Mañá, venres, día 9 de xaneiro, pleno no Concello ás oito da tarde.
Alá estaremos os da Brea para seguir a loita polo noso asunto.
Hoxe chegáronme estas fotos dende tres cidades mediterráneas, unha está en Turquía e chámase Bandirma. A outra en Grecia e chámase Volos, e por último Tarragona, con escaparates en rebaixas.
Temos amigos en Tarragona que reparten estes letreiros para que recorran o Mediterráneo en barco. Parece que hai un novo: vaia locura.
Todos eles mandannos ánimos e apertas.
Estas dúas amigas son socias nesta tenda e din elas que non precisaron un polígono para montala. Está en plena cidade.


