Saber estar
Decía George Eliot
“As nosas accións falan de nós tanto coma nós delas”
Nunca comprendín tan ben esta frase coma o venres no bochornoso pleno ó que asistín. Se os meus gobernantes leran un pouco mais, tal vez terían outro coidado con todo o que din e, sobre todo, có que fan.
Durante toda a miña vida desde que son nai, preocupeime moitísimo de que os meus fillos tiveran unha conciencia de responsabilidade política, tratei de educalos no respeto hacia os demais (non na tolerancia, senón no respeto, que non é o mesmo), e no cumplimento dun direito que non sempre tivemos neste país: o do voto. Agora véxome na vergonza e no fracaso, cando os meus fillos, despois de cada pleno ó que asisten, me din con indignación: “¿Esta é a democracia que temos que manter?, ¿Ou mais ben, estes son os desgraciados ós que temos que manter?”
E permitídeme que cite outra frase que non pertenece a ningún escritor famoso, pero merecería pasar á historia da filosofía. Oínlla a un borrachín empedernido que non lera un libro na súa vida: “Pa quén traballo eu?”. Isto é o que sinto nestes momentos. Pa quén traballo eu?
O Pleno tiña un único punto na orde do día, a renuncia dunha concelleira do PP por incompatibilidade có seu traballo. Todo o mundo pensaba que a cousa ía durar dez minutos, pero non foi así.
Isabel M. Epifanio, de Marín-In, presentou unha moción para queixarse polo comportamento do Bloque, xa que tiveron unha xunta de portavoces para tomar acordos sobre cómo se ían invertir uns cartos que proveñen do Goberno Central para paliar os gastos dos Concellos. Nesta Xunta participaron todos os grupos políticos e tomaron acordos conxuntos. Pero os do Bloque, en canto saíron da sala de reunións, correron a declarar na prensa que “Pilar Blanco e Vilaboa van gastar unha partida de cartos no alumeado público, e Ruibal vai gastar outros tantos ou mais nun polideportivo con herba sintética.”
“O gasto faino o BNG e o traballo fano os do BNG”.Con esta noticia, os veciños de Marín pensan que os do Bloque son os que fan cousas, sin enterarse de que todo foi acordado nun consenso de todos os partidos.
A resposta de Pilar Blanco non se fixo esperar, non pensedes que se puxo colorada nin nada polo estilo, que va!, todo o contrario, moi airada e indignada ela, saltou en plan verdulero
- “Bué, só faltaría que os do BNG non poideramos facer uso da nosa liberdade de expresión na prensa!, aquí soio podedes falar vos ou que?. O equipo de goberno está formado por nós e mais polo PSOE e vós sodes oposición porque os cidadáns vos puxeron ahí”
E os do PSOE, en vez de indignarse, en vez de espetarlle á cara: Pois se formamos parte do equipo de goberno con vós, por que non nos mencionades na prensa, por que nós gardamos o pacto de silencio coa oposición e vós fóstesvos da lengua?.
Pois non, señores, non. Os do PSOE, concretamente o señor Muradas, contestoulle á oposición, dándolle a razón a Pilar Blanco. E inda tivo a desfachatez de decirlle a María Ramallo que o PP non fai nada para que o Concello reciba axudas da Diputación (Él, que leva quince anos na Diputación e participa en nove das doce comisións de diputados e ninguén sabe a qué concello pertenece porque nunca pideu nada).
A segunda moción presentárona Miguel Briones de Marin-In e María Ramallo, do PP, para declarar que o novo local que alquilaron os do Bloque para ubicar Urbanismoe medioambiente non cumple coas normas legais, pois a rampa de acceso ten unha pendente inaccesible e o ascensor é demasiado pequeno e non cabe unha silla de rodas. Por qué non se buscou un local mais axeitado?
María Ramallo fixo fincapé na factura dos moveis, que por unha banda, foron encargados a unha empresa de Pontevedra en vez de compralos en Marín, e por outra, que o Bloque aínda non dou contas de canto van custar.
O Vilaboa, parsimoniosamente, montou sobre o seu nariz chato unhas gafas demasiado pequenas para semellante cara de boi, e moi amodo respondeu
“o novo local é moito mellor có que tiñamos antes (aínda que non cumpla as normas) e que a oposición non é nada democrática cando afirma que mercamos mobles fastuosos, cando o único que pretendemos é ter ben atendidos ós veciños e veciñas de Marín, clara e diáfanamente informados e informatizados, e que poidan ter un acceso claro ós documentos de todo tipo.”
