Un turista madrileño que adoita pasear por aquí, preguntábame esta mañá que era iso do “plan anticristo”, tan comentado hoxe polas veciñas no lavadoiro de Delmira.
Sin duda debe tratarse do “plan anticrisis da Deputación para axudar ós concellos”, díxenlle eu. E como o home poñía unha cara rara, espliquéille que non se trata de iñorancia nin de falta de vocabulario, senón de retranca.
-E ti que pensas do anticristo?
-Pois non sei, pero non creo que nos chegue a nós. Sejún os do bloque, por cada 70 euros que lles corresponden ós de Poio, os de Marín imos ter 40. Decía unha veciña mentras frotaba con brío a camiseta do neto.
Non che hai coma un lavadoiro para enterarse das novedades.
Comencemos polo principio:
O xoves, 27 de agosto pola tarde andiveron a poñer pola Brea uns carteis co membrete do Concello, nos que se nos invitaba unha reunión na casa de cultura do Campo para informar sobre as aceras da Brea.
Non sabiamos quen era o que nos iba informar nin o que tiña que decir.
Venres, 28 de agosto, oito da tarde, os veciños chegaron á casa de Cultura do Campo e atopáronse con que alí estaban todos os dirixentes do Bloque:
Vilaboa, Pilar Blanco, Ruibal, Xaime o do tobo (que portaba unha cámara fotográfica por si se producían incidentes), Esther Crespo e mais o novo dirixente local Celso Milleiro.
A xuntanza non durou mais de media hora.
Pareceume estrano que non houbera periodistas. Esta reunión non era secreta.
Pregúntome tamén se o alcalde sabería algo deste asunto ou se vai enterar tarde mal e arrasto, coma sempre. Tende en conta que, de ser verdade a frase de fran Veiga “para a Brea nada de nada”, agora os do bloque, unha vez mais, déixano co cu ó airo, tentando solucionar o asunto das aceras.
Pero imos ó gran:
Falou Pilar Blanco para introducir ós veciños no tema e contou que a obra que se está a facer na Brea está sufragada polo plan Zapatero e trátase de facer arreglos na acometida de augas. Nun principio, o concello tentaba meter os tubos polo centro da carretera, pero a Deputación despuxo que era mellor que o fixeran polas cunetas.
Tomou a palabra Vilaboa e dixo que, “tal e como eles pensaban”, a obra que se leva feito é unha especie de chapuza, pois agora a carrtera da Brea está moi perigosa para o tránsito de vehículos e tamén para os peóns, debido ás canaletas que tiveron que deixar “por culpa da Deputación” que non lles deixou furar polo centro da carretera.
(A Deputación pola contra, afirma que sí deixaba romper a carretera, sempre e cando voltaran a asfaltala e a deixaran tan enteira como estaba antes.)
A decisión que tomaron os expertos, despois do clamor dos veciños e das protestas de tododiós: conductores, asociacións de veciños etc, foi cubrir as canaletas con cemento, para que non haixa perigo de accidentes, pero esta é unha solución “momentánea”, xa que, co tempo e o moito tránsito desta vía, ese cemento irá fendendo pouco a pouco ata afundirse, polo que compre intentar facer unhas aceras de verdade, aínda que sea sólo por unha banda da carretera.
Para levar a cabo este proxecto, o Concello ten que solicitalo na Deputación, que é a dona deste vial. E xa que hai unha partida de 14 millóns de euros de designación directa para repartir entre os concellos da provincia, o que se chama “plan anticrisis”, as nosas concellarías de medioambiente e urbanismo, comprométense a “facer as xestións necesarias” (aquí é cando hai que votarse a tremer), para que a Brea sea beneficiada, por unha vez na vida, cunha pequena parte deses cartos.
Quixo deixar claro Vilaboa, que este tema vaise tratar no pleno do día 11 de setembro. Recoñeceu que o grupo Marín-In foi o primeiro en solicitar unha moción sobre este asunto, cousa que todos os veciños sabiamos.
Que vai pasar agora según Vilaboa?
Pois que tal vez no pleno haixa algún rifi-rafe entre Marín-in e o BNG
Por que?
Pois porque Marín-In, solicita unhas aceras dentro da legalidade vixente, cos metros correspondentes etc, e iso implica que habería que tirar algún muro e expropiar algúns metros de terreno, cousa que polo de agora é inviable, pois sería moi caro.
Pola contra,e según a versión de Vilaboa,, este proxecto que eles presentan é o de unhas beirarrúas mais axustadas á realidade; estreitas nalgún tramo, mais anchas polo outro, e sin ter que botar muros abaixo.
Unha vez rematado non quedaría espacio para aparcamentos, pero teriamos beirarrúas.
E rematou Vilaboa decindo que, por suposto, todo depende do PP, xa que este partido é o que manda na Deputación
Según as contas que botaron os nosos concelleiros, dos cartos que dispón a Deputación para repartir en toda a provincia, estadísticamente, cada veciño de Poio disporía de 70 Euros, mentras que cada veciño de Marín sólo contaría con 40.
O punto e final púxoo Pilar Blanco, invitando ós veciños ó próximo pleno, que vai ser o día 11 de setembro.
Terá isto un bo final ou será sólo unha manobra electoralista do bloque para sacarlle terreno a Marín-In na súa iniciativa de reivindicar as beirarrúas?
Sexa como sexa, espero que este anticristo non se convirta nun cristo (non falo de relixión senón de liortas)
———————————————————————–
Pola miña parte quero facer mais preguntiñas:
Quen ten a culpa de que o concello de Poio dispoña sempre de mais axudas ca Marín por parte da Deputación?
Tende en conta que o alcalde de Poio é o BNG.
Por que o Concello de Marín non pon as pilas e empeza a pedir, como piden todos, sexan do partido que sexan?
Por que os políticos de Marín prefiren facerse as víctimas e votarlle a culpa ós demais das súas carencias?
E por último, xa que eu entendo pouco destas cousas, gustaríame preguntarvos, a ver se alguén me pode explicar cal é a función dos deputados provinciais na Deputación. Cales son as tarefas que levan a cabo.
Esta pregunta ven a colación porque nos plenos, Muradas sempre arremete contra María Ramallo porque representa a un partido que non fai nada por Marín na Deputación, pero según a información que eu teño, o mesmo Muradas está presente en nove das doce comisións da Deputación e María Ramallo non está en ningunha.
Que pinta alí Muradas?
Podería facer algo e non o fai?
Non ten voz nin voto, pero sí ten soldo?
Pretende Muradas que María Ramallo faga un traballo polo que cobra él, que é o de velar polos intereses de Marín na Deputación?
Incógnitas que me gustaría resolver coa vosa axuda.
Graciñas e apertas



Escrito por breaseixo 







Escrito por breaseixo 







Escrito por breaseixo 













