A raia

Os alcaldes son coma nenos, hai que procurar mantelos ocupados con actividades porque cando se aburren son capaces de facer calquera estremonía.
A uns dalle por pintar raias e a outros por borralas.
Uns convocan manifestacións porque disque a cidade do lado lle quere roubar a capitalidade, e outros reivindican a illa de Tambo.
“Virxen Santa, Virxen Pura, que ó alcalde de Poio non lle dea por facer un desembarco nas praias insulares”
En fin, que era martes, que se aburría, que o despacho se lle viña enriba, que estaba o home deprimido porque o PXOM non avanza, que xa non quedaban parques que inaugurar nin cursillos que clausurar, nin rapaces ós que atrapar para que se fotografiaran con el na escaleira do Concello…cando de pronto…tivo unha idea…
“Vou borrar a raia para cabrear ós da capital”
Dito e feito, Superveiga, rodillo en man, despúxose á noble tarefa de borrar fronteiras.
Por fin, a poboación de Estribela síntese reivindicada no seu sagrado dereito de pertencer á comunidade marinense.
Ala!, unha fronteira menos, catro votos mais.
Por suposto, o noso rexidor, contou coa complicidade da nosa concelleira favorita: Dona Luz santiago, alias “a liberada”, que tampouco debía ter nada que facer na Granxa de Briz e para entreterse un pouco foi supervisar a travesura do alcalde.
Pola miña parte, amig@s, non vou opinar. Non vaia ser que despois as progresistas e mais os progresistos nos chamen de todo menos guapas, a min e mais a M. Carmen Santos.
Sólo quero decirvos que mentras uns teñen que ir correndo para o traballo e outros para pudrirse nas colas do paro, o noso alcalde gáñase o soldo borrando raias.
É tan divertida a tarefa de gobernar! Osea.

línea 1

raia2

raia 3
raia 4

raia 5

Os vecíños, por fin libres de raias esclavistas e asoballadoras, atrévense a dar un paso adiante e non escatimas eloxios para Veiga, o supermachiño dos alcaldes.

raia1b

julio

——————————-

Os comerciantes parecen ser os únicos que “pasan” olímpicamente deste tipo de parvadas. A eles dalle igual onde estean colocados “os marcos”. A xente é a mesma a un lado ou a outro da fronteira:

raia hoxe

———————————

Se Veiga quere loitar polos dereitos territoriais de Marín, parécenos estupendo. É mais, debe facelo porque estará cumprindo co seu deber coma alcalde.
Pero repito unha vez mais, que as cousas hai que facelas con sentidiño. Haberá que empezar por buscar documentación, testemuñas, mapas antiguos etc. e despois facer as xestións que correspondan.
E que as institucións que estean capacitadas fagan o seu traballo.
O demais son parvadas.
Eu moito me temo que esta nova arroutada do alcalde, unha vez mais, será fume de canas. Despois da borrada de raias non vai haber nada de nada. Coma casi sempre.

raiahoxe 2

4 comentarios para “A raia”

  1. champy Dice:

    Xa decia eu que a raya tiña algo que ver co mercado dos mercores segunda asociacion de estribela tiñan medo dun caos cos postos dos q

  2. champy Dice:

    Vaia coa raya, eu penso co noso alcalde deberia arranxar iso no xulgado e deixarse de facerse ver coma un neno enrabexado, e mirar mais pola linea continua da carretera de Vista Alegre e facer todo-lo posibel para que a deixen estar coma antes, que seria o xusto, pero el coma sempre a velas vir, e despois a face-lo ridiculo no Cantodarea.

  3. breaseixo Dice:

    A verdade é que todos estamos fartos dos impulsos caprichosos do noso alcalde.
    Se quere reclamar o territorio que a Marín lle corresponde, que se poña a traballar en serio, pero xa

  4. lade1959 Dice:

    Sinceiramente, o noso alcalde é un impresentable. Eu non entendo cómo a estas alturas aínda queda xente que se deixa enganar polas súas parvadas.
    Como ti dis, breaseixo, estaría ben que se puxera a traballar polo asunto dos lindes, pero de maneira seria.
    ¿É que ninguén se enterou aínda que esa raia non a pintou o alcalde de Pontevedra, senón a Asociación San Andrés?
    ¿Ninguén se enterou que se puxo esa raia ahí polo tema das competencias da policía municipal, polo asunto das multas?
    É que parece mentira que aínda ninguén falou sobre isto.
    Eu a Veiga sólo lle pido unha cousa: que sexa serio, que non trate de enganarnos.
    ¡Xa está ben oh!

Escribe un comentario