Cando oímos isto na boca da persoa que tivo escondidos nun caixón os mapas do plan Íntegra, os planos de vivenda protexida e tantas outras cousas importantes ás que ningún veciño pudo acceder por moito que o intentou, o público empezou a protestar e a rir.
O xabarín de Santomé, mais coñecido coma “O do Tobo”, meteu o dedo no nariz para sacar unha entrada, cousa que fai cada vez que se pon nervioso, e un veciño murmurou unha parvada insignificante que non era insulto nin saída de tono.
Neste intre, o señor alcalde, como fan os calzonazos cando se sinten impotentes para controlar a situación, en vez de poñer no seu sitio ós seus compañeiros de fatigas, en lugar de decirlles: “que sexa a última vez que poñedes en ridículo a este pobo, a ver se aprendedes a comportarvos”, erra o seu tiro e dispara contra un pobre diablo indefenso.
Non dixo nin unha palabra contra quen o leva desacreditando e ninguneando dende fai un ano, pero ordénalle á policía que identifique a un pobre home. Esa é a calidade política do noso rexidor, ese é o seu talento e o seu talante.
Onde están os políticos?. Eu solo vexo un grupo de impresentables que están a chupar un salario que eles mesmos tiveron a cara dura de doblar dende o primeiro intre no que chegaron ó Concello.
Onde está a vocación política?. Eu o que vexo é que o único do que se preocupan é de ir mantendo os votos suficientes para perpetuarse no posto que teñen .
O demais, os ideais, a preparación, o afán de servir ós veciños,, iso xa non se leva.
Chegados a este punto, os alí presentes, en mostra de apoio á persona identificada pola policía, abandonamos o pleno e decidimos mandar á prensa un comunicado para amosar o noso desacordo coa actuación autoritaria e desmedida do alcalde e co cinismo dun equipo e goberno que fai o que lle dá a gana e pasa polo forro as normas de convivencia política e as leis.
¿Que argumentos vai ter a partir de agora o noso concello para multarnos cando as rampas de acceso ós nosos negocios non cumplan as normas establecidas, se os accesos as concellerías de medioambiente e urbanismo son ilegais?.
Surrealismo puro o que estamos a vivir, amig@s.
breaseixo.
—————————————————-
Prensa do 10 de xaneiro:
————————————————-
Prensa do 11 de xaneiro:







Enero 11, 2009 a las 6:15 pm |
Me encanta la crónica del pleno y me encanta, sobre todo, el comunicado que habéis hecho en defensa del vecino. Comparto cien por cien vuestra posición y vuestras inquietudes. Ánimo.
Enero 12, 2009 a las 8:47 am |
Impresionante. Non sei como me poden sorprender ainda este tipo de actuacións… debe ser que son moi inxénua e que ainda me queda moito por ver… eu, por sorte, non vivín a ditadura pero supoño que os que a vivistes estades mirando unha volta ao pasado máis rancio. Tanto presumir de demócratas e deturpan, desvirtuan e deforman esa palabra tanto os do bloque coma os do PSOE que deixaron de ser socialistas e obreiros para ser Señoritos e oligarcas… Os obreiros somos os que estamos do outro lado, os que sufrimos cada día os seus abusos, as súas saídas de tono, as súas cacicadas… como pode ser posible que tanta xente estivera toda a vida loitando por ter unha democracia e esta xente a tire abaixo con esa facilidade? como pode haber tanto desprecio pola opinión dun pobo que os sentou a todos ali? é certamente indignante.
Pero o que máis me alucina é a forma na que cambian as persoas cando chegan ao poder. Vólvense déspotas, ruíns e soberbios… con un punto de infantilismo tamén “porque nós estamos aqui e ti non, chincha!!”. En fin, quedan eles sos e evidencia. Todos estes non poden ser cualificados coma políticos porque non o son, son nenos no patio da escola, os típicos abusóns que se rin dos que teñen gafas e dos que están gordos e teñen gafas e eles teñen gafas e son gordos.
E non sigo, ainda que podería porque me asaltan mil cousas o pensamento, pero teño que traballar. A ver se outros toman nota.