O porto e a sentencia 3

historia2

Fuche ti quen cajou no palleiro.

O día 1 de decembro de 2008, Touriño veu inaugurar a parte nova do porto de…¿Marín ou Pontevedra?
Como todos sabedes, os da Brea estivemos alí cos nosos carteis de “Polígono na Brea non”, como estabamos sempre que algún político viña por estas terras facer propaganda. Podedes buscar a entrada “Touriño no porto de Marín” se a queredes volver ler.
O caso é que alí sólo estabamos para protestar os dos micropolígonos e mais as mariscadoras de Poio e Lourizán. Ninguén mais de Marín nin de Pontevedra.
En todos estes anos eu non teño constancia de ningún político que se manifestara en público contra estes recheos, nin de ningunha plataforma de cidadáns, aparte dos de Placeres, que fixera protestas. Mais aínda, o único que lemos na prensa en todo este tempo, foron as acusacións de uns e de outros sobre a titularidade do porto, que si era de Marín, que si era de Pontevedra, que si era dos dous.
A última foi hai poucos días, cando o señor Ruibal e mais o alcalde fotografiáronse co dedo acusador contra Manuel Santos por non defender a nosa territorialidade no porto.
Os de Pontevedra, avariciosos onde os haixa, sempre trataron de apañar centímetro a centímetro, todo canto puderon para mellorar a súa economía.
E agora, o señor Lores, despois de ser o primeiro en aparecer nas fotos da inauguración, despois de aproveitar todo canto pudo, ten a desfachatez de declarar que el xa avisou de que todo isto era ilegal.
Se o señor Lores sabía que era ilegal por que non se puxo do lado das mariscadoras o día que veu Touriño? Por que non excusou a súa presencia argumentando que el non participaba en actos ilegais que son antinatura? Por que o seu discurso de aquél día non foi “Este porto non pode ser un polígono“?
Eu non lle voto a culpa Lores, líbreme Deus. A culpa tívoa o PP.
Pero a complicidade do PSOE e do BNG non ten excusa.
E sobre todo, o pobo de Marín, que nunca fixo nada
Así que eu, unha vez mais, volvo a decir que non me sinto competente para afirmar se esta sentencia do tribunal é boa ou é mala para Marín.
Quén pode afirmar unha cousa ou outra se os mesmos políticos non saben por onde andan e os ecoloxistas ós que lle preguntei non están seguros de que volver a quitar os recheos xa feitos sea mellor ca deixalo como está?

porto mercores

porto martes 3

puerto martes 3

lores

porto miercoles 4

puerto miercoles 5

puerto martes 1

puerto martes 2

porto martes 4

puerto martes 4

puerto martes 5

puerto martes 6

puerto martes ultimo

porto mercores 3

q

Diario de Pontevedra, jueves 12 de noviembre de 2009

q

 

5 comentarios para “O porto e a sentencia 3”

  1. undemarín Dice:

    O PP era o que tiña o poder en aquel momento.
    É culpable dos recheos ilegales. Unha barbaridade.
    PSOE e BNG, cómplices, que se ampararon no que fixo o outro. Inaugurárono, disfrutaronoe agora, cando veñen os problemas, esconden a man.
    Os políticos son todos unha panda de sinvergonzas
    ¡Todos!

  2. lade1959 Dice:

    Pobre Marín.
    Sempre ó borde do desastre

  3. Antonio Dice:

    A mí me da pena el alcalde de Marín y por primera vez estoy de acuerdo con sus declaraciones.
    Estamos viviendo momentos muy tristes.

  4. Luis Dice:

    O problema é de Pontevedra.
    Que o marrón o coman os de Pontevedra.
    Os recheos están feitos en territorio pontevedrés, Placeres pertenece a Pontevedra e os ecoloxistas demandantes tamén son de alá.
    Alá eles. Se hai que desterrar que desterren. Se hai que desescombrar que desescombren.

  5. Candido Dice:

    O problema surxe pola intrasixencia do PP. Os únicos que denunciaron isto en 1993-1995 foi o BNG…mal que lles pese a moitos dos que len este blog.

Escribe un comentario