Futurible e alcaldable, palabras así soan moi socialistas dende que llas escoitamos aquela vez a Felipe González.
Evidentemente non teñen nada que ver con outras coma sensible e amable, que responden a cualidades innatas e non se aprenden de calquera maneira.
Eu non sei nada pero corren rumores moi raros entre as malas lenguas.
Disque:
Coma un “matrimonio” exemplar, o noso bipartito quere dar exemplo e pensa repartir as tarefas domésticas nesa casa de todos que é o Concello.
En que consiste o reparto?
Pois parece ser que na próxima lexislatura vai ser o BNG quen exerza a noble tarefa da alcaldía.
Como o señor Ruibal está mais queimado ca moto dun hippie e xa lle puxeron a data de caducidade, decidiron que a persoa mais apta é o señor Vilaboa.
Contáronme o outro día que esta decisión tomárona despois dun longo debate e duas caixas enteiras de Fontecelta, ao chegaren á conclusión de que este home é o mais idóneo para ocupar o cargo porque o seu cerebro é o que menos desgaste ten. Seica está casi sin estrenar e con todas as neuronas aínda co precinto de fábrica.
De momento ten un par de defectiños que traen de cabeza a todos os compañeiros de partido e mais ós de matrimonio (político), así que se puxeron de acordo en que hai que empezar xa dende agora mesmo a limarlle as asperezas e facer del un verdadeiro “animal político”, iso significa que hai que refinalo un pouco.
Os socialistas tentaron levalo a unhas clases de ximnasia rítmica que dan no colexio das monxas, pero os do Bloque opinaron que as dimensións do corpo de Vilaboa íanse ver moi “perxudicadas fotoxénicamente” de cara á prensa enfundadas nunhas mallas, e ademais sería un mal exemplo de cara á cidadanía que uns políticos de esquerdas patrocinaran o ensino privado.
Despois de “endiscurrir ben endiscurrío”, como diría Agamenón, o señor Vilaboa tivo unha idea: “O mais factible sería acudir a un cursiño de encaixe de bolillos” que é unha tarefa bisexual, está moi ben vista por toda a poboación, e políticamente correcta.
Deste xeito pousaron para a prensa as autoridades mais relevantes do municipio, e a ver se estas artistas dos palillos lle poden inculcar ó futurible unha “mijalla” de arte e sensibilidade.
AGAMENÓN
Es uno de los incontables personajes surgidos de la factoría Bruguera. Creado por NENÉ ESTIVILL (ALEJANDRO SANTAMARÍA ESTIVILL, 1926), apareció a principios de los años 60 del siglo pasado en las páginas de Tío Vivo.
Agamenón es un mozo pueblerino, tan bruto como bonachón, también forzudo y dotado de un excelente apetito, que se mueve en el ámbito de la España campesina que ya en aquella época comenzaba a desaparecer a consecuencia del éxodo hacia las capitales industrializadas.
Las andanzas de Agamenón, desarrolladas a página completa, se alejan de los manidos cánones del humor infantil para dedicarse a la observación satírica de una sociedad rural que había sido la base de la población española hasta el advenimiento de la nación desarrollada. (Anotemos que el desarrollo nacional arranca precisamente en 1962).
En estas historietas se registra una escalada de situaciones con hábil coreografía y un gusto impecable por el absurdo. A la vez que se homenajea un tipo de vida rural que empieza a morir, el surrealismo como aspecto doméstico, coloquial y costumbrista, es utilizado magistralmente por su autor.


Noviembre 6, 2009 a las 6:32 pm |
O creador de Agamenón, Nené Stivill, é galego, nado en 1926 en Pontevedra, por si alguén aproveita a información, que para min é novidosa, sempre pensei que sería catalán polo apelido.
Noviembre 8, 2009 a las 1:01 am |
A verdade é que eu tamén pensaba que era catalán.
Moitas gracias pola información, Gonzalo
Mira ti por dónde, Stivil era de pontevedra.