Somos desconfiados

Andan decindo por ehí, que os da Brea somos moi desconfiados.
Os nosos gobernantes prometen por activa e por pasiva que o polígono que nos van poñer vai ser unha maravilla e non comprenden cómo podemos opoñernos a unha cousa tan “sensata”.
Sres mandamases do Ilustrísimo Concello de Marín:
Cómo nos imos fiar da xente que ten a costume de mentir?.
Primeiro iamos ser industriais, despois empresariais e agora comerciais…
Cando vós decides que ides respetar o río Loira, nós pensamos nas aberracións que levades feitas no Lameiriña, e sabemos que nos vai pasar o mesmo.
E cando falades de polígonos idílicos, lembramos as ideas xeniais que tendes para poñer ese centro de ocio no porto de Marín, privatizando un ben público.
Equí vos presento as denuncias efectuadas polo Colectivo Nacionalista de Marín.
A ver que dí o Sr. Ruibal, que seguro que volve a saír na opinión de Radio Pontevedra para xustificarse.

breaseixo

Alguien va diciendo por ahí que la gente de A Brea es muy desconfiada.
Nuestros gobernantes prometen por activa y por pasiva que el polígono que nos van a poner será una maravilla y no comprenden cómo nos oponemos a una cosa tan “sensata”.
Sres mandamases del Ilustrísimo Ayuntamiento de Marín:
¿Cómo nos vamos a fiar de gente que tiene la costumbre de mentir?.
Primero íbamos a ser industriales, luego empresariales y ahora comerciales…
Cuando asegurais que se va a respetar el río Loira, nosotros pensamos en las aberraciones que se han hecho en el Lameiriña, y sabemos que nos va a pasar lo mismo. Y cuando hablais de polígonos idílicos, recordamos las ideas geniales que teneis para ese centro de ocio que pensais montar en el puerto de Marín, privatizando un bien público.
Aqui presento las denuncias efectuadas por el Colectivo Nacionalista de Marín.
A ver que opina el Sr. Ruibal, que seguramente vuelve a salir en la Opinión de Radio Pontevedra para justificarse.

breaseixo

Buscade en: cnmarin.com.sapo.pt

AUGAS DE GALIZA ABRE EXPEDIENTE SANCIONADOR AO CONCELLO DE MARÍN

Onte tivemos resposta da denuncia, presentada o pasado 23 de outubro do 2007, contra o concello de Marín ante Augas de Galiza polas obras realizadas no cauce do río Lameiriña. Na comunicación, que se adxunta, anunciase a incoación do expediente sancionador.

Temos que manifestar o noso malestar xa que esta comunicación do organismo autónomo Augas de Galiza chega dispois de ter que reclamar ante a Consellaría da Presidencia a paralise na tramitación da nosa denuncia. Cousa que fixemos 28 de abril do 2008. Despois de efectuar esta queixa e con data do 10 de xuño do 2008 é cando se incoa expediente, o que demostra a intención deste organismo de deixar pasar o asunto e non posicionarse ante unha agresión salvaxe ao río Lameiriña. Facendo deixadez das súas funcións de garante da legalidade e da conservación dos ríos galegos.

Entendemos que queda demostrada a negativa actuación do concello de Marín, e máis concretamente da concelleíra de Medio Ambiente, que realizou estas obras incumprindo a legalidade ao non presentar o proxecto e solicitar autorización a Augas de Galiza.

Demandamos, unha vez máis, que se repoña o río Lameiriña no seu estado natural e se retiren as canalizacións de formigón que afectan o río. E pedimos que a concelleira de Medio Ambiente asuma a súa responsabilidade política ante esta desfeita que lle pode costar á administración municipal ter que pagar unha nova multa, que esta vez non poderá achacar a gobernos anteriores.

Marín, 18 de Xuño de 2008.

Asdo.: Pedro Cortegoso Gago

NOTA DE PRENSA

A Consellaría de Medio Ambiente consolida unha actuación aberrante no porto de Marín ao darlle o visto bo ao centro comercial no porto.
Actúa unha vez máis como cómplice en proxectos lesivos para o medio e a cidadanía, esta vez eximindo ao centro comercial que pretenden facer no porto de Marín da avaliación de impacto ambiental que esixe a Lei 9/2006, de 28 de abril, de Avaliación de efectos de determinados planos e programas no medio ambiente.
Non se entende que unha administración que ten que velar polo medio ambiente diga que un centro comercial, denominado centro de ocio polos promotores para disimular a realidade, van acadar a integración urbana e paisaxística respectando e potenciando os itinerarios visuais. Cando o que se vai facer e taponar a alameda de Marín creando unha pantalla ao mar.
Para a Consellaría de Medio Ambiente un centro comercial é un espazo urbano de estancia e encontro, e de relación cidadá. Esta definición deixa ben clara a capacidade dos nosos gobernantes para xustificar e facernos comulgar con rodas de muíño, e tamén a que intereses serven,
colocando o interese privado por riba do interese público.
Un exemplo do que queren facer en Marín témolo en Vigo, onde o centro de ocio-negocio que montaron en terreos do porto é unha aberración urbanística que atenta contra o bo gusto e a intelixencia das persoas ao colocar un enorme caixón negro ao lado do mar. E só para satisfacer
as necesidades empresariais dunha cadea de electrodomésticos.
Que vai pasar en Marín? O mesmo, un supermercado, unhas franquicias e un aparcamento soterrado van ser o ocio que nos van ofertar. Agora aparcamos gratis, os rapaces teñen as súas pistas de patinaxe para divertirse sen ter que pagar. A onde os van mandar, a patinar na
Alameda? Que vai pasar co comercio local? Diso non din nada os promotores desta luminosa idea.
Seguimos manifestando que este proxecto incumpre a actual lexislación portuaria, concretamente o art.94 da Lei 48/2003 de Portos do Estado, pois a instalación dun aparcamento soterrado e un centro comercial non son acordes coa normativa. A mesma prohibe a ocupación ou utilización
do dominio público portuario para actividades que non estean relacionadas coas actividades portuarias, e excepcionalmente poden admitirse usos no dominio público portuario para equipamentos culturais, recreativos, exposicións, etc.
É unha privatización encuberta de terreos públicos feita por un organismo público, Portos do Estado, e coa complicidade do Concello de Marín e a Consellaría de Medio Ambiente. Os que teñen que velar polo interese xeral xúntanse para favorecer uns intereses privados que con esta actuación non van solucionar os déficits culturais, de aparcamento e de lecer que ten o noso pobo.

Marín, 24 de xuño de 2008.

Asdo.: Francisco Currás Domínguez
Colectivo Nacionalista de Marín

Escribe un comentario