Veciños:
Marín está a vivir momentos históricos. Momentos importantísimos para o futuro de todos, pero parece que pouca xente se da por enterada.
Onte viñeron aquí Ana Pastor, diputada nacional do PP, Nava Castro, tamen diputada e mais o Conselleiro José Fervenza.
Estiveron para dar unha roda de prensa e falar do futuro industrial e empresarial de Marín.
Moitos veciños afectados da Brea, Vista Alegre e Moledo fomos escoitar o que tiñan que decir.
Non sei se había algún empresario. A miña opinión é que deberían estar todos para facer preguntas, para manifestar as súas propostas, para opinar a favor ou en contra, para “mollarse” porque o seu futuro estase a xogar nestes intres trascendentais para todos.
Eu estaba moi pendente do que tiña que decir José Fervenza porque é de Moaña e o futuro polígono que o PP quere poñer en Pastoriza vai ser compartido con ese Concello.
O noso actual alcalde, Francisco Veiga, dí que é casi imposible poñer un polígono en Pastoriza pola auga, alcantarillados, viales etc. Sin embargo dende Moaña non pensan o mesmo, eles xa teñen todo iso resolto e ofrécenllo a Marín, según palabras de José Fervenza.
O PP levou ó parlamento de Madrid a proposta de facer un estudio da zona de Pastoriza para ubicar alí o futuro polígono industrial-empresarial de Marín, compartido con Moaña e foi aprobado por unanimidade. Incluso o PSOE Nacional dixo Si.
Este proxecto vai ser presentado por María Ramallo no próximo Pleno, que vai ser o lunes día 13 de abril as 8 da tarde.
Agora quédanos por ver o que vota o PSOE de Marín no próximo pleno, con fran Veiga á cabeza.
Se o noso equipo de goberno vota No, o PXOM non sairá adiante, porque o futuro goberno da Xunta non vai admitir cinco micropolígonos que non valen para nada.
Se o equipo de goberno vota Si, o PXOM será exposto ó público novamente, correxidos os erros, e ten casi todas as posibilidades de sair adiante.
Crucemos os dedos.
O que vos decía, amigos, estamos a vivir momentos históricos. É moi importante que acudamos todos.
Se non nos deixan pasar, quedaremos á porta e chamaremos a atención de todo o mundo.
La Voz de galicia
Martes 7 de abril de 2009
Estivemos moi atentos a todo o que dixo José Fervenza porque representa a realidade de Moaña:
Os veciños afectados polo polígono da canteira tamén se fixeron oír:
——————————————————-
De onte a hoxe houbo algunhas novedades:
O alcalde solicitoulle a María Ramallo que a proposta do PP sobre Pastoriza e o Pituco non pase directamente ó Pleno do lunes día 13, senón que sexa debatida primeiro pola Comisión de seguemento do PXOM o mércores día 15, e así quedou a cousa.
Polo tanto, este tema non vai ser tratado neste pleno.
Os veciños agardamos con espectación e temos a esperanza de que o alcalde non faga o ridículo.
Se o PSOE de Madrid dixo Sí, Fran Veiga debe decir Sí e non deixarse manipular polo que diga o BNG.
Eu recórdolle ó noso alcalde que xa está ben de facer o parvo e que pense en Marín e na xente. Non é cousa de broma o tema dos polígonos industriais.
Se este reunión sale ben, tal vez o noso PXOM poida saír adiante. Iso é o que queremos todos.
—————————————–
Días de infarto os que vivimos. Erasmo opina no foro Marinenses.com:








