro perturbando los trabajos de la nueva empresa adjudicataria y poniendo palos en las ruedas para echarles la culpa a la Diputación o la Xunta si se produce el retraso. No quiero recordarle la chapuza que hizo el bipartito adjudicando a Teconsa la obra, empresa ésta que dio en quiebra y que por su negligencia los vecinos de Seixo aún están desatendidos. No me extraña que no le hayan invitado a la visita del delegado de la Xunta cuando fue recientemente a Seixo. Siga usted haciendo y diciendo sandeces y verá que tampoco le van a invitar a otras. Sea práctico y resuelva, porque es el Ayuntamiento el que lo tiene que resolver, los perjuicios que les están causando también a los vecinos de San Xulián y A Brea por el mismo motivo. Convenza al señor Vilaboa de lo que tiene que hacer –porque ese es su papel- y colabore con otras instituciones para que pongan el dinero. ¿Sabe cuál es el problema de fondo? De colaboración institucional y usted señor alcalde debería saberlo. Compórtese con responsabilidad y todos saldremos ganando.

Más hechos. Las obras de soterramiento de la Avenida de Orense. Por qué no cuenta usted toda la verdad. Por qué no nos dice que el presupuesto se ha ido de 8 millones a 11 millones de euros. Por qué no cuenta que el soterramiento estaba supeditado a la resolución del centro de ocio porque allí tiene que ir una salida para el aparcamiento. Por qué no cuenta qué ha pasado con las empresas que han declinado hacer el centro de ocio porque no les salía rentable y por qué no cuenta que entre los accionistas de las empresas que iban a hacer el centro de ocio había intereses de personas próximas a su partido. Por qué no cuenta que en todo este asunto tiene mucho que ver la decisión del alcalde de Pontevedra que quiere hacer una rotonda en la variante hacia Marín y que esta variante está sin finalizar por eso la Xunta dice que no se mete en ninguna obra si no hay otra alternativa. Y, por último, por qué si es una decisión de todo el pleno del Ayuntamiento pedir la transferencia del vial a Fomento esto no se ha hecho porque el Concello no tiene dinero para acometer las obras ni para su mantenimiento. Le recomiendo que siga negociando y siga insistiendo, pero con buenas maneras y con cabeza porque todo tiene solución. Otra vez estamos ante un problema de colaboración institucional.

Más hechos. El Centro de Salud. Es una necesidad imperiosa para Marín y es de justicia que los marinenses estén bien atendidos en cuanto a la sanidad. Pero cuente usted toda la verdad, no se quede a medias. Por qué no cuenta que hasta ahora desde Urbanismo del Concello se han estado poniendo problemas con los terrenos y porque no cuenta que estos terrenos se han puesto a disposición recientemente. Como usted sabe, en gobiernos anteriores ni el señor Toneco ni el señor Muradas han hecho mucho por esta cuestión. Pero a usted le tenemos que agradecer que haya dado un impulso a este proyecto. Y, no se preocupe, porque los desvelos que ha tenido figuran en su haber. Se lo reconozco. Pero como usted sabe, la tramitación administrativa es, desgraciadamente lenta –entre otras cosas por la colaboración institucional-. Yo confío en que para el segundo semestre de este año se liciten las obras por parte de la Xunta, según me he podido enterar. El año 2011 va a ser clave porque es cuando comenzará a construirse el Centro de Salud. Pero mientras tanto, por qué no coadyuva a resolver los problemas del inmueble de la calle de La Estrada, por el que se están pagando 6.000 euros mensuales a un ex aparejador que trabajó en el Concello y que no reúne las condiciones médicas y salubres para atender a los pacientes, sobre todo a los más pequeños en la sección de Pediatría. A lo mejor si se habilitan algunas dependencias en la última planta de la Casa del Mar algo podíamos avanzar.

Sobre el tema sanitario le digo todavía más. Creo, sinceramente, que se equivoca bailándole el agua al señor Lores respecto a la ampliación de Montecelo o hacer un nuevo hospital. Creo que lo más sensato es hacer un nuevo hospital. Esa desde luego es mi opción, siento discrepar con usted. Pero creo que para los marinenses es mejor tener otro hospital. Y mire usted, no me parece bien que cuando le invitan a una reunión para conocer los planes sobre el nuevo hospital usted no acuda. Primero porque produce un mal efecto de descortesía –al menos podría recabar alguna información si estuviera allí- y segundo porque no ayuda mucho a la colaboración institucional, se esté o no de acuerdo. Usted como alcalde de Marín debería estar. Es lo que pienso. Después de actitudes como esta no puede usted reprochar a nadie que no le vuelvan a invitar.

Más hechos. Decía en mi artículo anterior que el fracaso del Bloque es el fracaso del PSOE y, por ende, el de usted porque es el alcalde. No hay mayor fracaso hasta ahora que el que ha tenido usted con el PXOM, al que por cierto sí le tenemos que poner en el debe su gestión porque es usted quien se ha arrogado la responsabilidad para llevar el proyecto a buen fin y mire cómo estamos. Me gustaría que explicara cómo va eso del informe medioambiental que se le ha olvidado al equipo redactor y a los técnicos y me gustaría que de una vez por todas conociéramos los resultados de las alegaciones que han hecho los vecinos. Es un tiempo perdido precioso del que usted, en gran parte, es el responsable.

No estoy de acuerdo con usted en habilitar suelo industrial en el Pituco por razones que ya he expuesto en numerosas ocasiones y mi opción claramente es Pastoriza aunque haya torpedeado hasta ahora el informe de Sepes sobre esa zona. Sigo esperando que usted explique con razones convincentes por qué esa negativa al informe de Sepes cuando el propio Congreso de los Diputados así lo acordó. Tendremos tiempo de seguir hablando de este asunto porque tengo la firme convicción de que va a ganar finalmente la opción de Pastoriza frente a la del Pituco. Pero mientras tanto, dígales a sus socios de gobierno Pilar Blanco o Branco –como ella guste- y al señor Vilaboa que se dejen de envenenar a los vecinos de Pastoriza y de Ardán diciéndoles poco menos que Ence se va a trasladar allí o que se van a instalar empresas contaminantes.

Termino este largo artículo –por el que pido disculpas a los lectores- con una frase de Quinto Séptimo Severo: “Hay dos clases de ceguera que se combinan fácilmente: la de aquellos que no ven lo que es y las de los que ven lo que no es”.



Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.