Nós:
En Marín sempre haberá un antes e un despois do PXOM.
Este Plan urbanístico tan necesario, tan longo no tempo (levamos mais de trinta anos agardando), será unha referencia para a historia de Marín.
Nunca antes un grupo de veciños tan numeroso mantivo unha protesta tan rotunda, tan clara e longa contra un equipo de goberno.
Os da Brea levamos a manifestarnos no Concello dende maio de 2008, os de Vista Alegre sumáronse en agosto, e mais tarde foron aparecendo outros.
Sin desfalecer, sin recuar, sin dudar.
El:
Nunca antes un alcalde tivo as cousas tan fáciles: Os rurales pediamoslle un cambio que os urbanistas non ían rechazar. A oposición estaba desposta a axudar. O mesmo Parlamento español lle tendía unha ponte para que solicitara o estudo dun polígono en Pastoriza que sería aceptado pola Xunta. Que mais se pode pedir?
Pero Francisco Veiga desatendeu os coros de voces. Francisco Veiga rechazou o bote salvavidas, lanzouse a nado na busca dos cantos de sireas e quedou “Bloqueado”.
El, que o tiña todo para triunfar, esqueceuse de que “a fama custa, a fama hai que pagala con suor e con traballo duro”. Non basta con posar para a prensa. Un alcalde nunca debe ser profesional da superficialidade, para iso xa están os maniquís.
Eles:
Nos últimos días tivemos que reprimir as arcadas cando liamos na prensa as declaracións do alcalde e mais o Vilaboa, decindo que “por fin a Xunta doulle resposta ás súas peticións e o PXOM vai seguir adiante sin os polígonos da Brea e Vista Alegre (como eles querían) e que dentro de moi pouco Marín vai ter Plan Urbanístico”
Eles saben que no centro urbano de Marín hai moita xente que non se entera de nada.
Eles saben que unha gran parte de cidadáns seguen sin ter nin idea de todo o que está a pasar no noso Concello.
Eles contan con esta xente para as próximas eleccións.
Eles basan a súa campaña electoral na foto populista e nas medias verdades. Isto é suficiente para enganar a unha gran parte da poboación que le a letra grande dos periódicos e pasa as follas “mirando os santos”
Nós:
Todos os que estamos no allo sabemos a verdade.
A retirada dos micropolígonos do PXOM nunca se levaría a cabo sin a loita dos veciños, axudados por unha oposición que traballou arreo para que a nosa causa fora coñecida na Xunta de Galicia e no mismísimo Parlamento español.
O bipartito que gobernou Galicia catro anos, desatendeu os nosos escritos, as nosas firmas, as nosas súplicas.
O cambio de goberno en Santiago propiciou que a nosa situación dera un cambio radical gracias as xestións de María Ramallo. Iso nunca o poderemos negar e sempre o teremos que agradecer.
El
Se o PXOM vai adiante
non será gracias a Fran Veiga
será a pesar de Fran Veiga
Por moitas declaracións sensacionalistas que este home faga na prensa, a verdade está ahí e non se pode esconder.
En resumo:
-Habemus Plan?
-Haberemus se Deus quere.
A realidade é que aínda que o alcalde nos diga que xa temos Plan, non é certo, faltan catro mil alegacións que non foron atendidas. Ademais dos polígonos industriais, hai outros puntos que se deben mellorar, coma os núcleos do rural, os núcleos costeiros etc
Aínda queda un camiño moi longo e moi duro que percorrer para a Comisión encargada deste asunto.
O informe favorable que a Xunta mandou ó Concello, axústase única e exclusivamente a unha pregunta que se lle formulou. Esta pregunta era: “Sería necesaria unha nova exposición pública do PXOM se retiramos os polígonos da Brea e Vista Alegre?
A resposta recibida foi esta:
O alcalde recibeu este informe de Santiago e non llo facilitou á oposición.
Esta é a transparencia e respeto que pide él?
A copia que vos publico neste blog, procede directamente de Santiago, alí non poñen trabas cando alguén lles solicita un documento e aquí está esta proba.
Como podedes ver, esta resposta non trata os outros puntos conflictivos do PXOM.
Podería ser rechazado o PXOM por culpa deses outros puntos?
Seguiremos con este tema
Saúdos, breaseixo

Julio 7, 2009 a las 10:24 pm |
Ven, con todo o exposto no tema creo que non fai falla mais vervas soio engadir que alguns urbanitas estamonos a enterar das cousas do rural grazas a ti ven querida Breaseixo, e os do concello non poden agocharse xa mais, levano moi mal pras proximas eleccions tanto os do B.N.G. coma os do PSOE, eles sabeno e estan a queimar os seus derradeiros cartuchos, pero….. xa o sabemos todo e van de cachas costa abaixo e sen freos, ¡vamos que se van espandillar uns contra os outros!e nos que o vexamos pois a vosa loita sinal de que dou os seus froitos.