Amigos /as. Hoxe, 29 de setembro de 2008, chegoume resposta á miña alegación, presentada o 25 de abril de 2007.
A mesma resposta que tendes todos vos. xa vos dixen que era a resposta “tipo”, para todo o mundo. Para velo mellor, facede dobre clic no botón direito do ratiño.
Fixádevos ben que a Brea está clasificada coma Zona Industrial con uso predominante Empresarial, (Predominante, pero non exclusivo. Polo tanto, en calquera momento poden poñer unha industria ou dúas, porque non predominarán sobre as empresas, senón que estarán en minoría. )
Chámame a atención un párrafo do punto 4 que di:
“En relación á xustificación dada polos redactores e redactoras na Memoria do documento, incidir en que, se ben o mapa de unidades da paisaxe establece como paisaxe agraria os ditos terreos, o cal implicaría que, a priori, se clasificaran coma Solo Rústico de Especial Protección Agropecuaria, o equipo redactor entendeu que:
a.-Ainda tendo en conta o marcado carácter agrario dos terreos e a súa potencialidade, na actualidade non poñen de manifesto a existencia de explotacións que o avalen.
b.-Propónse un desenvolvemento do PXOM a longo plazo, polo que a clasificación como solo rústico non faría viabel nun futuro atopar estes argumentos para a súa desclasificación.
c.-Existe a necesidade de creación dun solo industrialno concello de Marín, avalado polo interese amosado en desenvolver os terreos próximos á Via Rápida con fácil conexión a ela…”
Cando fomos falar có alcalde e algún concelleiro, en maio deste mesmo ano, e lles preguntamos por qué a posible zona industrial do Campo foi retirada do Plan. A contestación deles foi: “Por motivos agrarios. A xente do Campo traballa as fincas”. ¿É certo ou non é certo, Sres concelleiros?. Entre vos estaba un veciño noso, moi coñecido por todos, que supoño, non negará as miñas palabras.
Pois ben, eu non teño constancia de que no campo teñan “existencia de explotacións que o avalen”.
E se non hai constancia disto, por agravio comparativo, penso que o que hai que facer é denunciar ao Concello por prevaricación e por corrupción. E se a xustiza os manda á cadea, mellor para Marín.
————————————————
Tomeime a liberdade de recoller esta mensaxe que Gandalf mandou a Marinenses.com e publicala aqui para que a lea a maior cantidade de xente posible:


Escrito por breaseixo 
Escrito por breaseixo
Escrito por breaseixo 





















